"Eza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 269.
-
-
Propiedade que teñen os seres ou as cousas belas.
-
Persoa ou cousa caracterizada por ser moi bela.
-
Conxunto de grazas ou calidades que, manifestadas sensiblemente, espertan un deleite espiritual, un sentimento de admiración. O concepto de beleza ten, desde un punto de vista filosófico, unha orixe bipolar, manifestación da transcendencia ou resultado da praxe que coincide, sen embargo, co obxecto producido. O concepto de transcendente é aplicado aos obxectos naturais e, por analoxía, ás accións morais. Platón que consideraba que a beleza era algo unívoco en relación co ser como a verdade ou a bondade, xa que ten unha vertente sensible, outórgalle aspectos materiais formais: liña, punto, medida, simetría, cor pura e harmonía (na música). Aristóteles desenvolveu na Poética os aspectos materiais e formais da beleza. Os artistas do Renacemento elaboraron a beleza como a praxe, desde o estudo das proporcións das diferentes partes dun todo (obxecto), ata considerala só o obxecto que alcanza tal concepto no consenso social. No s XVIII, coa noción de gusto e a consideración do obxecto...
-
Número cuántico característico do quark b (bottom ou beauty) e dos hadróns que o conteñen. É un dos sabores dos quarks.
-
Establecemento no que se reciben diferentes coidados físicos.
-
Conxunto de produtos que teñen como función o coidado da beleza física.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou no Conservatorio de Pamplona, no Superior de Donostia e no Superior de Santiago de Compostela. Foi profesor do Conservatorio Superior da Coruña (1995-1998), e dende 1999 xefe de estudios da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia. Foi cofundador e presidente do Grupo de Pamplona (de compositores), asesor da Federación Navarra de Coros e crítico musical de Navarra hoy. Entre as súas obras destacan: Tres pequeñas piezas (1985); Zeus (1988), Amor constante más allá de la muerte (1991); Rapsodia nº1 (1995) e Al margen (1998), entre outras. É membro da Asociación Galega de Compositores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Chantada. As súas armas levan, en campo de azul, unha ervella. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Bezán, Bezana e Veza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestre e pedagogo. Desenvolveu o seu labor profesional entre Santiago de Compostela e Madrid. Publicou Cartas y poesías inéditas de Gabriel y Galán (1909).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de bravo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ervellaca.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán en lingua soraba, un dos máis representativos desta minoría nacional. Publicou, entre outras, unha triloxía de carácter autobiográfico, Felix-Hanusch (1958-1964), e unha novela, Krabat ou a transformación do mundo (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada na Pobra do Murón, no concello da Fonsagrada. Antiga fortaleza dos condes de Altamira, está declarada Ben de Interese Cultural desde 1994.
-
-
-
Parte superior do corpo do ser humano e anterior e superior doutros animais, que contén os principais órganos dos sentidos e os centros nerviosos. A cabeza dos vertebrados comprende dúas partes fundamentais: o cranio, unha cavidade ósea que contén o encéfalo e está situado nun lugar superior e posterior; e a cara, na que se atopa o inicio dos condutos respiratorio e dixestivo e gran parte dos órganos dos sentidos, situada nun lugar inferior e anterior.
-
Zona da cabeza das persoas excluíndo a cara.
-
-
Facultade ou capacidade humana que é sede do pensamento, do intelecto, do talento ou do xuízo.
-
-
Cada persoa individual membro dun colectivo.
-
Cada animal membro dun rabaño considerado individualmente.
-
por cabeza
Indica a parte que lle corresponde a cada individuo cando se reparte algunha cousa.
-
-
-
Lugar preferente ou central.
-
...
-
-
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que sobresaían pola súa cabeza, probablemente polo seu gran tamaño. Procede da forma do latín vulgar capitia ‘cabeza’. Documéntase no s XII: “Martinus Cabeza” (doc ano 1184 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 400).
-
Liñaxe castelá moi estendida polas provincias de León, Asturias e Santander, e bastante frecuente en Galicia. As súas armas levan escudo acuartelado: o primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro; o segundo e terceiro cuartel, en campo de goles.
-
-
PUNTA
Punta do litoral da península do Grove, na parroquia e concello homónimos, na beira meridional da ría de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. En 1887, logo de acadar o título de doutor, comezou a súa carreira docente como profesor de dereito mercantil e internacional na Universidade de Santiago de Compostela, na que ocuparía as cátedras de Dereito Internacional dende 1903 e a de Dereito Canónico dende 1919. Como investigador realizou diversos traballos sobre materia xurídica, entre os que destacan El sistema de la personalidad en derecho (1903) e varios traballos sobre Díaz de Rábago e Saavedra Fajardo. Así mesmo, estudiou a actividade universitaria de Ramón de la Sagra e Domingo Fontán, e reuniu numerosos datos para a Historia de la Universidad de Santiago, editados postumamente por Enrique Fernández-Villamil en 1946; ademais escribiu o primeiro estudo xurídico escrito en galego, “A insinanza do direito román na Universidá de Sant-Yago hastra o plan de estudos de 1772” (1927). O prestixio acadado como especialista en dereito internacional foille recoñecido pola Carnegie Institution e polo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno subsistema montañoso da vertente oriental da serra de Queixa, no chamado macizo de Manzaneda. Esténdese polo territorio das parroquias de Cernado, Paradela ambas as dúas no concello de Manzaneda, Pena Petada e Somoza (concello da Pobra de Trives), sobre un contexto litolóxico dominado polo granito e afectado polo modelado glaciar. O seu cumio é o pico da Cabeza Grande, que acada os 1.782 m de altitude, na parroquia de Cernado. En Cabeza de Manzaneda radica a única estación de inverno existente na Comunidade Autónoma, creada en maio de 1972, con pistas habilitadas para a práctica do esquí. Ademais da práctica dos deportes especificamente invernais, a oferta lúdica da estación de montaña diversificouse, favorecida pola introdución de novas disciplinas deportivas e actividades na natureza, e, sobre todo, polo proceso de popularización das vacacións e do tempo de lecer. Deste xeito, Cabeza de Manzaneda converteuse nun centro de ocio aberto todo o ano, que é aproveitado entre outras...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno sistema montañoso do L de Galicia que se estende entre as parroquias de Caxide, As Paradellas (concello de Parada de Sil), As Chás (concello de Montederramo) e Xunqueira de Espadanedo (concello de Xunqueira de Espadanedo). O seu cumio, o monte Meda, con 1.320 m de altitude, atópase no vértice destas catro parroquias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Andalucía, estendida por toda a Península, que entroncou con moitas familias nobres galegas. As súas armas levan escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles; bordo de azul con seis cabezas de vaca, de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvar Núñez Cabeza de Vaca
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao extremo SL da provincia no límite coa de Córdoba, en Andalucía (6.222 h [1996]). O termo, moi montañoso, está drenado polo río Zújar, que serve de límite entre as dúas comunidades. A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente na gandería ovina e porcina, e nos seus produtos derivados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabeza de Manzaneda.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no val do Ardila, en Sierra Morena (1.684 h [1996]). A súa topografía accidentada restrinxe as actividades agropecuarias, base da economía municipal, á gandería ovina e porcina.
VER O DETALLE DO TERMO