"Cide" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 95.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da familia dos escíndidos ao que pertencen os escánceres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume procedente da voz árabe çid ‘señor’. O alcume comezou a empregarse como prenome, pois así o reflicten as documentacións medievais: “Citi Didaci” (doc ano 904 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 442). Posteriormente, pasaría a apelido: “Juan Cide” (doc ano 1300 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 157). Adoita aparecer castelanizado como Cid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separación da unidade dos cristiáns de Occidente provocada pola existencia, entre 1378 e 1417, de varios papas simultáneos, residentes en Roma e Aviñón. A estancia dos papas na sede de Aviñón, que supuxera a modernización do sistema de goberno e administración da igrexa, asumindo o poder temporal, ocasionou a perda de boa parte do contido espiritual da súa misión. Á morte de Gregorio XI produciuse un conclave inmediato, no que foi elixido papa Urbano VI que se instalou en Roma, pero un grupo de cardeais, que votaran coaccionados, elixiron o cardeal francés Roberto de Xenebra, que se estableceu en Aviñón co nome de Clemente VII. O papa romano contou co apoio de Italia, Inglaterra, Irlanda, o imperio alemán, os reinos de Europa central e do norte e Portugal. Mentres, o papado de Aviñón, protexido por Francia, foi recoñecido por Savoia, Escocia e Nápoles e posteriormente por Castela, Navarra e a Coroa catalano-aragonesa. A Urbano VI sucedeuno, en Roma, Bonifacio IX (1389-1404), Inocencio VII...
-
-
Feito de coincidir.
-
Circunstancia casual que fai que dous ou máis elementos coincidan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que coincide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que designa, na filosofía de Nicolás de Cusa, a unidade dos contrarios en Deus, ser infinito no que se superan todas as contradicións e coinciden as propiedades contrarias, da mesma maneira que a recta e a curva coinciden nunha circunferencia de radio infinito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo rexional da ONU creado o día 9 de agosto de 1973, como sucesor da Oficina Económica e Social das Nacións Unidas en Beirut e refundado o 26 de xullo de 1985. O seu programa de traballo caracterízase pola dimensión rexional das súas actividades, específicas para cada país e centradas no ámbito social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en 1985 en Barcelona a iniciativa das VI xornadas internacionais do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (1981). Agrupa movementos nacionalistas, políticos, culturais e sindicais das nacións sen Estado de Europa coa finalidade de potenciar a Europa das nacións como alternativa á Europa dos estados.
-
SERRAS
Serra de América do Sur que forma a parte occidental da cordilleira dos Andes. Distínguense catro sectores, o colombiano, que se inicia na fosa de Atrato, o ecuatoriano, o peruano e o boliviano. Está formada por rochas metamórficas recubertas por materiais volcánicos. De N a S as maiores elevacións son Nevado Sajama (6.542 m) e Nevado Toroni (5.985 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña a partir do 14 de xullo de 1853. Subtitulada “Periódico de intereses materiales y morales, de literatura y teatros”, editábase os xoves e os domingos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Estudiou dereito na Universidade de Viena. En 1911 foi elixido membro do Parlamento austríaco, onde defendeu os dereitos da minoría italiana. Unha vez incorporada a súa rexión a Italia (1918), fundou o Partido Popular Cristián (1921), do que foi elixido secretario en 1924. Desde 1921 foi tamén membro do Parlamento italiano. Regresou á política activa coa caída de Mussolini e foi presidente do consello de ministros desde setembro de 1945 ata xullo de 1953. Durante a súa presidencia decidiuse a proclamación da República cun referendo (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mansión romana situada en Santiago de Silva (Pol), datada na segunda metade do s III. Puido dedicarse á explotacion agraria, vinculada coa introdución de novos produtos como o trigo, o aceite ou o viño, e a gandería. Localizáronse fragmentos dun mosaico realizado con teselas brancas e grises e con decoracións xeométricas que separaban elementos zoomorfos dun motivo floral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de serras que atravesan en dirección practicamente meridiana (NNL-SSO) o centro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. De N a S, dende a punta de Estaca de Bares ata o Faro de Avión, sucédense a serra da Coriscada, a serra da Faladoira, a serra da Loba, o cordal de Montouto, a serra da Cova da Serpe, a serra do Careón, a serra do Farelo, a serra do Faro, os montes do Testeiro, a serra do Suído e a serra do Faro de Avión. Erguidas sobre materiais predominantemente precámbricos e paleozoicos, intensamente afectados polo dobramento herciniano, as máximas altitudes rexístranse no sector meridional cos 1.187 m do monte Faro, na serra homónima, e os 1.154 m do Faro de Avión.
-
-
Relativo ou pertencente aos duplicidentados.
-
Antiga suborde de roedores que constitúen a orde dos lagomorfos.
-
Familia de roedores da antiga orde dos duplicidentados, hoxe denominados lagomorfos.
-
-
RIOS
Río do NO de Rusia, próximo á chaira de Valdaj, de 1.200 km de lonxitude. Pasa por Vitebsk, Polock, Daugavpils e desemboca no Mar Báltico, no golfo de Riga.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo grego. Mestre de Pitágoras, foi o primeiro en afirmar que as almas eran eternas e consecuentemente sobrevivían aos corpos. Foi autor dunha teogonía coñecida como A caverna dos sete abismos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de fláccido.
-
Ausencia de tonicidade da musculatura dun membro ou dunha parte do corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica (3.144 km2; 1.127.091 h [estim 1998]). A súa capital é Bruxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grao excesivo de acidez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta da acidez normal.