"Dali" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 51.
-
PERSOEIRO
Poeta e historiador sueco. Protexido pola princesa Luísa Ulrica, irmá de Federico o Grande de Prusia, foi preceptor do príncipe herdeiro (1750), historiador do reino (1755) e chanceler. Introduciu en Suecia a cultura francesa. Escribiu, entre outras obras, unha historia do Reino de Suecia (1746-1762), a traxedia Brynilda (1739) e o poema Den svenska friheten (A liberdade sueca, 1742).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Festas anuais en honor a Dédalo que celebraban os habitantes de Platea, na Beocia, tras volveren á súa patria despois de sesenta anos de desterro. Unha das cerimonias consistía en levar estatuas de madeira adobiadas e ricamente vestidas, as dedalias, que logo queimaban en fogueiras no cumio do Citerón.
-
Festas conmemorativas de reconciliación de Xano e Xúpiter.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Dédalo.
-
Período da escultura arcaica grega que abrangueu o s VII a C. A súa orixe remóntase ás esculturas que facía Dédalo na illa de Creta. As súas representacións máis características son as xóanas, entre as que destaca a Dama de Auxerre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irmán de Ceix e fillo de Lucifer. Participou en moitas batallas e realizou numerosas conquistas. A súa filla Quíone tivo descendencia con Hermes (Autólico) e con Apolo (Filamón). Cando Quíone pretendeu competir en beleza coa deusa Ártemis, esta matouna dun frechazo. Por mor desta morte Dedalión sufriu moito e, na súa dor, Apolo transformouno en miñato.
-
-
Provocar escándalo.
-
Indignarse ou irritarse por algo.
-
-
-
Calidade, condición ou constitución do feudo.
-
feudalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema medieval de relacións sociais, políticas, xurídicas e militares que tiña como base a constitución do feudo e do señorío e a relación de vasalaxe. O termo cuñouse no s XVII para referirse a todo aquilo relacionado co feudo, pero foi no s XVIII, por influencia da Ilustración, cando comezou a empregarse para referirse ao sistema de organización social co que acabou a Revolución Francesa. O concepto continuou a súa evolución ao longo do s XIX ata converterse no s XX nun dos termos máis debatidos dentro da historiografía. Os historiadores institucionalistas, liderados por J. L. Ganshof, centraron a súa definición nos aspectos xurídicos e políticos do termo, mentres que os de tendencias marxistas se centraron en aspectos de tipo económico e social e o consideraron un modo de produción; os historiadores da escola dos Annales, entre os que destaca M. Bloch, preferiron unha posición intermedia, polo que adoptaron tanto criterios xurídico-políticos como económicos e sociais para a definición...
-
-
Tratadista ou estudioso do dereito feudal.
-
Experto en dereito feudal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade constituída no ano 1983 baixo a presidencia de Ramon Boixadós, situada no edificio do Teatre-Museu Dalí en Figueres. Ten como obxectivo promover a obra de Dalí, ademais de protexer e xestionar o seu patrimonio.
-
RIOS
Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir (144 km). Recibe as augas do Guadalmena e do Guadalén.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, á beira do encoro de El Vellón, situado na vertente S da serra de Guadarrama (3.533 h [2001]). Fundado en tempos de Afonso X o Sabio, pertenceu entre os ss XIV-XX a Manzanares del Real. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa gótica de San Juan Bautista (ss XV-XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no xentilicio grego Idalios ‘habitantes da cidade Idalia’, que chegou a través do latín Idalius, antiga cidade situada no cabo do mesmo nome na illa de Chipre, consagrada a Afrodita, cun templo rodeado de xardíns e dunha fraga sagrada.
-
-
Forma particular ou variante de algo.
-
Calidade das proposicións ou dos xuízos modais. Segundo Aristóteles a modalidade, ou modo con que S e P se unen no xuízo, pode ser de catro tipos: de posibilidade, de imposibilidade, de continxencia ou de necesidade. Máis radical foi a postura de I. Kant ao establecer a modalidade como a función que non afecta á materia do xuízo, senón só ao valor da cópula. Tamén distinguiu os tipos de realidade, de continxencia e de necesidade como tipos de modalidade propios, respectivamente, dos xuízos asertorios, problemáticos e apodícticos, dos que derivan as correspondentes tres parellas de categoría modal (existencia-inexistencia, posibilidade-imposibilidade e necesidade-continxencia).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina cristiá, coñecida tamén como monarquianismo e patripasianismo, segundo a cal Deus é unha soa e única persoa, chamada Pai, Fillo ou Espírito Santo só en relación coa súa tripla manifestación cara ao mundo. Estendido durante os ss II e III, Sabelio foi o seu máximo representante. Combatido por Hipólito de Roma, Tertuliano e Dionisio de Alexandría, foi condenado polo papa Calixto I (217-222). Desapareceu primeiro de Roma e definitivamente cara a 260.
-
-
Escrava que estaba ao servizo das mulleres dos soldados turcos e que exercía de concubina.
-
Concubina do harén.
-
Muller fermosa e sensual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba xudicial de carácter máxico-relixioso destinada a manifestar a culpabilidade ou a inocencia dun acusado. O nome anglosaxón ordãl (xuízo) pon de manifesto, se non a orixe, a súa popularidade en Europa central. As invasións xermánicas estenderon o seu uso a todo o antigo Imperio Romano, onde recibiu tamén o nome de xuízo de Deus. Na mentalidade primitiva, onde dereito e relixión se confunden, constitúe o xuízo por excelencia, no que Deus mesmo pronuncia a sentenza a través dunha proba. Reviste tamén forma adiviñatoria equivalendo ao oráculo. A pesar da variedade de formas propias de cada pobo, pódese resumir nas probas do lume, da auga, das pezoñas e do combate. As probas da auga, testemuñadas no Código de Hammurabi e nas primeiras recompilacións lexislativas bíblicas, foron igualmente coñecidas na Península Ibérica. Coa introdución do dereito romano e canónico, acabou desaparecendo.
-
-
Relativo ou pertencente ás pedaliáceas.
-
Planta da familia das pedaliáceas.
-
Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariáceas, que presentan pelos secretores de mucilaxe, de follas simples opostas, de flores cigomorfas, infundibuliforme e co xineceo bicarpelar, e de froitos en cápsula ou en aquenio, a miúdo apendiculados. Son propias das rexións cálidas de Europa, Asia e África. Ten importancia como planta oleaxinosa o sésamo, Sesamum indicum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento que consiste en escribir unha composición musical mediante a superposición de melodías pertencentes a diferentes modos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao poeta Eduardo Pondal ou á súa poesía.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, foi director de Interviú e Diez Minutos. Escribiu La prensa del silencio (1975), Secuestro en el Mundial 82 (1982), Rojo, impar y pasa (1989), El retorno de los cuerpos (1990) e Flash mortal: los paparazzi, una profesión en el punto de mira (1997). Recibiu o Premio de Novela Camilo José Cela (1989).
VER O DETALLE DO TERMO