"Elam" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
-
Relativo ou pertencente a Elam ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Elam.
-
Individuo do pobo elamita.
-
Pobo orixinario da rexión de Elam, situada ao N do Golfo Pérsico e ao L do baixo Tigris, no O do actual Irán. Entre o II milenio a C e o s VII a C desenvolveu un reino independente que foi sometido en diversos momentos polos estados veciños. O estado desapareceu trala conquista dos asirios, dirixidos por Asurbanipal ao redor do 646 a C, e o pobo integrouse no Imperio Asirio.
-
Lingua dos habitantes de Elam. Aínda que está documentada dende o III milenio a C e foi unha das tres linguas oficiais do Imperio Persa, non se sabe moito da súa filiación lingüística. Segundo as últimas teorías, podería ser a lingua que deu orixe ás falas drávidas do subcontinente Índico. Estas dúbidas obedecen ao feito de que non se coñece moito a súa morfoloxía (segundo algúns investigadores, trátase dunha lingua aglutinante) a causa da escaseza das fontes históricas e da falta de textos literarios. A fase mellor documentada do elamita, que evolucionou pouco no decurso do tempo, é a das inscricións reais aqueménidas (a miúdo trilingües: persa aqueménida, babilónico e elamita). Do seu estudo dedúcese que era unha lingua de sufixos, que ao se uniren á raíz, esta parece que non cambiaba e que tanto o nome como o pronome se declinaban (nove casos). Durante o Imperio Persa, o elamita foi principalmente a lingua de Susa e posteriormente mantívose ata finais do s X en forma de khozi (lingua...
-
Conxunto dos dous sistemas de escritura que empregaban os elamitas. O primeiro, denominado protoelamita (2900-2500 a C), deriva da escritura sumeria e, coma esta, posuía centenares de ideogramas e logogramas, a maioría deles aínda sen descifrar. O protoelamita evolucionou á chamada escritura lineal (2500-2230 a C), que, na súa fase máis recente, dispuña duns setenta signos. Cara ao 2230 a C, os elamitas abandonaron este sistema e comezaron a utilizar o sumerio-acadio, con algunhas modificacións que aparecen reflectidas en tres fases: o elamita antigo (2230-1300 a C), durante o que se produce unha primeira simplificación da escritura cuneiforme a base de eliminar numerosos ideogramas; este proceso proseguiu na etapa seguinte (1300-520 a C), o elamita medio, e rematou na terceira e derradeira, o neoelamita, en que o sistema constaba só de cento trinta signos, oitenta silábicos e o resto ideográficos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de empastelar ou de empastelarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de encastelar ou encastelarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enrodelar.
-
-
Equinodermo mariño e bentónico, da clase dos asteroideos, caracterizado por presentar, as máis das especies, cinco brazos arredor dun disco central -aínda que outras teñen 7, 12 e mesmo 50-, ter a boca en posición ventral e o ano en posición dorsal. Presentan pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, constituído fundamentalmente por bivalvos aos que lles abren as valvas para logo liberar enzimas dixestivos no interior das cunchas que provocan unha dixestión externa. Existen unhas 2.000 especies que varían de tamaño dende 1 ata 130 cm de diámetro.
-
Herbácea de follas lanceoladas e pinnatífidas, de ata 20 cm de lonxitude, que forman unha mouta basal, flores hermafroditas, pequenas e tetrámeras, co tubo da corola piloso, dispostas en espigas pedunculadas. Os froitos son cápsulas que se abren transversalmente. Está presente en toda Galicia en lugares secos e areosos como as praias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deixar de chover.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período de tempo breve durante o que deixa de chover.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina incolora que cristaliza no sistema monoclínico e é pouco soluble en auga e en disolventes orgánicos. Emprégase principalmente na obtención, por combinación co formaldehido, das resinas amínicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais e hemiparasitas, da familia das escrofulariáceas, que presentan follas opostas, flores co cáliz tubular e tetrámero, con corola bilabiada e catro estames, e froito en cápsula. En Galicia florece entre a primavera e o verán, en prados e bosques, a especie M. pratense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de papeis, documentos e trámites que hai que presentar para resolver un determinado asunto.
-
-
Acción de parcelar ou dividir en parcelas un ou diversos terreos agrupados, sexa a iniciativa da Administración Pública ou a iniciativa privada. Esta operación só se pode realizar unha vez aprobado o correspondente plano urbanístico e obtida a licenza administrativa.
-
División do terreo en parcelas.
-
-
-
Conxunto de pelo que cobre o corpo.
-
Pelo abundante e crecido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se somerxían as peles dos animais para curtilas.
-
-
Pasar repetidas veces a lingua por algunha cousa.
-
Pasar unha ou máis veces a lingua polos labios.
-
Atopar satisfacción con algunha cousa de carácter material ou inmaterial.
-
Arreglarse en exceso, especialmente o rostro con enfeites.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lostregar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lóstrego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reparcelar.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Baltar, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.061 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
atlante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de velas dunha embarcación ou das aspas dun muíño de vento.