"Erva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 153.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi o cuarto fillo do cirurxián Rodrigo de Cervantes e de Leonor de Cortinas e, segundo algunhas hipóteses, de posible ascendencia galega polos seus apelidos. En 1551 trasladouse a Valladolid coa familia, onde estaba a corte naqueles anos, na busca de posibilidades económicas. Posteriormente, marcharon a Madrid onde Cervantes estudiou gramática con Juan López de Hoyos. En 1569 instalouse en Roma como camareiro do cardeal Giulio Acquaviva e alí permaneceu ata que se incorporou ao terzo de Miguel de Montcada. En 1571 loitou como soldado na Batalla de Lepanto, na que quedou inútil da man esquerda. Non obstante , en 1572 incorporouse ao terzo de Lope de Figueroa e participou en diversas accións mediterráneas. Durante os anos posteriores estivo en Sardeña, Lombardia, Sicilia e Nápoles, onde coñeceu as innovacións da literatura italiana. De volta a España, os turcos prendérono e estivo cativo en Arxel entre 1575 e 1580; unha vez libre tomou parte nas campañas de Portugal e Orán. Desempeñou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clotilde Cerdà i Bosch.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Miguel de Cervantes Saavedra, á súa obra ou aos seus personaxes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cervantesco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio crítico da vida e da obra do escritor Miguel de Cervantes Saavedra. O interese pola vida e obra de Cervantes fundaméntase na fama universal de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, un dos libros máis estudiados na historia da literatura. Non se pode falar con propiedade de cervantismo no s XVII; non obstante no s XVIII xa aparece un estudo erudito e crítico arredor desa idea, convertido nun clásico e comparado coa obra de Homero e Virxilio. En 1773 Gregorio Maians e Siscar publicou a primeira gran biografía de Cervantes como encabezamento da edición castelá de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha de Tonson (1738). A primeira edición con notas foi a castelá de John Bowle (1781). Son tamén notorias as achegas de Saint-Evremond, Addison e Schlegel. O s XIX coñeceu o entusiasmo romántico pola figura do Quixote (edición crítica de Diego Clemencín, 1833-1839; e Juan Eugenio Hartzenbusch, 1863-1864). Destacados son os traballos de Juan Valera (1864),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudioso de Cervantes e da súa obra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de antimonio, de fórmula SbO4. Cristaliza no sistema rómbico e é de cor branca, amarela e, ás veces, vermella. Ten dureza 4-5 e peso específico 6,64.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ares. Construíuse nun coto propiedade da igrexa de Santiago de Compostela. Ten planta rectangular de nave única e unha ábsida románica (1180?) semicircular precedida dun tramo recto con cuberta de bóveda de cuarto de esfera e de canón semicircular, respectivamente. A nave reconstruíuse en 1784, data na que se engadiu unha espadana á fachada principal. O arco triunfal é de medio punto e dobrado, a rosca menor descansa sobre un par de columnas pegadas que se apoian sobre bases áticas e sosteñen capiteis cubertos de follas nervadas de perfís recortados e rematadas en bólas. No exterior a ábsida elévase sobre unha base escalonada e o muro semicircular divídese en tres panos por medio de dous contrafortes prismáticos que chegan ata o beiril. En cada un deles ábrese unha estreita ventá abucinada ao interior. O beiril está sostido por canzorros, algún deles con decoración figurada como os que presentan unha cabeza de porco coa boca aberta ou uns cuadrúpedes tumbados...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de cervo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cervantes.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor, fillo de Juan de la Cierva y Peñafiel. Obtivo o título de enxeñeiro de camiños e de construcións aeronáuticas e o de piloto de aviación. En 1916 entrou na escola de aviación civil de Getafe (Madrid), onde se especializou nos estudios aeronáuticos como proxectista e construtor. Interesado polos problemas da sustentación aerodinámica a baixas velocidades, en 1923, despois de varios ensaios con modelos diferentes, conseguiu que o autoxiro, inventado por el mesmo, voase por vez primeira no aeródromo de Getafe. En 1925 trasladouse ao Reino Unido, onde fundou unha sociedade para o desenvolvemento do seu invento chamada The Cierva Autogiro Co. Construíu 120 prototipos diferentes con novas modificacións. En 1929 realizou o voo Londres-París, co que cruzou o Canal da Mancha. En 1934 conseguiu levantar o voo e a aterraxe vertical sen necesidade de pistas. Morreu en accidente de aviación no aeroporto de Croydon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado da extrema dereita do partido conservador por Mula (Cádiz) en 1896, exerceu como ministro de Instrución Pública no efémero goberno de Azcárraga (1904). En 1907 foi nomeado ministro de Gobernación con Maura; neste cargo destacou pola súa actitude coercitiva nos acontecementos da Semana Tráxica de Barcelona en xullo do 1909. Como consecuencia detiveron a Francisco Ferrer para sometelo a xuízo e despois executárono. Esta morte causou grande expectación en Europa e foi a causa inmediata da caída de Maura do poder. En 1917, durante o goberno de concentración de García Prieto, foi ministro de Guerra e amparou as Juntas militares de defensa, o que lle permitiu manexar a moitos dos seus integrantes e usalos como presión política para apoiar as súas pretensións de instaurar unha ditadura. Non conseguiu este obxectivo e as Juntas disolvéronse a finais de 1922. Foi ministro de Facenda durante o goberno de Maura (1919), de Fomento no gabinete Allendesalazar (1921), de Guerra con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que un sistema coloidal, ao engadirlle un terceiro compoñente, se separa en dúas fases, unha constituída polo coloide ou coacervado, e outra, polo líquido de equilibrio ou coacervante. Ten moita importancia no estudo da orixe da vida.
