"David" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resolucións adoptadas na reunión celebrada en setembro de 1978 en Camp David (Maryland), residencia oficial de vacacións do presidente de EE UU, entre o presidente exipcio, Anwar al-Sadat e o primeiro ministro israelí, Menahem Begin, baixo o patrocinio do presidente norteamericano Carter, co obxectivo de asegurar a paz en Oriente Medio. Despois de doce días de negociacións concluíronse dous acordos marco: o primeiro comprendía a retirada progresiva de Israel da península do Sinaí nun prazo non superior a tres anos; o segundo prevía a creación en cinco anos dun goberno autónomo palestino nos territorios ocupados por Israel na franxa de Cisxordania e Gaza. As distintas interpretacións dos acordos, o rexeitamento árabe e a intransixencia israelí impediron o total cumprimento do acordado.
-
PERSOEIRO
Diplomático irlandés. Traballou para a administración colonial (1892-1912) como cónsul británico en diversos lugares de África e Brasil. Durante estes anos enviou informes nos que criticaba as inhumanas condicións de traballo dos indíxenas. En recoñecemento polo seu labor recibiu no ano 1911 un título nobiliario. A partir de 1913 afiliouse ao grupo independentista dos Voluntarios Irlandeses e, iniciada a Primeira Guerra Mundial, foi a Berlín para obter axuda dos alemáns. En 1916 embarcou nun submarino alemán cara a Irlanda, acompañado dun barco cargado de armas. Capturado polos ingleses, levárono a Londres e acusárono de traizón. Fracasada a campaña para revogar a sentencia, morreu aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Realizou traballos no Reino Unido, España, Xapón, Alemaña, Italia e nos EE UU. Entre as súas obras destaca a ampliación dos Neuen Museums de Berlín (1994-1999). Asociado con Fermín Vázquez Huarte, foi finalista no concurso convocado polo concello de Vigo para a construción do Auditorio de Beiramar (2001). Entre os galardóns que recibiu destaca o Premio Andrea Palladio (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo británico. Director de estudios de arqueoloxía e antropoloxía do Peterhouse College de Cambridge e catedrático de Arqueoloxía e Antropoloxía na Cambridge University, sentou as bases teóricas da análise arqueolóxica con independencia da época e rexión estudiada. A súa obra principal é Analytical archeology (Arqueoloxía analítica, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor belga. Discípulo de Pieter Boel, especializouse na pintura de bodegóns e de escenas de caza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico estadounidense. Foi director de investigacións da General Electric (1940-1945). En 1908 encontrou un método para darlle ductilidade e dureza ao tungsteno. En 1913 inventou o tubo de Coolidge para a produción de raios X, que consiste nun ánodo de tungsteno onde inciden os electróns procedentes dun cátodo incandescente, acelerados por un campo electrostático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra sudafricano. Creou o termo antipsiquiatría, ao que lle deu unha dimensión política e incluso revolucionaria, que transcendeu os problemas da enfermidade mental. Realizou unha crítica radical da sociedade burguesa. En 1965 fundou xunto con R. D. Laing e A. Esterson a Philadelphia Association, que agrupou diversas comunidades terapéuticas. As súas obras máis importantes son: Reason and violence (Razón e violencia, 1964), con R. D. Laing, Psychiatry and Antipsychiatry (Psiquiatría e antipsiquiatría, 1967), The Death of the Family (A morte da familia, 1971) e The Grammar of Living (A gramática de vivir, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como John Le Carré, formouse nas universidades de Berna e Oxford. Foi especialista en literatura alemá e profesor universitario en Eaton. Ingresou como funcionario no Foreign Office británico e destinárono a Bonn e Hamburgo. Esta experiencia foi decisiva para a elaboración da trama das súas novelas de espionaxe, moitas delas best-sellers, como The Spy who Come in from the Cold (O espía que volvía do frío, 1963), e especialmente a serie protagonizada por George Smiley: Tinker, Taylor, Soldier, Spy (Caldereiro, xastre, soldado, espía, 1974), The Honourable Schoolboy (O honorable colexial, 1977) e Smiley’s People (A xente de Smiley, 1979), que trata sobre a tensión da Guerra Fría. Outras das súas obras son Call for the Dead (Chamada para a morte, 1961), Murder of Quality (Un crime de calidade, 1962), The Looking-glass War (O espello da guerra, 1965), A small Town in Germany (Unha pequena...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Como acuarelista pintou as paisaxes de Gales, para as que utilizou como soporte un tipo de papel empregado en Escocia nas embalaxes; posteriormente, fabricou un soporte semellante que recibiu o nome de papel Cox. Escribiu diversos traballos técnicos, entre os que destaca o Tratado sobre a pintura de paisaxes (1813-1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pioneiro, cazador, aventureiro e político americano. Foi membro do Congreso (1827, 1829 e 1933) e en 1835 uniuse á resistencia texana de El Álamo. A súa figura mitificouna a literatura de fronteira norteamericana. Escribiu A Narration of Life of David Crockett of the State of Tennessee (Narración da vida de David Crockett do estado de Tennessee, 1834).