"Erie" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 48.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Pioneiro no campo da astronáutica, en 1906 construíu o primeiro motor de aviación en estrela. Inventou unha bomba de gasolina alternativa e sen cilindro. Formulou unha teoría de navegación interplanetaria mediante foguetes e propuxo a utilización da enerxía atómica nas astronaves. Foi membro da Académie des Sciences (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Coñecemento directo dalgunha cousa adquirido polo uso, a práctica ou as propias vivencias.
-
Coñecemento da realidade, do mundo ou da vida.
-
Modo de coñecemento que procede da percepción sensible ou da intuición psicolóxica. A súa defensa fronte ao predominio da razón foi defendida polo empirismo. O recurso á experiencia é un método científico rexido polas regras do método experimental, a partir de hipóteses provócase a maneira de verificalas por medio de observacións e de rigorosos traballos de laboratorio. J. Locke distinguiu entre a experiencia externa e a interna. O concepto tamén pode aplicarse a outros eidos como o da experiencia moral, que se refire ao conxunto do adquirido ao longo da vida dun individuo ou de toda a humanidade. De tal xeito que a persoa que ten experiencia, propia ou porque coñece a historia, pode extraer ensinanzas válidas para a vida e dar consellos. Este tipo de experiencia foi defendida por I. Kant.
-
-
Situación ou suceso na vida de alguén, que lle proporciona coñecemento sobre a realidade, a vida ou o mundo.
-
Estudio para descubrir ou comprobar as características dun fenómeno mediante a súa observación.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Menorca, Illes Balears, situado no centro da illa (3.828 h [1996]). As principais actividades económicas están relacionadas coa gandería e a agricultura. Nos últimos anos produciuse un aumento das actividades industriais, principalmente na fabricación de mobles e na elaboración de produtos lácteos. Fundouse no s XIII cando o Rei Xaime II de Menorca organizou as parroquias da illa. No s XVIII a cidade acadou un gran pulo comercial trala construción do camiño de Kane.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista francés. Estudioso do hebreo e do sirio, foi convidado por Arias Montano para participar na elaboración da Biblia políglota de Anveres. Das súas obras destacan Novum Testamentum syriace, cum versione latina (1560), Novum J. Chr. Testamentum, syriace litteris hebraicis, cum versione latinâ interlineari (1584), Encyclique des secrets de l’éternité (1571) e La Galliade, ou de la révolution des arts et sciences (1578).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de experiencia.
-
-
Alteracións ou inclemencias nas condicións meteorolóxicas, como a choiva, o vento, a humidade ou a temperatura.
-
Que é ou está fóra do tempo.
-
Que resulta molesto porque é inoportuno ou inconveniente ou non se desenvolve no tempo adecuado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteracións ou inclemencias nas condicións meteorolóxicas, como a choiva, o vento, a humidade ou a temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revolta campesiña que se produciu en 1358 na rexión de Beauvais para protestar contra a fame e as depredacións da soldadesca á que deu lugar a Guerra dos Cen Anos. Os revolucionarios, coñecidos como jacques (nome dado por escarnio aos campesiños, que vén á súa vez de Jacques Bonhomme), incendiaron castelos, pero foron vencidos polos nobres preto de Meaux e sufriron unha forte represión.
-
PERSOEIRO
Matemático frances. Licenciouse en ciencias pola universidade da Sorbonne en 1913. Contribuíu a crear e desenvolver moitas das ramas da matemática pura e aplicada. Foron transcendentes as súas achegas á mecánica de fluídos, análise, probabilidade, teoría das ecuacións funcionais e teoría xeneralizada da información, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico francés. Foi bispo de Nancy (1863), arcebispo de Alxer (1867), cardeal (1882) e primado de África (1884). Para gañar a amizade do pobo musulmán fundou os Pais Brancos (1868) e os Irmáns Misioneiros da Nai de Deus de África (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e xeomorfólogo. Membro da Societé Géologique de France, está considerado un dos fundadores da xeografía física. Escribiu, entre outras obras, Les formes du terrain (1888), en colaboración con G. de la Noë, e Le Jura (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de museos e galerías do Vaticano iniciados no s XVIII. Benedito XIV creou o Museo Sacro (1756) e Clemente XIII o Museo Profano (1767), ambos foron instalados suntuosamente na galería da Biblioteca Apostólica Vaticana. Clemente XIV (1770-1774) transformou en museo o palacio do Belvedere de Inocencio VII, e instalou as coleccións de escultura antiga iniciadas por Xulio II (1503-1513), formando así o Museo Pio-Clementino. Pío VI ampliouno e Pío VII (1800-1823) engadiulle a galería setentrional, sé do denominado Museo Chiramonti e Braccio Nuovo. Gregorio XVI fundou o Museo Gregoriano Etrusco (1837) e o Museo Gregoriano Egizio (1839). Pío XI fixo unha nova entrada aos museos e o edificio da Pinacoteca Vaticana (1932). Paulo VI (1970-1973) engadiulle a Collezione d’Arte Religiosa Moderna e abriu ao público o Museo Gregoriano Profano (creado en 1843 por Gregorio XVI), o Museo Pio Cristiano (creado en 1854 por Pío IX) e o Museo Missionario Etnologico (fundado por Pío XI en 1926). Dentro...
-
DISTRITOS
Distrito de Surinam (5.353 km2; 37.200 h [estim 1992]). A súa capital é Nieuw Nickerie (11.100 [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de raios infravermellos que aparecen no espectro atómico do hidróxeno cando o electrón do átomo excitado cae na órbita de número cuántico principal n=3. A lonxitude de onda ë de cada un destes raios, segundo a teoría atómica Bohr, é dada, en Å, pola ecuación ë = 8205,9 [N2/(N2-9)], en que N é un número enteiro maior que 3.
-
-
Cidadán que, na antiga Esparta, en Creta e na Élide, destinado por razóns estratéxicas á periferia dun territorio, conseguía unha posición particular de dependencia respecto aos outros cidadáns. Gozaba de dereitos civís pero non tiña representación política.
-
Habitante da parte do hemisferio boreal oposta á parte coñecida e habitada polos antigos gregos.
-
-
PERSOEIRO
Político francés. No reinado de Filipe de Orléans, foi presidente do goberno e ministro do Interior (1831). Combateu o republicanismo e a desorde pública, á vez que favoreceu a alta burguesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político francés. Coñecido como Charles François Dumouriez, traballou na diplomacia secreta de Luís XV e Luís XVI. En 1792 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e convenceu a Luís XVI da necesidade de loitar contra Austria. Pouco despois foi obrigado a dimitir e incorporouse ao exército do norte ata converterse nun dos seus xefes. Coas vitorias de Valmy e de Jemmapes conquistou os Países Baixos austríacos e Bélxica foi anexionada a Francia. En 1793 iniciou a conquista das Provincias Unidas, pero foi derrotado en Neerwinden. Relevado do seu cargo, pasou ao inimigo. Tentou reiteradamente establecer a monarquía en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de raios infravermellos que aparecen no espectro atómico do hidróxeno cando o electrón do átomo excitado cae na órbita de número cuántico principal n=5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rebelión señorial francesa contra o Rei Carlos VII (1440), similar á producida polos husitas de Praga. Unha parte da nobreza, inqueda polo progreso da autoridade real, alzouse pero foi derrotada polo rei e amnistiada.