"Eiré" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome gaélico de Irlanda.
-
GALICIA
Xornalista e escritor, coñecido polo pseudónimo de Pucheiro. Director do semanario A Nosa Terra. Estudiou no seminario de Lugo e foi membro cofundador da agrupación Lumieira, que se formou en Chantada a partir de 1973. Comezou no eido periodístico na sección de deportes de El Progreso de Lugo con 14 anos, labor que compaxinaba cos seus estudios no instituto de Chantada. Aos 16 anos dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Logo continuou a súa formación na facultade de Ciencias de Información en Madrid. Trala finalización dos seus estudios formou parte do equipo da TVE en Galicia, ata que a partir de 1977 entrou na redacción de A Nosa Terra. Despois dunha crise no seo do semanario, no ano 1981 organizou o seu traslado da redacción dende Santiago de Compostela a Vigo, e modificou o seu equipo directivo. En setembro de 1983 foi elixido director. Membro da comisión técnica de prensa do Consello da Cultura Galega, foi o redactor das primeiras ponencias...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino feminino situado en Eiré (Pantón). Atribúese a súa fundación a dona Escladia Ordóñez nos comezos do s XII. Aparece mencionado nun documento de 1129 polo que o Rei Afonso VII sinalaba o couto do mosteiro. Foi unha fundación cobizada pola nobreza e, en numerosas ocasións, as abadesas tiveron que recorrer aos monarcas Xoán I e Enrique III para conservar os seus dominios. En 1480 a comunidade trasladouse ao mosteiro de San Paio de Antealtares e os seus bens e rendas pasaron ao Hospital Real de Santiago; sen embargo, produciuse un enfrontamento entre Antealtares e o Hospital sobre os seus bens e rendas que se resolveu en 1507 por medio dunha bula do Papa Xulio II, que llos concedía ao Hospital, decisión que se reafirmou en 1517. Otadui, bispo de Lugo, uniu en 1599 as igrexas de San Miguel e San Xulián de Eiré, que se converteu en parroquia en 1890. Do antigo cenobio consérvase só a igrexa. Foi construído na segunda metade do s XII sobre un edificio anterior de orixe...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pantón. Construída no s XVIII e reformada no s XX, ten planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas e capela maior con cuberta a catro augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dominicano. Emigrou a Arxentina e ingresou no convento de San Telmo de Bos Aires (1871), onde exerceu a docencia. Publicou Sumario de las Indulgencias del Santísimo Rosario (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Incio. Ten dúas naves, separadas por columnas e pilastras e cuberta a dúas augas, e ábsida cuberta a catro augas. No interior destaca o retablo maior barroco (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de íntegro.
-
-
Mercar ou vender na feira.
-
Pasear pola feira.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘mercar’ e ‘vender’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
figueiral.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Figueroa, no concello de Abegondo, emparentada cos Figueroa. As súas armas traen, en campo de goles, cinco follas de figueira, de sinople, perfiladas de ouro, e postas en aspa. Outra variante presenta, en campo de ouro, tres follas de figueira, de sinople, mal ordenadas.
-
PERSOEIRO
Militar e político portugués. Marqués de Sá da Bandeira. Como representante dos liberais ocupou diversos ministerios, especialmente na carteira de Mariña, e foi xefe de goberno en varias ocasións desde 1835. Interesouse sobre todo pola política ultramariña e loitou pola abolición da escravitude nos territorios que estaban baixo administración portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués. Documentado entre 1515 e 1543, foi autor dos retablos da invención e exaltación da Santa Cruz en Coimbra (1522-1530) e de Ferreirim, onde colaborou con Gregorio Lopes e Christovão de Utreque (1533-1534).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Autor de pezas como Grêve geral (1948), Pantomima Trágica (1950), A menina sen nome (1953), Os fantasmas (1959), Tragédia para rir (1962), O asilado (1962) ou A raposa e as uvas (1953), texto sobre o que Maximino Queizán preparou un espectáculo homónimo, presentado en 1966 e 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Foi xefe do Serviço Federal de Informação (1974-1978) e presidente da República (1979-1985). Durante o seu mandato iniciouse a transición cara ao sistema democrático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Defendeu a imitación dos autores tráxicos gregos para crear un teatro nacional portugués. Comezou a escribir en 1756, pero durante vinte anos non puido estrear nada. Foron publicados trece volumes de dramas (1804-1815), entre os que destacan Artaxerxes II (1757), Viriato (1757), Inês (1774) e As Irmãs (1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Oficial da Mariña, formou parte da Comisión de Planos Hidrográficos e Navegación en Europa e América. En 1834 pasou á administración do Estado e en 1840 exerceu como secretario da Xunta Provincial, creada tralo pronunciamento progresista. Foi alcalde da Coruña (1846-1847 e 1851-1854), cargo desde o que realizou diversas obras públicas e reformou o Hospital e o Hospicio. Deputado a Cortes pola Coruña na lexislatura 1857-1858, desenvolveu unha intensa actividade en favor do ferrocarril galego; logrou unha licenza para a construción do ferrocarril do Noroeste (Galicia-Asturias), pero non atopou investidores. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e cabaleiro da Real Orden de San Hermenegildo e da Real Orden de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO