"DZ" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 59.

  • Ajmag de Mongolia (82.000 km2; 107.600 h [estim 1997]). A capital é Uljasutaj (14.400 h [1979]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Nižnij Novgorod, Rusia (284.607 h [1995]). É un importante núcleo industrial, no que destaca o sector químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político soviético. Ingresou no partido socialdemócrata de Lituania (1895). Delegado no congreso de unificación do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (1906), ingresou no Comité Central como representante de Polonia e Lituania. Despois de tomar parte na Revolución de Outubro de 1917, encargouse da organización e dirección da Checa. En 1921 converteuse en comisario de Interior e en 1924 dirixiu o Consello Supremo de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe condal polaca. Entre os seus membros destacan Ignacy Dzialy ń ’ski (1754-1797), que tomou parte nas loitas de Tadensz Kościuszko e foi líder da insurrección de 1794. Titus Dzialy ń ’ski (1795-1861) participou na revolta de 1830 e foi deputado do Parlamento alemán (1859) e fundador da Sociedade dos Amigos das Ciencias. O seu fillo Jan Dzialy ń ’ski (1832-1880), derradeiro membro da familia, en 1862 foi deputado do Parlamento de Prusia e participou na insurrección de 1863 como xefe do partido aristocrático da Polonia prusiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade maia situada na península de Yucatán. O seu nome significa ‘onde hai escrituras sobre pedras planas’. Entre as estruturas arquitectónicas conservadas destacan o Templo de las Siete Muñecas e El Reloj, onde no solsticio de verán e no equinocio de primavera se produce un fenómeno de luz e sombra durante o amencer. En 1987 foi declarada Parque Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua pertencente á familia lingüística tibeto-carena do phylum sino-tibetano que se fala en Bhutan e Nepal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario e estadista xeorxiano, coñecido como Stalin. Fillo dunha familia proletaria, ingresou no seminario de Tbilisi cunha bolsa en 1894, pero foi expulsado pola súa militancia socialista en 1899. Nese ano adheriuse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e dedicouse á actividade revolucionaria clandestina entre os obreiros do Cáucaso e os empregados do ferrocarril. Detido no 1902, foi deportado a Siberia, pero fuxiu no 1904. Coñeceu a Lenin na Conferencia de Tampere (1905) e uniuse ao grupo bolxevique. Tralo fracaso da revolución de 1905 instalouse en Bakú e enfrontouse aos menxeviques polo control político da cidade. Asistiu á Conferencia de Estocolmo (1906) e, seguindo as suxestións de Lenin, ingresou no Comité Central do Partido (1912). Adoptou o nome de Stalin (aceiro) e no 1913 fundou o diario do partido Pravda, que tamén dirixiu. Pouco antes de ser desterrado a Siberia (1913-1917) redactou en Viena O marxismo e a cuestión nacional. Liberado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión setentrional de China, no sheng de Xinjiang Uygur. Está formada por unha ampla chaira limitada polo monte Altai ao N e a cordilleira Tian Shan ao S. A principal actividade económica da rexión é a agricultura, na que destaca o cultivo de arroz e tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político eslovaco. Licenciado en Economía do Tráfico Ferroviario (1979), traballou no Instituto do Tráfico Ferroviario de Zilina (1979-1990). Foi viceministro económico no ministerio de Tráfico e Comunicacións (1991-1992) e, trala creación de Eslovaquia como Estado independente, foi ministro de Tráfico, Comunicacións e Obras Públicas (1994). Deputado dende 1922 polo Krestansko Demokratické Hnutie (KDH), converteuse no seu vicepresidente en 1994. En 1997 impulsou a creación da coalición Slovesnká Demockratická Koalícia (SDK), da que foi elixido presidente en 1998. Tralas eleccións de setembro de 1998 formou unha coalición contra V. Meciar e acadou o cargo de primeiro ministro. Durante o seu mandato ampliou os dereitos das minorías nacionais, abriu o país aos investimentos estranxeiros, apoiou os bombardeos da OTAN sobre Kosovo e conseguiu que Eslovaquia fose aceptada como unha das candidatas a ingresar na Unión Europea. En setembro de 1999 regresou á súa militancia no KDH, aínda que mantivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. É autor de Duma pro Opanasa (Canción de Opanás, 1926), sobre a Guerra Civil de Ucraína, e da escolma de poemas Posledn’aja noc (A última noite,1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade maia situada no estado de Campeche (México). Erixida no val de Edzná, as chuvias e as inundacións da rexión provocaron o desenvolvemento dun sistema hidráulico formado por cisternas, canles, desaugadoiros e depósitos que permitiron a condución e o almacenamento das aguas e a irrigación das terras. Os restos máis antigos son pezas cerámicas datadas cara ao 400 a C, mais a cidade acadou o seu esplendor entre os ss VII e VIII. Destaca o conxunto da Grande Acrópole formado por un templo-palacio composto por unha pirámide de cinco pisos, en que se abren ao exterior diversas habitacións, cun templo no seu cumio con planta en forma de cruz e cun coroamento como remate. Consérvanse, entre outros edificios, o templo dos Mascarones, o patio Puuc e o xogo de pelota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do SO de Armenia, na marxe dereita do río Araz (64.000 h [1994]). A base da súa economía é a industria, principalmente o sector químico. Fundada no s VI a C, é sé dos católicos da Igrexa Armenia Apostólica. A súa catedral e o conxunto das súas igrexas foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do voivodato de èódzkie, Polonia (793.217 h [estim 2000]). É o primeiro núcleo industrial téxtil de Polonia e un dos máis importantes de Europa en algodón, seda, la e fibras artificiais. Esta especialización estivo favorecida pola influencia de obreiros téxtiles expulsados da industria pesada alemana. É o centro da industria cinematográfica polaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (18.219 km2; 2.643.385 h [estim 2000]). A súa capital é èódź.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Kujawsko-Pomordkie, Polonia (102.344 h [2000]). Porto fluvial situado na beira dereita do Vístula. Ten industria química, metalúrxica, de cerámica e de tapicería. Fundada pola orde teutónica no s XIV, pasou a ser polaca en 1466, aínda que entre 1772 e 1918 pertenceu a Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Nicolao, as murallas da cidade (s XIV) e o colexio dos xesuítas (ss XVI-XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor croata. Da súa produción destaca o drama Dubravka (1628) e o poema épico Osman (1626).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Acerbaixán, situada á beira do río G’andžčaj, afluente do Kura (282.200 h [1991]). Segundo centro industrial e cultural do país, despois de Bakú. Ten unha industria téxtil moi desenvolvida, con fábricas de aparatos de precisión, de aluminio e de porcelana. Fundada no s VI, estivo baixo dominio persa desde o s XVII ata a conquista rusa (1804), cando pasou a denominarse Elisabetspol. Trala Revolución Rusa recuperou o seu primitivo nome, pero en 1935 este cambiouse por Kirovabad en memoria de S. M. Kirov. Dende 1991 volveu ser coñecida por Gyandzha. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da tumba do poeta Nizami (s XII) e a mesquita de Abbas (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político montenegrino. En 1990 fundou o Partido Democrático Serbio (Srpska Demokratska Stranka, SDS) e converteuse no dirixente da autoproclamada República Serbia de Bosnia durante a guerra da antiga Iugoslavia. Desde 1996 está reclamado polo Tribunal da Haia, acusado de crimes contra a humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Viviu, de neno, a insurrección de Creta contra os turcos. Casou coa escritora Galatia Alexiu (1911) e interveu en política (1919). Amosou sempre paixón polo home e os seus condicionantes, e tentou conciliar cristianismo, paganismo e budismo co comunismo, anarquismo e ascetismo. As súas dúbidas e contradicións reflíctense na súa obra, composta por novelas, como Zorba, o Grego; traducións, como A divina comedia; libros de viaxes, obras filosóficas e o poema “Odissea”, continuación da epopea homónima de Homero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Taxikistán (164.500 h [1991]), situada na entrada do val de Fergana, a ambas as dúas ribeiras do río Syrdarja.

    VER O DETALLE DO TERMO