"Cher" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Prehistoriador, arqueólogo e paleontólogo, máis coñecido como Boucher de Perthes. Está considerado como un dos fundadores da Prehistoria. Autodidacta, con coñecementos sólidos de Xeoloxía, interesouse pola Arqueoloxía e defendeu e demostrou a existencia do home cuaternario. Publicou diversas obras, entre as que destaca Antiquités celtiques et antédiluviennes (Antigüidades célticas e antediluvianas, 1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante, discípulo de François Lemoyne. O encargo de gravar 125 debuxos de Watteau permitiulle estudar o estilo deste artista. Viviu en Italia entre 1727 e 1731. En 1734 ingresou na Académie Royal de Peinture et de Sculpture, da que foi director en 1765. En 1763 foi nomeado primeiro pintor do Rei. Encargouse da dirección artística das manufacturas reais dos Gobelins e de Beauvai. Creou, xunto con Watteau, a mitoloxía galante que contiña os temas máis importantes da pintura do Rococó (O baño de Diana). Tivo como discípulo a Jean-Honoré Fragonard.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e historiador alemán. Membro destacado da nova escola histórica alemana. Estudiou a evolución da poboación de Frankfurt nos ss XIV e XV e outros temas de historia medieval. Seguindo a Johann Karl Rodbertus, configurou tres fases da historia económica: o período do ο → κος ‘casa, vivenda’, a economía das cidades medievais e a economía moderna, que lle serviron para criticar a pretensión da teoría económica clásica. Afirmaba que o tratamento xenético dos fenómenos debe completarse cunha análise teórica dos seus resultados. Escribiu Die Entsehung der Volkswirtschaft (O nacemento da economía política, 1893) e Beitrage zur Wirtschafts Geschichte (Contribución á historia económica, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Discípulo de Johannes Wislicenus, investigou no eido dos colorantes orgánicos sintéticos, coñecéndose sobre todo pola reacción que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cerámica etrusca negra datada dende o s VII ata os inicios do s V a C. Exportada ás costas do occidente mediterráneo, chegou a Empuries. O termo aplícase tamén á cerámica negra da América precolombina, característica de Chimú.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina que cobre e protexe as branquias dos peixes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreos onde se atopan xacementos de caliche.
-
-
Loitador de catch.
-
receptor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[CNRS] Institución pública creada en 1939, dependente do ministerio francés, responsable da investigación científica. Encárgase de desenvolver, coordinar e subvencionar programas científicos, amais de reunir información sobre a situación da ciencia en cada momento. Comprende tamén o INAG (Institut National de Astronomie et de Géophysique) e o IN2P3 (Institut National de Physique Nucléaire et de Physique des Particules). Como primeiro organismo francés de investigación, abrangue todos os ámbitos científicos e controla máis de 1.500 laboratorios e centros relacionados coa ciencia.
-
RIOS
Río do centro de Francia, afluente do Loire pola esquerda (320 km e 14.000 km2 de conca, nace en Combrailles, no Macizo Central, e flúe moi encaixado en dirección setentrional. En Saint-Amand-Montrond cambia de dirección e flúe cara o NO ata Vierzon. Preto de Tours o seu curso continúa paralelo ao do Loire, ata a súa confluencia, pouco ante de Langeais.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na rexión administrativa do Centro (7.235 km2; 320.500 h)[estim 1997]. A capital é Bourges.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Manche, na Baixa Normandía, Francia (90.000 h [1999]). Trátase dun centro portuario, no que destaca o comercio, o porto militar e o porto deportivo, un dos máis visitados de Francia. A industria é outro sector salientable da economía, onde a construción naval, os equipos electrónicos e a elaboración de alimentos, son as actividades principais. Durante a Idade Media disputárona ingleses e franceses. Foi ocupada por Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Do seu patrimonio destacan a abadía de Voeu (s XII), o château des Ravalet (1562-1575), a igrexa de Notre-Dame du Voeu (s XIX) e o monumento aos mortos do Surcouf (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Cherburgo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cherburgo.
-
-
PERSOEIRO
Director teatral francés. Comezou a súa actividade profesional logo de gañar un concurso para directores novos co espectáculo Les soldats (Os soldados, 1967). Despois dunha breve estancia no Picolo Teatro de Milán, uniuse á dirección do TNP de Villeurbanne, onde realizou un considerable número de espectáculos, algúns a partir de textos de autores como Henrik Ibsen, Richard Wagner ou Pierre Marivaux. Estes traballos destacan pola brillantez da posta en escena, polo traballo do elenco e pola novidosa lectura de textos doutras épocas. En 1982 foi nomeado director do Teatro dos Amandiers de Nanterre e colaborou co dramaturgo novo Bernard-Marie Koltès, na realización dos espectáculos Combate de negro e can (1983), Quai Ouest (Peirao oeste, 1986), Na soidade dos campos de algodón (1987) e Le Retour au désert (Retorno ao deserto, 1988). Posteriormente, realizou traballos a partir de obras de Jean Genet (Les Paravents, 1987), Čekhov (Platonov, 1987) ou Shakespeare (Hamlet, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mari.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavel Aleksejevič Čerenkov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Čerepovec.
-
PERSOEIRO
Pintor e cartelista. Aplicou a técnica da litografía en cor á arte do cartel en diversos traballos, como Saxoleine, Bal du Moulin Rouge ou Palais de Glace.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chott situado no O dos altiplanos de Alxeria. Ten unha altitude media de 990 m e unha lonxitude de L a O duns 160 km.
-
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Castro de Escuadro (concello de Maceda) e Prado (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 1.042 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO