"Constant" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 98.

  • Judeţ de Romanía, situado na rexión de Dobrutja (7.071 km2; 747.179 h [estim 1999]. A súa capital é Constanţa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de cobre (55%) e níquel (45%), dunha gran resistividade eléctrica, idónea para construír resistencias eléctricas. A súa unión co platino permite facer termopares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cousa que permanece no estado no que está, non cambia ou non se interrompe.

    2. Que non deixa que as dificultades venzan a súa vontade, non se cansa de traballar doadamente ou non muda con facilidade de ideas e sentimentos.

    3. Que se repite a cotío.

    4. Aplícase ás especies que aparecen nun tanto por cento elevado, variable segundo os autores (por exemplo, o 90%), das mostras ou dos inventarios dunha comunidade vexetal determinada, coa condición de que todas as mostras correspondan a superficies da mesma extensión.

    5. Cantidade que ten sempre o mesmo valor, por exemplo o número π. Tamén se lles chama constantes arbitrarias aos parámetros.

    6. alor que permanece sen cambiar durante a execución dun programa. En Pascal e nalgunhas outras linguaxes é posible definir nomes para representar constantes.

    7. Cada unha das magnitudes que representa un papel singular e esencial nas teorías físicas. Distínguense as constantes que forman parte do formalismo matemático, das teorías físicas fundamentais, como a velocidade da luz no baleiro c (electromagnetismo e relatividade especial), a constante de Plank h (mecánica cuántica) e a constante de estrutura fina α (electrodinámica cuántica, QED); as constantes que caracterizan as partículas fundamentais, como a carga eléctrica fundamental ou a carga elemental e, a masa en repouso do electrón m e , ou o momento magnético do protón μ p ; e as constantes que, aínda que non correspondan a esta clasificación anterior ou aínda que se expresen en forma de relacións invariables de constantes das dúas primeiras clases, son dun grande interese para a física. O coñecemento exacto ou moi preciso do seu valor permite comparar as predicións teóricas e os resultados experimentais, co que se comproba...

    8. Trazo ou peculiaridade persistente no curso da actuación dunha persoa.

    9. Elementos que aparecen de forma reiterada nun texto poético para marcar un determinado ritmo. É o caso de figuras de repetición como a anáfora, o paralelismo, a isometría ou a coincidencia na medida dos versos, a rima, os acentos, as estrofas ou as pausas versais. No verso libre, o termo alude á secuencia métrica, composta normalmente por períodos de tres a cinco sílabas, que se repite ao longo dun conxunto de versos no comezo, no medio ou no final dos mesmos.

