"Erte" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

  • PERSOEIRO

    Primeiro Duque de Prusia (1525-1568) e último Gran Mestre da Orde dos Cabaleiros Teutónicos (1511-1525). Converteuse ao protestantismo, secularizou Prusia e fíxoa un ducado herdeiro baixo a soberanía de Polonia (1525). No 1544 fundou a Universidade de Königsberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1363-1389). Duque de Mecklenburg-Schwerin, fillo do Duque Alberte II. No 1363 derrocou o seu tío Magnus e abrigouno a renunciar a el e o seu fillo Haakon II ao trono sueco no seu favor. Margarida, Raíña de Noruega e viúva de Haakon II, invadiu Suecia e desposuíuno (1389).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1438-1439), Duque de Austria (Alberte V, 1404), Rei de Hungría (1437) e de Bohemia (1437). Fillo do Duque Alberte IV de Austria, casou (1422) con Elisabeth, filla do Emperador Segimon, a quen sucedeu en Hungría e en Bohemia, onde non foi aceptado polos húsares, aos cales combatera. Loitou contra os turcos otomanos e morreu cando batallaba contra Murad II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Sabio ou o Coxo (Viena 1298 - 1358) Duque de Austria (1330-1358), da familia Habsburgo, fillo de Alberte I. Gobernou xunto co seu irmán Otón; morto este (1339), posuíu todos os territorios dos Habsburgo. Polo seu matrimonio con Xoana (1324), filla de Ulrich, foron incorporadas Carintia, Carniola e o condado de Pfirt (1335). Someteu os cantóns de Glaris e Zug.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Bélxica, fillo de Leopoldo III e Astrid de Suecia. Sucedeu o seu irmán Balduíno I de Bélxica (1993). O 21 de xullo de 2013 abdicou en favor do seu fillo,  o actual rei de Bélxica Filipe I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Trenza (Viena 1349 - Laxenburg, Austria 1395) Duque de Austria (1365-1395) da familia Habsburgo, fillo de Alberte II. Gobernou xunto co seu irmán Leopoldo III; as diverxencias xurdidas entre eles conduciron á división de Neuberg (1379), orixe dos bandos “albertino” e “leopoldino” no seo dos Habsburgo. Alberte conservou a Alta e a Baixa Austria. Morto Leopoldo (1386), Alberte acordou unha tregua cos suízos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Paciente (Viena 1377 - Klosterneuberg, Baixa Austria) Duque de Austria (1395-1404) fillo de Alberte III. Agrupouse no bando albertino dos Habsburgo. Polo Tratado de Hollenburg (1395), gobernou xunto con Guillem, fillo do seu tío Leopoldo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Pródigo (Innsbruck, Tirol 1418 - Viena 1463) Duque de Austria, do bando leopoldino dos Habsburgo, fillo do duque de Estiria, Ernesto I. Obtivo a parte occidental dos estados do seu pai, mentres o seu irmán Federico V (o futuro emperador Federico III) recibiu Estiria, Carintia e Carniola. Fíxose coa Alta Austria (1458) e a Baixa Austria (1462) trala morte de Ladislao I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de Bélxica que vai de Anveres a Liexa e comunica o Escalda co Mosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente da confluencia de varios nomes preexistentes ao igual que Afonso. As formas anteriores serían Adalberto/Adelberto composto de adhal ‘nobreza’ e berth ‘claro, ilustre’ e Alberth composto de al ‘todo, moi’ e berth. A forma galega Alberte xa aparece no s XIV, aínda que posteriormente tamén se rexistra a forma Albertos que evoca un nominativo latinizado Albertus, coma Domingos, Xesús ou Paulos. Entre os santos que levan este nome, cómpre citar: Alberte o Magno ou o Grande (1206-1280), Alberte de Liexa (1116-1192), Alberte de Xerusalén (1150-1214), Alberte de Sicilia ou de Mesina (s XIII). O antropónimo masculino presenta a variante Albertos e o hipocorístico Berto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Alberte de Sisteron Trobador provenzal de principios do s XIII, cliente das cortes de Catalunya e Aragón, de Savoia, de Montferrat, de Malaspina e outras. Consérvanse unha quincena de cancións a miúdo dedicadas á condesa de Malaspina, seis ou sete tenzóns, e un sirventés de tema amoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abū-l-asan ‘Alī ibn Ruburayr.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a hipertensión.

    2. Fármaco ou tratamento que reduce a presión arterial dos individuos hipertensos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e funcionario da corte carolinxia. Membro da Academia Palatina coñecido polo alcume Homero que compuxo poemas históricos. Abade laico de Centula (790), ou Saint-Riquier, foi o restaurador da abadía, que baixo o seu goberno coñeceu a súa época máis florecente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atrancar o carro na beira das corredoiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de libros que leva como subtítulo “Aproximación á distribución dos Vertebrados de Galicia durante o quinquenio 1980-1985”. Realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural e publicado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela en 1995, consta de dous tomos, un dedicado ás aves e outro aos mamíferos, réptiles e anfibios. Emprega para a distribución das especies a cartografía UTM que converte Galicia en 360 cuadrículas de 10x10 km. Reproduce 60 mamíferos, 146 aves, 15 anfibios, 24 réptiles e 11 peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo editorial alemán fundado en 1835 por G. Bertelsmann. Dedicado nun principio á edición de obras de consulta, introduciuse no campo discográfico (1958) e na televisión (1964); co tempo converteuse na primeira empresa mundial no sector dos medios de comunicación. No estado español é propietario do Círculo de Lectores, da Editorial Plaza y Janés e da empresa de artes gráficas Printer, entre outras empresas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e avogado. Pertenceu ao grupo dos precursores do rexurdimento literario galego. Vinculado ás actividades da Academia Literaria, colaborou con artigos e poemas na prensa galega (El iris de Galicia, El Miño, El Porvenir, La Aurora de Galicia, etc) e non galega (La Antorcha e La Esperanza). A súa obra poética, en parte destruída trala súa morte por mandato do propio autor e en parte perdida, insírese na estética do romanticismo. Os seus poemas en galego de maior difusión foron “O desconsolo” e “Nai chorosa”. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre os anos 1848 e 1849. En castelán escribiu, entre outras obras, o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático e historiador. Doutor en Dereito, foi fiscal da Audiencia de Mallorca e un recoñecido numismático. Con Artur Pedrals e Caietano Carreras fundou e dirixiu a revista Memorial numismático español no 1866. Publicou Indicador manual de numismática española (1891) e Bosquejo de la dominación islamita en las islas Baleares (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO