"FAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 71.
-
-
Árbore de ata 40 m altura, de cortiza lisa e cinsenta, e copa ampla de follaxe densa, caracterizada por presentar gromos delgados e aguzados; follas elipsoidais e enteiras, con pelos nos nervios do envés e pecíolo curto, dispostas de xeito alterno; flores masculinas -en amentos pendurantes e globosos- e femininas -dúas ou tres flores dentro dun involucro- en acios separados sobre a mesma árbore e de polinización entomógama; e froito en aquenio trígono, de 25 mm de lonxitude, dehiscente en 4 valvas e dispersión zoócora. As sementes, comestibles para o home, empréganse para cebar o gando e obtíñase un aceite que se empregaba para cociñar no N de Europa. As faias producen os primeiros froitos entre os 20 e os 25 anos, aínda que non son viables ata que a árbore ten 40 anos -no caso de exemplares illados- ou 55 anos nos bosques densos. A madeira é dura, de gran fino e cor amarela, con pequenos riscos acastañados. Emprégase en ebanistería e tornería. Tamén resulta un bo combustible e é apreciada...
-
Madeira desta árbore.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino derivado dun fitónimo; concretamente, do nome dunha árbore, a faia. Esta voz común procede, á súa vez, do sintagma latino [materia] fagea ‘madeira de faia’; xa que logo, en orixe era un adxectivo (lat fagea [adx] ‘de faia’ < lat fagus [s] ‘faia’) que co tempo mudou de categoría e se converteu en substantivo.
-
-
Último piso da casa situado inmediatamente debaixo do tellado e que adoita ser de madeira.
-
Teito dun cuarto feito con táboas de madeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de faias.
-
ILLAS
Illa do arquipélago dos Açores, no extremo occidental do grupo central (168 km2; 14.920 h [1996]). De orixe volcánica, é a illa do arquipélago onde os movementos sísmicos son máis intensos. No centro da illa está o volcán extinguido da Caldeira ou Cabeço Gordo, que culmina a 1.021 m de altitude e que acolle no seu interior unha caldeira de 500 m de fondo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de ferro, de fórmula Fe2SiO4. Cristaliza no sistema rómbico e é de cor marrón escura ou negra. Constitúe o extremo da serie da olivina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar o faiado a unha casa ou a un cuarto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Cambre. As súas armas levan, en campo de prata, un león, de sinople, adestrado dunha estacada mesma cor.
-
GALICIA
Escultor. Aprendeu o oficio de canteiro en Piñor, onde transcorreu a súa infancia. Con dezaseis anos trasladouse a Ourense para estudar na Escola de Artes e Oficios, onde foi profesor de modelado e baleirado (1940-1956). En 1934 obtivo unha bolsa da Deputación para ampliar os seus estudios como alumno libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid durante ano e medio. En 1949 fixo a súa primeira exposición en Ourense e, ao ano seguinte, expuxo en Vigo no Foto-Club, mostra que serviu para o seu descubrimento como escultor. En 1951 participou na exposición colectiva da arte galega organizada pola Galería Velázquez de Bos Aires e, dous anos despois, realizou unha individual na que acadou un grande éxito e o recoñecemento da crítica, apoiada polos intelectuais galeguistas da época. Desde 1956 dedicouse a traballar nas numerosas encargas que recibiu de particulares e organismos públicos, sobre todo de estatuaria pública. Ao mesmo tempo, realizou numerosas exposicións tanto...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘navalla’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘pao de espadas da baralla’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: faiado.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Barcelona en 1990, editada conxuntamente por Faipac e Ediciós do Castro. Subtitulouse “Formas de análise e de intervención no patrimonio construído”. Centrada no eido da arquitectura, incluía estudios, textos e documentos, algúns de carácter histórico, en que se trataba a construción de teatros, estacións de ferrocarril, monumentos, etc. Ademais, engadíronse, xunto aos textos, numerosas fotografías e gráficos detallados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de política económica e social definido polo presidente estadounidense Harry Truman en 1949. Pretendía continuar a política de New Deal, profundizando máis nas cuestións de carácter social (educación, seguridade social e emprego).
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro inglés. Foi un pioneiro na utilización do ferro para a construción de naves e pontes. Colaborador de R. Stephenson e membro da Royal Society (1850), escribiu numerosas obras sobre as aplicacións do ferro na enxeñería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Douglas Elton Ullman.
-
PERSOEIRO
Militar inglés. Terceiro barón de Fairfax of Cameron, dirixiu as forzas parlamentarias durante a Guerra Civil, reorganizou o exército e obtivo a vitoria de Naseby (1645). Opúxose á condena do Rei Carlos I (1650) e negouse a encabezar a expedición contra os escoceses, polo que foi substituído por O. Cromwell.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia do Punjab, Paquistán, na marxe dereita do río Chenāb (1.104.209 h [1981]). As principais actividades económicas son a agricultura e a industria alimentaria. Tamén é un importante centro comercial. Foi fundada por sir James Lyall en 1895, polo que se denominou Lyallpur. En 1977 cambióuselle o nome, en recoñecemento ao Rei Fay Palatino; ṣ āl de Arabia Saudí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de ata 88 cm de lonxitude, de cola longa e apuntada, con 87 cm de envergadura e preto de 2 kg de peso. Os machos, máis grandes ca as femias, presentan cores moi vivas, con tons azulados, violáceos e verdes, a cabeza e o pescozo negros, e o peteiro de cor branca. As femias son de cor acastañada clara e os ollos teñen circundados de vermello. Aliméntanse principalmente de sementes, follas e invertebrados. Habitan preferentemente pasteiros e cultivos con abundantes sebes. Son aves terrestres e corredoras que aniñan no chan pero descansan, as máis das veces formando grupos nas árbores. Durante o período de reprodución o macho defende un territorio onde hai varias femias. Orixinarias de Oriente Medio, foron introducidas na Península Ibérica en tempos do Imperio Romano. Existen poboacións illadas en Galicia e noutros puntos do norte que se reforzan periodicamente por reintroducións, debido ao interese cinexético da especie.
-
ILLAS
Pequena illa do Mar Cantábrico, na desembocadura do río Bidasoa, entre Hondarribia (Gipuzkoa) e Hendaye (Pyrénées Atlantiques, Francia). Escenario de contactos e transaccións políticas entre as coroas francesa e española, dende 1902 constitúe un condominio de España e Francia, que comparten a súa soberanía.
VER O DETALLE DO TERMO