    10. Conxunto de valores físicos e bioquímicos do medio interno do organismo que, mentres se manteñan nunha marxe determinada, fan posible o mantemento da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do nome Constantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (337-350), fillo de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 333, exerceu o seu poder sobre Italia, África, a Retia e parte das provincias ilíricas. Á morte do seu pai, foi proclamado emperador polo seu exército (337), igual que os seus irmáns, e conservou o control sobre os territorios que dominaba. Enfrontouse aos intentos de expansión do seu irmán Constantino II o Novo e derrotouno no 340, polo que, ao seu falecemento, recibiu Britania, as Galias e Hispania. Deposto por unha conspiración, executárono logo da súa fuxida. Crese que o mausoleo de Centcelles foi o seu sepulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (641-668), fillo do Emperador Constantino III. Sucedeu o seu pai no no trono, baixo a tutela do césar Valentín. Perdeu a provincia de Exipto fronte aos musulmáns (646) e loitou contra os nobres de Armenia (653) con certo éxito. Vencido nunha batalla naval polos musulmáns, aproveitou os enfrontamentos entre eles, froito do asasinato do califa Utman, e asinou a paz (659) coa que renunciaba á recuperación de Siria e Exipto. Emprendeu unha campaña en Italia (662), onde se enfrontou cos lombardos polo Benevento (663), e estableceu a súa residencia en Siracusa. Durante o seu goberno tentou unificar o Imperio e rematar coas loitas relixiosas, para o que prohibiu as discusións cristolóxicas. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado na marxe dereita do río Francolí (5.154 h [1996]). A base da súa economía é a industria, principalmente a elaboración de pensos e a petroquímica, concentrada no polígono de Constantí. Na agricultura destacan os cultivos de árbores froiteiras, viña e produtos de horta. Neste municipio está o mausoleo de Centcelles. A igrexa parroquial de Sant Feliu é do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado na marxe esquerda do río Guadalquivir (7.390 h [1996]). A súa economía baséase na gandería (porcina e lanar), que permite a elaboración de produtos derivados, tanto alimentarios como téxtiles. A agricultura céntrase no cultivo de viña e oliveiras. Posúe xacementos de ferro e prata. No Parque Natural de la Sierra Norte está situada a cova da Sima, de natureza cárstica e de grande interese xeolóxico. Poboada polos iberos, foi reconstruída polos cartaxineses. Trala dominación árabe reconquistouna Fernando III o Santo e en 1478 converteuse en vila de reguengo. Do seu patrimonio arquitectónico destacan a igrexa mudéxar de Santa María de la Encarnación (s XV), as ruínas da ermida múdexar de Nuestra Señora de la Hiedra (s XVI) e o castelo no que sobresae a torre da homenaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do wilāya homónimo, Alxeria (440.842 h [1987]. É o centro comercial e industrial (pel e la) dunha importante rexión agrícola (cereais). Identificada coa Sarim Batim dos cartaxineses, foi a residencia dos reis númidas ata que a conquistaron os romanos no 44 a C, polo que recibiu o título de Colonia Sittianorum. Arrasada por Maxencio durante as guerras civís (311), Constantino I o Grande reconstruíuna no 313, pero sufriu a invasión dos vándalos. Pasou a mans dos árabes no s VII (710) e acadou unha grande importancia comercial durante a Idade Media. Conquistada polos turcos no s XVI, pasou ao dominio francés no 1837.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (2.150 km2; 664.303 h [1987]. A capital é Constantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Especializouse nos personaxes de “duro sentimental”. Realizou destacadas interpretacións en Alphaville (1965), de Godard, e Malatesta (1970), de Lilienthal. Posteriormente actuou no cine alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Coñecido como Paul Everac, escribiu Explozie întîrziat ǎ (Explosión retardada, 1959), Costache si viata lui interiorr ǎ (Costache e a súa vida interior, 1962) e Iluminari (Iluminacións, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Emperador Constantino I o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (708 -715). Foi o derradeiro dos sete papas orientais e opúxose ao Emperador Filípico Bardanes, partidario de impoñer o monotelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei asénida de Bulgaria (1257-1277). Sucedeu a Miguel I e casou con Irene Lascaris, filla de Teodoro II, e máis tarde con María Cantacuze. Loitou contra os húngaros, os bizantinos e os mongois. No interior do país viviu un período de revoltas, e nunha delas, dirixida polo pastor Ivajlo, foi destronado e asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1913-1917 e 1920-1922), fillo de Xurxo I e de Olga de Rusia. Sucedeu o seu pai e casou coa princesa Sofía de Prusia, irmá de Guillerme II. Durante a Primeira Guerra Mundial declarouse partidario dos Estados Centrais fronte á opinión de E. Venizelos, presidente do consello de ministros, partidario dos aliados e que en 1916 declarou a guerra contra Alemaña. Abdicou en 1917 no seu fillo Alexandre e trala morte deste volveu ao trono en 1920. Despois da derrota das forzas gregas en Esmirna ante os turcos en 1922, abdicou novamente en favor do seu fillo Xurxo e marchou ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (Arles 317 - Aquilea 340) Emperador romano (337-340), primoxénito de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 317, recibiu do seu pai a responsabilidade da supervisión directa da Hispania, Britania e as Galias, e situou a súa sede en Tréveris. Despois da morte de Constantino I (337), produciuse unha etapa de gran violencia, trala que foi nomeado emperador polo exército, xunto cos seus irmáns Constancio e Constante. Conservou os territorios que xa tiña baixo a súa autoridade, pero comezou a presionar sobre Constante para aumentar as súas posesións. Foi derrotado e morreu cando tentaba cruzar os Alpes para enfrontarse con Constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa (767-768). Foi imposto polo seu irmán, duque de Nepi, xefe da aristocracia laica, como sucesor de Paulo I e foi deposto pola aristocracia clerical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1964-1973), fillo de Paulo I e de Federica de Brusnwick. Sucedeu o seu pai e en abril de 1967 aceptou o golpe de estado dos coroneis e en decembro dese mesmo ano organizou un contragolpe que fracasou e provocou o seu exilio. Instalouse primeiro en Roma e despois en Londres. Continuou considerándose rei ata que en 1974 un referendo rexeitou a restauración da monarquía en Grecia. Dende ese momento, as súas relacións cos sucesivos gobernos gregos foron moi conflitivas e en 1994 unha lei do Parlamento negoulle a nacionalidade grega e confiscou os bens da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO