"Elea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 44.

  • PERSOEIRO

    Mártir xudeu. Foi un dos escribas máis destacados do seu tempo. A súa historia cóntase no Libro dos Macabeos. Xa ancián, foi martirizado (167 a C) pouco antes do levantamento dos macabeos contra a dominación de Antíoco IV Epifanes, rei helenizado de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (10.070 km2; 682.000 h [estim 1994]). A súa capital é El-Keleaa Srarhna (51.404 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda que se desprende da néboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos meleagrídidos.

    2. Ave da antiga familia dos meleagrídidos.

    3. Antiga familia de paxaros, da orde dos fasianiformes, incluída na familia dos fasiánidos. Contén só as especies Meleagris gallopavo e Agriocharis ocellata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves galiformes, da familia dos fasiánidos, coa plumaxe parda verdosa e cabeza e pescozo con carúnculas vermellas. A este xénero pertence a especie M. gallopavo (pavo común).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe etolio, fillo de Eneo, rei de Calidón, e Altea, irmá de Leda. Abateu o porco bravo que Ártemis enviara a Calidón pero na cazaría matou tamén os seus tíos. A súa nai, ofendida, provocou a súa morte e despois aforcouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Home de estudos e coidadoso coas formas, a súa poesía era predominantemente erótica, homosexual e heterosexual. Escribiu As grazas, onde combinou prosa e verso, e A coroa, unha antoloxía de poetas epigramáticos, que foi a base das súas Antoloxías, da que só se conserva a Palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprender a néboa unha chuvia miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos bóvidos, ao que pertence o rhebok.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de marzo de 1903. Subtitulouse “Periódico bisemanal contra caciques y otras alimañas del país”. Dirixido polo Centro Electoral Republicano, criticou a corrupción militar, civil, eclesiástica e xudicial, o caciquismo, a falta de liberdades políticas e a represión dos órganos de goberno, e saíu para apoiar a candidatura do deputado Xosé Rodríguez Martínez. Editouse todos os martes e venres nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego, en Ferrol. Incluíu tamén un “Catecismo das Eleuciós”, dirixido aos campesiños da provincia coruñesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao volcán que se caracteriza por erupcións de tipo explosivo moi violentas, acompañadas a miúdo pola emisión de nubes ardentes. A lava, que é moi viscosa, tende a solidificarse na boca do cráter e orixina unha agulla de paredes verticais que o obstrúe. Esta obstrución pode ser causa de violentas explosións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos ploceidos, cuxa especie máis común é Q. quelea. É orixinaria do S do Sahara, e ten a plumaxe parda amarelenta, ventre pardo rosáceo, e peteiro vermello, ao igual ca o círculo preorbital. Outras especies son Q. cardinalis e Q. erythrops, esta última coa cabeza vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá co rabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover o rabo un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discutir o vendedor e o comprador, especialmente este último, para obter unha rebaixa no prezo dun produto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportarse como un tarabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás timeleáceas.

    2. Planta da familia das timeleáceas.

    3. Familia de plantas arbustivas, da orde das mirtais, que presentan follas simples, enteiras, sésiles, alternas ou opostas. As flores son actinomorfas, hermafroditas ou unisexuais, normalmente tetrámeras, con ovario súpero, sépalos petaloides e pétalos ausentes ou escamosos e de froitos habitualmente en drupa ou en núcula. Son naturais do S de África, Australia e a rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversa insubstancial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar moito pero sen coñecemento do asunto que se está a tratar.

    VER O DETALLE DO TERMO