"Elías" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Gramático e escritor alemán. De orixe hebrea, estudiou a cábala e publicou Massoret ha-Massoret (1358), a novela xudeualemana Bovo-Buch e diversas obras sobre cuestións gramaticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Contribuíu a desvelar a conciencia nacional do seu pobo e a normalizar a súa lingua. Fixo escollas de poesía oral popular, como Kalevala (1835) e Kanteletar (1840), e publicou o primeiro xornal en finés, Mehiläinen (A abella). Foi autor dun Dicionario Finlandés-Sueco (1866-1880), ademais de escollas de proverbios, adiviñas e cantos máxicos finlandeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coles baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida situada en Melias (Coles). De nave única e de pequenas dimensións, destaca polos elementos prerrománicos que conserva, como unha ventá de pedra decorada con vans circulares e rectangulares xeométricos. Representa o exemplo típico de ermidas que se construíron polas terras da ribeira do Miño durante a Alta Idade Media .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Coles. Construíuse en estilo románico arredor do s XII e tivo certa relación co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, xa que a súa casa reitoral pertenceu a un pequeno convento dependente daquel. De planta única, conserva a fachada orixinal, cunha portada de tímpano liso, enmarcado por un arco de medio punto apuntado e varias arquivoltas que apoian sobre capiteis decorados con motivos vexetais. Na parte superior abriuse unha seteira e enriba un van en forma de óculo. Remata cunha espadana de dous vans que fai a función de campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Pereiro de Aguiar. De estilo barroco, presenta nave única con bóveda de canón, mentres que a ábsida se cubriu cunha bóveda de cruzaría. Destacan os retablos do s XVIII e no exterior a fachada, que está flanqueada por dúas torres, unha delas inacabada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo alemán. Director do centro de investigacións psicolóxicas da Universidade de Göttingen (1881-1921), foi un dos fundadores da psicoloxía experimental e traballou nos campos da psicofísica, a percepción visual, a aprendizaxe e a memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago (1142-1149). Arcediago e deán da catedral en tempos do arcebispo Xelmírez. Antes de 1120 foi enviado por Xelmírez, con outros clérigos composteláns, a estudar en Chartres, onde destacou nos estudos gramaticais e de retórica ata converterse nun dos mestres gramáticos do núcleo cultural conformado entre Chartres e París; chegou mesmo a instruír na retórica ao intelectual Xoán de Salisbury. En 1120 pasou a exercer a docencia en París, posiblemente na abadía de Sant Victor, desde onde puido coñecer unha parte dos intelectuais europeos deste tempo. Parece que en 1123 viaxou a Roma xunto con Pedro Fulcón para solicitar unha bula confirmatoria da autoridade de Xelmírez como legado pontificio e da perpetuidade de Santiago como sede metropolitana. Tras a morte de Xelmírez (1140) unha sentenza favorable do Papa Inocencio II confirmouno como arcebispo fronte a Berengario, bispo de Salamanca. Durante o seu bispado continuou a política do seu predecesor. Obtivo de Afonso VII numerosas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor cinematográfico. Consolidou un equipo técnico co que iniciou diversas producións cinematográficas, como El espíritu de la colmena (1973), Pascual Duarte (1976), El Sur (1983), Tasio (1985), Historias del Kronen (1995), Barrio (1998, Concha de Plata no Festival Internacional de Cine de Donostia), Cuando vuelvas a mi lado (1999) e Los lunes al sol (2002, Concha de Oro no Festival Internacional de Cine de Donostia e cinco premios Goya).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Fundador e director de El Pueblo de Vigo, director de Ecos de Vigo e redactor de Faro de Vigo (1904), en 1926 foi nomeado cronista oficial de Vigo. Exiliado en Montevideo (1936), foi autor de contos, poesías e obras teatrais, estas últimas reunidas en Obras teatrales galegas (1930). Publicou Aturuxos (1922) e O Cantar dos Cantares (1922). Membro correspondente da RAG e da Academia de Bellas Artes de Málaga, foi galardoado en diversos certames literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario da comunicación. Presidente do Grupo Abaira, traballou en Radio Juventud (1958) e RNE (1963) para fundar e dirixir Radio Centro (1968). Presentador na TVG, cofundou a empresa Centro de Comunicación (1981) e Estudios Abaira (1989), xermolo do Grupo Abaira (Estudios Abaira, Abaira Publicidad, Matinha Estudios de Som de Portugal, Abrente Soluciones Audiovisuales e Línea de Fuego). Vicepresidente do Grupo Bosques Naturales e do Centro Gallego de Madrid, recibiu a distinción Madrigallego de Oro, concedido pola Enxebre Orde da Vieira (2001), e a Medalla de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de América do Norte, situado entre Alasca e Canadá, no territorio de Yukon. Nel atópase a cima máis alta de Canadá, o Logan que acada os 6.050 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festas xónicas na honra de Apolo e Artemisa. Celebrábanse en Atenas e nas cidades xónicas entre maio e xuño, cunha procesión de ofrendas da primicia da colleita e outros ritos propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), dirixiu o Grupo GALABRA de investigación da USC e foi vicepresidente da Associação Internacional de Lusitanistas e membro do Comité Científico da Casa-Museu de Camilo Castelo Branco. Fixo estadas de investigación e ditou conferencias en diversas universidades portuguesas, brasileiras, españolas e francesas, con diversas publicacións no ámbito da teoría da literatura, e da literatura en lingua portuguesa. Vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística (1989-1993), primeiro presidente das asociacións xuvenís e socioculturais Itaca e a Nau Catrineta e coordinador de Candeia Editora, organizou diversas reunións científicas e culturais, entre elas o Encontro Galego no Mundo-Latim em Pó (2000). Das súas obras destacan os seus traballos sobre metodoloxía de análise literaria e cultural e sobre as relacións galego-portuguesas. É autor tamén de Lisboa, passagem de poetas e escritores estrangeiros (2000) e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Coñecido como o cura do Cebreiro, licenciouse en Dereito Canónico pola Universidad Pontificia de Comillas (1959) e doutorouse en 1965 na Universidad Pontificia de Salamanca. Párroco do Cebreiro desde 1959, propulsou a restauración do poboado do Cebreiro, que culminou en 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Estudoso do Camiño de Santiago, sinalizou coas frechas amarelas o traxecto desde Francia e, no tramo galego, recuperou algúns tramos perdidos e promoveu a creación do Boletín del Camino de Santiago. Dirixiu o Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975) e o Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo (1980-1983) e escribiu El Camino de Santiago: estudo histórico-jurídico (1971, Premio Antonio de Nebrija 1967), Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo (Premio José María Cuadrado, CSIC) e El Camino de Santiago. Guía del peregrino (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO