"Ernes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 80.

  • PERSOEIRO

    Matemático. Exerceu como catedrático de Análise Alxébrica na Universitá de Palermo. Destacou polas súas investigacións en xeometría intrínseca, series diverxentes e conceptos de probabilidade local. Publicou, entre outros libros, Lezioni di geometria intrinseca (Leccións de xeometría intrínseca, 1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou no teatro na compañía Abrente, inserida na asociación homónima, promotora das Mostras de Teatro en Galego Abrente de Ribadavia, e da que foi presidente. Entre 1969 e 1974 interpretou con este grupo obras de Alejandro Casona e Jorge Díaz. A partir de 1978 e ata 1985 pasou a formar parte de Teatro Artello, onde participou nas montaxes: Tarará chis-pum, a partir dunha creación colectiva; Pic-nic, de Fernando Arrabal; As nubes, de Aristófanes; A cantante calva, de Ionesco; Celtas sen filtro, de Méndez Ferrín; e Gulliver F.M., de Antón Reixa. Tamén traballou no Centro Dramático Galego, institución da que foi director en 1986 e 1987, e representou Agasallo de sombras, de Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao; As tres irmás, de Čekhov; As alegres casadas, de Shakespeare; O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro; Un soño de verán, de Shakespeare; e Valle-Inclán 98. No ano 1988 fundou a Compañía de Ernesto Chao coa que realizou unha soa obra: O coronel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Licenciado en Dereito, realizou estudios musicais con Massenet no Conservatorio de París e foi secretario da Société Nationale de Musique. Influenciado por César Franck e Wagner, destacou na música de cámara (Concert, 1889 e Quatuor avec piano, 1897) e na música sinfónica (Symphonie en si bémol, 1890 e Poème, 1896). Compuxo, ademais, a ópera Le roi Arthus (1892-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e crítico dramático francés. Coñecido como Coquelin cadet, estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o primeiro premio da comedia en 1867. Incorporouse sucesivamente ás compañías teatrais de L’Odeon, ao teatro de variedades (1875-1876) e á Comédie Française (1868 e 1879-1908). Interpretou múltiples personaxes, entre eles Monsieur de Pourceaugnac, Monsieur Jourdain e Argan, de Molière, e Fígaro, de Beaumarchais. Publicou os ensaios L’art de dire les monologues (A arte de recitar monólogos, 1884) e Le rire (A risa, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad de Madrid, foi profesor de xeografía e historia. En abril de 1969 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e en 1972, de novo en Galicia, participou na creación das xuntas democráticas, órgano de oposición unitaria ao franquismo, en representación do Partido Comunista de Galicia (PCG), organización na que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Procesado nos últimos anos do franquismo, a lei de amnistía evitoulle o xuízo. Dende 1978 ata 1983 foi voceiro do grupo municipal do PCG en Lugo e de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU) entre 1991 e 1999. Entre 1983 e 1985, como responsable de Política Institucional do PCG, coordinou e impulsou o traballo dos representantes comunistas nos concellos e no Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido secretario xeral do PCG e en outubro de 2000 coordinador nacional de EU-IU; ademais, foi o candidato de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cineasta. Comezou no mundo cinematográfico a principios dos anos trinta como socio do Cineclub Español, e antes da Guerra Civil filmou varias obras que lle permitiron entrar no ACAM, primeiro club de cine afeccionado de Madrid. Viviu na Coruña desde principios dos anos sesenta. Neses anos realizou unha serie de obras que o converteron nun dos cineastas afeccionados máis destacados. Dos seus filmes, cargados de ironía, sobresaen Sever Odnum (1964), El jurado (1965), El cine amateur (1965), filme polo que obtivo varios premios, El festival (1967), Al Nasr Altair (1969) ou Los Suevos (1974). Outros aspectos da súa obra son, por unha parte, a sonorización de filmes clásicos do cine mudo da súa filmoteca doméstica para logo difundilos entre os seus discípulos, como M. Castelo ou X. F. Villaverde, e, por outra parte, sonorizacións nas que introduciu cambios substanciais, como a dos rótulos orixinais adaptándoos ás circunstancias sociopolíticas. Proba disto último é a súa obra Nosferaru o el manuscrito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Estableceuse en Londres e deuse a coñecer como poeta con Non sum qualis eram. A súa vida decadente reflíctese en Verses (Versos, 1896) e na novela autobiográfica A Comedy of Masks (Comedia de máscaras, 1893). É tamén autor da comedia en verso The Pierrot of the Minute (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Formouse na École de Beaux-Arts e despois foi discípulo de Rodin. Estudiou a obra dos mestres florentinos e, en especial, a de Donatello. Traballou en Hispanoamérica onde realizou, entre outras obras, La primavera (Bos Aires).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Pedro de Ernes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectáculo teatral estreado pola Escola Dramática Galega na Coruña en maio de 1982, na Sala Luís Seoane, e que chegou a realizar 33 funcións por toda Galicia. Foi creado a partir do texto de Oscar Wilde, The Importance of Being Ernest, con dirección de Miguel Pérez Romero, autor igualmente da versión para o galego. Actuaban J. Fernando Martínez, Celestino Hermida, Paco R. Campos, Elina Luaces, Carmina García, Candi García, Irene Canosa, Ana Bouza, Salvador Ramos e Teresa Castro, responsable tamén do vestiario e da escenografía. O espectáculo destacou pola axilidade das situacións e dos diálogos, segundo unha liña marcada polo propio Wilde, cun ritmo axeitado e unha acción trepidante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante de Ernesto/Ernesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hannover (1837-1851), fillo de Xurxo III de Inglaterra e de Hannover. Á morte do seu irmán Guillerme IV de Inglaterra e de Hannover, herdou este último reino. Hostil ás ideas liberais, aboliu a Constitución de 1833 e promulgou outra moito máis autoritaria. Por temor á expansión revolucionaria, en 1848 consentiu algunhas reformas que anulou pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, fillo do Emperador Maximiliano II e de María de Austria. Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos en 1594.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica. Presenta as variantes Ernestino/ Ernestina. Entre as variantes xermánicas primitivas que se recollen, cómpre destacar Ernist, Arnost, Ernest (latinizado en Ernestus) ou Ernust, a forma máis antiga (s VIII), que se identifica co substantivo común antigo altoalemán ernust ‘batalla, combate’. Santo Ernesto, abade do mosteiro de Zwiefalten (Württemburg), celébrase o 7 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e físico francés. Astrónomo no Observatorio de Bordeos (1905), foi nomeado profesor da facultade de Ciencias de Estrasburgo (1919) e director do Observatorio de París (1929). Investigou, no eido da física, as ondas infrasónicas e os campos gravitatorios, no das matemáticas, as funcións case periódicas, e, no da astronomía, a refracción atmosférica e os cometas. Ademais estudiou as condicións nas que un astronauta pode ser liberado da gravidade terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arranxador, pianista e director de orquestra. Coñecido como Gil Evans, tivo unha formación autodidacta e debutou en Stockton como director de orquestra entre 1941 e 1949. Colaborou coa orquestra de Claude Thornhill e posteriormente traballou con Miles Davis, con quen gravou Birth of the Cool e Miles Ahead. Dende os anos setenta interesouse polos instrumentos acústicos e electrónicos con obras como There Comes a Time (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e explorador británico. Participou en diversas expedicións científicas a Groenlandia (1929), aos grandes lagos africanos (1930-1932) e ás illas Falkland (1947-1950). Dirixiu, xunto con sir Edmund Hillary, a expedición británica que atravesou a Antártida (1955-1958), percorrendo o Polo Sur. Foi director do British Antartic Survey (1960-1973) e presidente da Royal Geographical Society (1982-1984). Publicou The Crossing of Antartica (1958), con Edmund Hillary, Antartic Adventure (1959), Of Ice and Men (1982) e A Time to Speak (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro. Foi xefe da Casa Militar (1964), maxistrado do Tribunal Supremo Militar e ocupou a presidencia da empresa estatal petroleira Petrobrás. Como presidente da República (1974-1979) creou as condicións para a apertura política que levaron á restauración da democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou a súa primeira mostra individual en 1947 e participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e do Salón de Otoño de Madrid, onde acadou a terceira (1958), segunda (1960) e primeira (1961) medalla.

    VER O DETALLE DO TERMO