-
-
de coacervar.
-
Fase coloidal obtida no proceso de coacervación. O seu comportamento reolóxico é o dun líquido newtoniano de alta viscosidade.
-
Teoría elaborada por Aleksandr Ivanovič Oparin para explicar a orixe dos primeiros seres vivos a partir do “caldo primitivo”, que contiña macromoléculas que se xuntaron e formaron un coacervado. Esta teoría confirmouse posteriormente por medio dos traballos de Haldane e Fox.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separar un sistema coloidal en dúas fases, unha o coacervado e outra o líquido de equilibro, por medio da adición dun terceiro compoñente.
-
-
-
Método de preparación e envase de alimentos que permite a súa conservación e consumición durante un certo período de tempo.
-
Produto alimenticio de orixe vexetal ou animal sometido a unha determinadada preparación (como a exposición a unha temperatura elevada) para conseguir a súa estabilidade e a súa esterilización bacteriolóxica, e que se envasa nestas condicións co obxectivo de conservalo apto para o consumo durante dilatados períodos de tempo. A conservación asegúrase ao envasar nun recipiente pechado líquidos, gases e microorganismos a calquera temperatura inferior a 55 °C, e mediante o tratamento con calor ou con calquera outro método autorizado, co fin de destruír ou inhibir totalmente os enzimas, os microorganismos ou as súas toxinas. A desecación e a salgadura de produtos animais xa a practicaban na Antigüidade gregos e romanos. Na Idade Media tiveron unha notable difusión as carnes afumadas, o touciño e o peixe salgado. No s XV desenvolveuse a industria da froita confeitada, na que destacou a rexión de Liguria. A partir do s XVIII comezou a fabricación de conservas que utilizaban como medio o azucre....
-
-
Acompañamento, accidental ou deliberado, que se fan mutuamente as embarcacións que navegan no mesmo rumbo por razóns de amizade ou co fin de proporcionarse vixilancia e auxilio. OBS: Xeralmente se emprega a expresión en conserva cos verbos navegar e ir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser conservado.
-
-
Acción e efecto de conservar ou conservarse.
-
Técnica de preparación dos alimentos para evitar o seu proceso de descomposición e, asemade, manter o seu poder nutritivo. A maioría destas técnicas, sobre todo nos produtos vexetais, inclúen un proceso de branqueo para conseguir a destrución de enzimas. A eliminación da auga obtense mediante os procesos de deshidratación de alimentos. O tratamento térmico destrúe os enzimas e esteriliza os alimentos ou diminúe suficientemente a flora microbiana (esterilización e pasteurización). O mantemento do produto a temperaturas baixas provoca unha inhibición do crecemento microbiano e das reaccións enzimáticas (refrixeración e conxelación). A provocación de fermentacións dirixidas, leva o produto a unhas condicións que o manteñen estable (escabeche, conservas en vinagre, col fermentada e embutido). Un caso particular de fermentación selectiva é a salgadura, que consiste en provocar o desenvolvemento...
-
Operación que consiste en manter os obxectos artísticos no mellor estado posible, de xeito que se evite o seu deterioro e que prolonguen a súa existencia, ademais de non modificar as condicións estéticas e culturais nas que foron producidos. Pode abordarse dende unha dobre perspectiva: de xeito indirecto ou preventivo, é dicir, sen actuar directamente sobre o obxecto físico, indagando sobre el mesmo e sobre as condicións que o rodean, ou empregar o método da conservación directa, na que si se actúa sobre o obxecto a conservar. Nesta fase, a conservación está relacionada coa restauración, xa que en moitas ocasións conservar un obxecto ou evitar un maior deterioro implica un labor de recuperación das características perdidas ou deterioradas, pois, en xeral, os materiais empregados na súa creación non son resistentes ao paso do tempo.
-
Conxunto de medidas de xestión que buscan a compatibilidade entre a actividade humana e os recursos naturais, ademais da preservación e da restauración do medio ambiente.
-
Proceso ao que se somete un elemento de formigón armado durante as primeiras horas despois de ser enchido, e que consiste en manter o grao de humidade necesario para que se produza a solidificación. Adóitase regalo moi a miúdo con auga ou, cando as circunstancias de fabricación o permiten, consérvanse as pezas de formigón nunha atmosfera de vapor de auga con temperatura e humidade constantes.
-
Instinto que impulsa os seres vivos á loita pola supervivencia e que se manifesta especialmente en situacións de perigo.
-
Lei que expresa que o valor dunha magnitude física nun sistema físico permanece constante no tempo durante determinadas transformacións. Por unha banda, a existencia dunha lei de conservación dunha variable dinámica (como é a enerxía) permite que, ao analizar a evolución do sistema, se poidan rexeitar todas aquelas solucións que, aínda que son posibles porque satisfán a ecuación dinámica, non son compatibles coa conservación admitida; por outra banda, as leis de conservación das cargas xenéricas das partículas poñen de manifesto simetrías máis profundas que fan posible distinguir as diferentes interaccións polo feito de que violen ou non unha determinada conservación. A mecánica clásica fornece exemplos ilustrativos da primeira formulación. Nun sistema illado de partículas que interaccionan cunha forza conservativa, a suma das enerxías cinética e potencial de todas elas, coñecida como enerxía total do sistema, permanece constante no tempo, polo que se define como a conservación...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou tendencia que dá prioridade á idea de conservación, especialmente da natureza.