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico canadense. Iniciou unha filmografía especializada no xénero fantástico e de ciencia ficción con filmes como The Brood (1979), Scanners (1980), Videodrome (1982), The Dead Zone (A zona morta, 1983), The Fly (A mosca, 1986), Dead Ringers (Inseparables, 1988), Naked Lunch (1991), M. Butterfly (1993), Crash (1996) e Existenz (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor, escritor e lingüista. Educouse en Holyhead e Liverpool. Estudiou na Universyity College London (1959-1962) e especializouse no estudo da lingua inglesa. Foi profesor de lingüística na University of Reading (1975-1985) e posteriormente da University of Wales (Bangor). Centrou a súa investigación, sobre todo, na entoación e na estilística da lingua inglesa, e nos trastornos da linguaxe e a relación entre as ciencias lingüísticas e o ensino da linguaxe nas escolas. Editor de Journal of Child Language, Child Language Teaching and Therapy e Linguistics Absytracts. Colaborou en A Comprehensive Grammar of the English Language, A Ditionary of Modern Thought, The Reader’s Digest Book of Facts e en varios volumes sobre a linguaxe, a comunicación, o ensino e a lectura. Entre as súas obras destacan The Cambridge Encyclopedia of Language (A enciclopedia Cambridge da linguaxe, 1987), The Cambridge Encyclopedia of the English Language...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político centroafricano. Primeiro presidente da República Centroafricana (1960). Foi afastado do poder no 1965 polo seu curmán Bokassa, pero ocupou de novo a presidencia (1979-1981) co apoio de Francia. Foi deposto por un novo golpe de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino derivado do hebreo Dawidh ‘amado’ ou do antigo asirio dâwidum ‘comandante das tropas reais’. Presenta a variante Davide e documéntase no s X: “Dauid” (doc ano 902 en Manuel Lucas Álvarez, El tumbo de san Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 122). Na tradición veterotestamentaria, David foi rei de Xudea e Israel (1010 a C-970 a C), a quen se lle atribúen 73 salmos, o Salmodio, libro de cánticos hebreos. É patrón dos músicos e dos poetas e celébrase o 29 de decembro. Desde a Idade Media tamén se atesta funcionando como un apelido patronímico: “Iohannes Daviiz” (doc ano 1105, J. I. Fernández de Viana y Vieites/Mª T. González Balasch/J. C. Pablos Ramírez, El tumbo de Caaveiro, 1996, p 412), “Iohannes Daviit” (doc ano 1143, J. I. Fernández de Viana y Vieites/Mª T. González Balasch/J. C. Pablos Ramírez, El tumbo de Caaveiro, 1996, p 397), “Petrus David” (doc ano 1190, J. I. Fernández de Viana y Vieites/Mª...
-
PERSOEIRO
Rei de Xudea e Israel (1010 a C -970 a C), fillo de Ixaí. Figura central da tradición veterotestamentaria, segundo a Biblia o profeta Samuel unxiuno en nome de Deus cando aínda era neno. Entrou na corte do Rei Xaúl pola súa habilidade musical coa harpa e converteuse en paxe do rei. Despois da súa vitoria fronte ao xigante filisteo Goliat, que tiña atemorizados os israelitas, Xaúl nomeouno xefe dos seus exércitos e ofreceulle en casamento a súa filla Micol. Non obstante , a súa popularidade causou a envexa do rei, que o tentou matar, polo que tivo que fuxir da corte. Formou entón un exército, co que entrou ao servizo de Áquix, rei da cidade filistea de Gat. Volveu despois da morte de Xaúl e foi proclamado rei de Xudea en Hebrón (1010 a C) polas tribos do S, pero tivo que agardar á morte de Ixbóxet, fillo de Xaúl, para que fose recoñecido polas tribos do N como rei de Israel (1002 a C). Conquistou a fortaleza xebusea de Sión, en Xerusalén, onde estableceu a súa residencia e capital,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ourense (633-638). Participou no VI Concilio de Toledo, celebrado en xaneiro do 638.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Charles Dickens escrita entre 1849 e 1850. Narrada en primeira persoa, o autor trata os anos da infancia do protagonista a partir de elementos autobiográficos. A descrición da vida dos personaxes, especialmente a de David, baixo unha atmosfera sentimental producida pola prematura morte da nai, as aventuras da escola e o duro traballo infantil, son un fiel e melodramático retrato da cidade de Londres pobre e miserable da época.
-
PERSOEIRO
Filósofo. O seu pensamento, denominado davidismo, levouno a considerar o ser coma unha unidade indivisible e indiferenciada. Das súas obras Quaternuli e De Tomis só se conservan as citas de Alberte o Magno e san Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Armador. De orixe xudía, dedicábase a arrendar a facenda real na cidade coruñesa. Serviu os monarcas Xoán I de Castela e Fernando I de Portugal, de quen chegou a ser un dos seus privados principais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre-Jean David.