"EDES" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
PERSOEIRO
Novelista. Caracterizado por un estilo áxil e directo, recolleu narracións sobre a guerra do Chaco en Sangre de mestizos (1936). Publicou ademais Metal del diablo (1946), El ditador suicida (1956) e El presidente colgado (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cerralleiro. Realizou baixo o padroado do arcebispo Fonseca as reixas da capela do Sacramento ou do Rei de Francia na catedral de Santiago de Compostela, nas que introduciu o estilo renacentista. En Toledo realizou as reixas da capela dos reis novos, do coro, da capela maior e dos púlpitos da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico, pintor, arquitecto e escultor renacentista. Formouse artisticamente en Italia, onde se conservan algúns dos seus frescos na igrexa da Trinità dei Monti en Roma. Desenvolveu a súa actividade en Sevilla e Córdoba. Da súa produción pictórica destacan La Santa Cena (1595) e Santa Ana con la Virgen, san Juan Bautista y san Andrés, ambas as dúas na catedral de Córdoba, e El Sacrificio de Isaac e Las Santas Justa y Rufina, na catedral de Sevilla. Escribiu Discurso de la comparación de la antigua y moderna pintura y escultura (1604), Carta sobre la pintura (1608) e Poema de la pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Venezuela, na rexión de Los Llanos, drenado polo río Portuguesa (14.800 km2; 226.684 h [1995]). A capital é San Carlos (50.339 h [1990]). O extremo N está ocupado polas aliñacións montañosas da cordilleira de Mérida, no extremo oriental da Cordilleira Central; o resto do estado forma unha gran chaira. A principal actividade económica é a cría de gando vacún, pero tamén son importantes a agricultura e as actividades mineiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso das células sanguíneas, especialmente dos leucocitos, a través das paredes dos vasos sanguíneos.
-
GALICIA
Político e escritor. Fillo dun oficial do corpo administativo da Armada, fixo os seus primeiros estudios no colexio da Natividade de Viveiro e despois estudiou filosofía no seminario de Santa Catarina de Mondoñedo. Comezou os estudios de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad de Alcalá de Henares en 1833. Protexido por figuras relevantes da política e da cultura, entre eles o galego Manuel Fernández Varela, comisario xeral de Cruzada, o xeneral Latre, capitán xeneral interino de Galicia, os escritores Quintana, Donoso Cortés, Espronceda, Larra, Pacheco e Estébanez Calderón, comezou unha carreira literaria e política que o levou a acadar gran sona nos medios románticos e a desempeñar diferentes cargos. Foi secretario do goberno político de Santander (1836), xefe político (gobernador civil) de Segovia (1838) e de Cáceres, onde tamén ocupou a intendencia (1839), e maxistrado na Audiencia de Valladolid. Tralo pronunciamento de 1840, viaxou a València para...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo grego Dιομ ή δης, composto de Dιος (xenitivo de ϴ εός ‘Zeus’) e o verbo μεδες (de μέδω ‘protexer, meditar, gobernar’); xa que logo, ten o significado de ‘protexido de Zeus’ ou ‘entregado aos coidados de Zeus’. Na mitoloxía grega hai varios heroes que levan este nome, como o rei de Tracia e o príncipe de Argos que participou na Guerra de Troia. No santoral figura san Diomedes (ss III-IV), mártir durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 16 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe etolio da Iliada, fillo de Tideo e Deípole. Como xefe dos etolios e príncipe de Argos participou na Guerra de Troia, onde protagonizou grandes xestas grazas á protección de Atenea, e na expedición dos epígonos contra Tebas. Nos relatos do ciclo troiano aparece como un bravo loitador e bo orador acompañando a Ulises na misións máis relevantes que lle encargaron a este.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Tracia, fillo de Ares e Pirene. Tiña o costume de facer que as súas catro eguas devorasen os estranxeiros que acudían ao seu reino, ata que Heracles lle deu morte e ceibou as eguas.
-
PERSOEIRO
Gramático latino. Escribiu o tratado Ars grammatica (380? a C) que se divide en tres partes: a primeira trata de elementos da linguaxe; a segunda de cuestións gramaticais (acento, sílaba, letras, puntuación) e da expresión; e a terceira de cuestións métricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e mártir. Foi decapitado durante a persecución de Diocleciano no ano 304. A súa festividade celébrase o 16 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Como membro do Partido Popular foi concelleiro (1983-1987), presidente do Comité Local (1989-1995) e alcalde (1987-1990) de Tui. Deputado do Parlamento galego entre 1990 e 1996, en 1993 tomou posesión como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Abandonou este cargo en 1996, ao ser designado delegado do Goberno en Galicia. Entre 1995 e 1996 foi presidente da Sociedade Galega de Medioambiente Natural (Sogama). Desde maio do 2000 foi conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais, cargo que sumou desde xaneiro de 2001 ao de conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arañas, de corpo groso e forte, de ata 25 mm de lonxitude, propias de medios húmidos como turbeiras e lagoas. Agardan as súas presas no bordo da auga. Aliméntanse de insectos acuáticos e incluso de pequenos peixes, aos que atraen á superficie facendo vibrar a auga. Se se senten ameazados poden mergullarse. Os machos practican unha parada nupcial axitando as patas anteriores para comprobar a receptividade da femia que, unha vez fecundada, pode pór máis de 1000 ovos. No N da Península Ibérica está presente a especie D. fimbriatus.
-
PERSOEIRO
Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Exército grego democrático nacional que loitou contra a ocupación alemá (1941-1944). Monárquico e anglófilo, combateu tamén as forzas de esquerda na Guerra Civil (1945-1949).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome latino Aedesius, que á vez ten a súa orixe no greco-bizantino Aidésios, derivado do verbo aidéisthai ‘sentir respecto ou pudor’. Santo Edesio foi mártir en Alexandría de Exipto no ano 306. Outro santo con este nome, do s IV, evanxelizou Etiopia xunto co seu irmán Frumencio. A súa festividade celébrase o 8 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade siria que se corresponde coa cidade turca de Urfa. Fundada no s IV a C, foi colonizada polos gregos e adoptou o seu nome baixo o macedonio Seleuco I. A partir do ano 137 a C foi centro do principado independente de Osroene e, máis tarde, formou parte do Imperio Romano. Dende o s II d C converteuse nun dos centros de difusión do cristianismo e foi sede metropolitana no s IV, onde se desenvolveu unha escola de estudios teolóxicos e filosóficos. Ocupada polos árabes no 638, permaneceu no seu poder ata que foi conquistada polos cruzados en 1098. Foi capital do condado establecido polos cruzados, reconquistárona os árabes no 1144 e en 1637 pasou a poder dos turcos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro estado latino creado na Primeira Cruzada, ao conquistar Balduíno de Boulogne a cidade de Edessa (1098). Logo da súa elección como rei de Xerusalén (1100), sucedeuno o seu curmán Balduíno II, e máis tarde, Joscelín de Courtenay (1118-1131). O derradeiro conde foi Joscelín II, que foi derrotado e perdeu o condado fronte ao sultán de Mossul ‘Imad-al-Din Zinki I (1144).
-
PERSOEIRO
Rei de Castela e León (1369-1379), conde de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI e de Leonor de Guzmán, primeiro monarca da casa de Trastámara. Encabezou unha rebelión nobiliaria contra o seu irmán Pedro I (1352) e, apoiado economicamente por Aragón, Francia e o papa, contratou as Compañías Brancas de Bertrand du Guesclin. Penetrou en Castela e proclamouse rei en Calahorra (1366), pero Pedro I conseguiu a axuda dos ingleses e a loita dinástica converteuse nun episodio da Guerra dos Cen Anos. Derrotou a Pedro I en Montiel (1369), mais a loita contra os seus partidarios prolongouse en Galicia ata 1387, polos apoios locais, entre outros, do arcebispo Xoán García Manrique e de Pedro Fernández de Castro, e os estranxeiros de Fernando I de Portugal e o duque de Lancaster. As recompensas que outorgou aos seus partidarios permitiron o enriquecimiento de, entre outras familias, os Mendoza, Velasco e Manrique, e o ascenso social do grupo dos cabaleiros, representados en Galicia por Fernán Pérez...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Fiscal e conselleiro do Consello Supremo da Inquisición. Foi bispo de Mallorca (1656-1660), de Tarazona (1660-1664), de Segovia (1664-1668) e de Granada (1668-1672). Difundiu a orde dos servitas e publicou escritos piadosos, pastorais e xurídicos, e unha Epístola contra a rebelión dos mouriscos de Las Alpujarras (1667, 1671).
VER O DETALLE DO TERMO