"Erica" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 147.

  • Revista norteamericana de periocidade trimestral fundada en 1911 como voceira da American Economic Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de viaxes norteamericana fundada en 1850. En 1890 iniciou a fórmula de cheque de viaxes. Exerceu un papel importante na Primeira e na Segunda Guerra Mundial coa repartición de paquetes destinados ás frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terras altas do altiplano Antártico que flanquean parte do L do continente (2.286 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • American Rocket Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación profesional de bibliotecarios fundada no ano 1876 coa finalidade de promover o movemento de bibliotecarios nos EE UU. Publica gran parte da bibliografía profesional mundial e un gran número de publicacións periódicas, entre elas o ALA Bulletin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1743 en Filadelfia (EE UU) por Benjamin Franklin “para a promoción dos coñecementos útiles”. É a academia máis antiga dos EE UU e está dividida nas seccións de ciencias exactas, ciencias naturais, ciencias sociais e ciencias humanas en xeral. Concede o Magellanic Premium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana dedicada a fomentar a propulsión por foguetes espaciais, a astronáutica e as ciencias afíns. Fundouse no ano 1930 en Nova York co nome de American Interplanetary Society. O nome de American Rocket Society adoptouse oficialmente no ano 1934 e mantívose ata o comezo de 1963 ao se fusionar co Institute of Aerospace Sciencies e crear a American Institute of Aeronautics and Astronautics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código empregado para representar todos os caracteres alfanuméricos, signos de puntuación e outros caracteres de control, por medio de 8 díxitos binarios. A táboa, empregada nos ordenadores persoais, dispón de 256 caracteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana fundada en 1885, con domicilio en Nova York. Está especializada no campo da electrónica e das súas aplicacións industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de San Paulo, no Brasil, á beira do río Piracicaba, ao N de San Paulo (121.794 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afecto ás cousas de América.

    2. Costume ou maneira de pensar característico de América.

    3. Movemento propagado ao final do s XIX entre os católicos americanos con vistas a adaptar a vida da igrexa aos ideais da cultura do tempo. O seu iniciador, Isaak Thomas Hecker (1819-1888), poñía énfase nas virtudes activas sobre as pasivas. O Papa León XIII condenou esta tendencia, logo desaparecida, na Carta Apostólica Testem benevolentiae ao Xeneral Gibbons (1890).

      1. Palabra ou expresión orixinaria dunha lingua indíxena de América que se introduce noutra lingua. O arauaco, o caribe, o nahuatl e o quechua son as linguas prehispánicas que, a través do castelán, forneceron máis palabras ás linguas europeas occidentais. No galego, por exemplo, introducimos americanismos como hamaca e caoba que coinciden graficamente co catalán e co castelán; noutros casos, adaptamos eses americanismos ao noso sistema fonético: furacán e enaguas.

      2. Palabra ou expresión que se introduciu nas linguas europeas faladas en América sobre todo cando trascenden á lingua culta local ou mesmo ao uso do país europeo orixinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en cousas relativas a América, como a historia, a arqueoloxía, a etnoloxía, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de americanizar ou de americanizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imprimir a algunha cousa características americanas.

    2. Adoptar os usos e costumes americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América ou aos seus habitantes.

    2. Persoa natural ou habitante de América.

    3. norteamericano -na.

    4. O que retorna ao seu país de orixe despois de estar emigrado en América.

    5. ariedade da lingua inglesa que se fala en América do Norte.

    6. Chaqueta de pano, especialmente propia de homes, que cobre o tronco ata máis abaixo da cintura, con mangas e sen faldróns, e que, a miúdo, forma un conxunto cun pantalón e mesmo cun chaleco.

    7. Nome aplicado á cepa de orixe americana empregada na comarca do Ribeiro para amañar os estragos causados pola filoxera na segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que popularmente se coñece América do Sur e Central.

    VER O DETALLE DO TERMO