"FORTA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 44.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de fortalecer ou fortalecerse.
-
-
Proporcionar fortaleza física ou moral.
-
olverse forte ou máis forte física ou moralmente.
-
-
-
-
Calidade do que ou de quen ten forza física.
-
Bo estado físico.
-
-
-
Forza moral que ten alguén para enfrontarse a algo.
-
irtude cardinal que consiste en vencer o medo e fuxir da temeridade.
-
-
Praza ou recinto fortificado.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Ceará, Brasil, na costa do Atlántico (1.965.513 h [1996]). É o porto principal do estado e un dos centros rexionais de máis gran dinamismo demográfico. Explota sal mariña. É o terceiro produtor de asfalto do país. Tamén se dedica á fabricación de tecidos de algodón e á elaboración de azucre. Fundada en 1611, recibiu en 1729 o nome de Vila da Fortaleza da Nossa Senhora da Assunção e constituíuse como cidade en 1833. Do seu patrimonio cultural destacan o teatro e praza José de Alemcar, a fortaleza da Nossa Senhora da Assunção e o parque botánico do Cocó.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción defensiva situada na serra do Galiñeiro, na parroquia de Vincios (Gondomar). Erixida nos primeiros séculos da era cristiá, consérvanse varios tramos da muralla e restos de diversas construcións. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Goián (Tomiño) que defendía a fronteira portuguesa. Construída en 1673, estaba rodeada por muros de pedra e terra. Consérvase a muralla, a porta e a ponte que conducía a esta, formada por cinco arcos. Na porta consérvase unha inscrición coa data da súa construción. Tiña construcións adxacentes como capela, almacéns, polvoríns, cortes e barracóns para as tropas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é confortable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Edra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Maceda. De planta cuadrangular, data cara ao s XII, e está encaixada nunha muralla que aínda presenta restos de dous torreóns redondos, barbacás e un corpo trapezoidal. O acceso era por unha porta en arco e o corpo tiña unha ampla solaina de balaústres e balconada. Foi utilizada basicamente como residencia, e entregada a María Fernández, filla de Tareixa de Portugal e Pedro Froilaz, conde de Traba, polo seu casamento con Xoán Ares de Novoa (s XIII). Na Segunda Guerra Irmandiña (1467), o castelo de Maceda foi asaltado e derrubado en parte por Diego de Lemos, fillo de Afonso López de Lemos. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Manzaneda. Puido erixirse cara ao s XII e pertenceu aos condes de Lemos. Despois de que fora destruída nas Guerras Irmandiñas, no s XVI recuperou a súa forma. Do conxunto orixinal consérvanse restos da muralla, tamén coñecida como A Cerca e onde destaca o arco da Porta da Vila e parte da torre da homenaxe. A muralla presenta unha anchura media na base de 5 m e na coroación de 2’5 m. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Mens (Malpica de Bergantiños). Construída por Lope Sánchez de Ulloa y Moscoso no s XV para defender a comarca de Bergantiños, componse dunha vivenda e tres torres de planta cadrada. Realizouse con cachotaría e cantaría, reservada esta para as partes nobres da construción. O edificio principal presenta planta en forma de L, de dúas alturas, e remata cun torreón de tres. Ademais do balcón de madeira, apoiado sobre ménsulas de pedra nun dos recantos do piso superior, destaca a solaina e as dúas chemineas, que foron restauradas en 1988. En 1872 a casa de Altamira vendeu a propiedade, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Moreda (Monforte de Lemos). Realizouse entre os ss XIII e XV, formou parte do recinto medieval da cidade, e converteuse nun símbolo do poder dos condes de Lemos nesas terras. Destaca a torre da homenaxe, que se realizou en cantaría, con planta cadrada e catro andares que lle conferiron unha altura próxima aos 30 metros. Ten unha escaleira de acceso á parte superior, con remate ameado, desde a que se divisa todo o val de Lemos. No interior acolle unha exposición de mobles restaurados que doou o doutor X. López Suárez. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Mota (Guntín). Fundouna o conde de Lugo, Ero Ordoñez, no s IX, e foi destruída polos irmandiños no s XV. En 1613, xa como parte do señorío do bispado de Lugo, comezou a súa reconstrución. Ten varios corpos arrimados, dos que destaca unha torre central cuadrangular, e conserva parte das súas murallas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Carteire (Palas de Rei). De orixe medieval, pertenceu a Xoán López Pardo Andrade en 1585.Ten planta rectangular e irregular adaptada ao cumio rochoso que lle serve de chan. Realizada en cachotaría e cantaría de granito, conserva dous escudos no interior. Ten unha capela de planta rectangular con cuberta a dúas augas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que reconforta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Xiá (Friol). Construíuse sobre un antigo castro nos ss XII-XIII. Destruída durante as Guerras Irmandiñas, foi reconstruída no ss XVI e posteriores. Consta de tres corpos: o central de planta rectangular, a torre da homenaxe e un torreón, e dúas alturas. A torre da homenaxe ten planta case cadrada, consta de 4 pisos e remata con ameas. Na fachada principal atópase a porta de entrada, de arco de medio punto e que conserva un escudo de armas. Pertenceu, entre outros, aos Ulloa, Seixas e Ordóñez. No seu interior acolle un museo etnográfico e histórico. Foi declarada BIC en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Sande (Cartelle) nun outeiro sobre o Arnoia. De orixe medieval, o Rei Afonso VII cedeuna ao mosteiro de Celanova no s XII. Consérvase a torre en que se atopa un escudo. Foi declarada BIC en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Sandiás. Sufriu os ataques das tropas inglesas do duque de Lancaster e dos irmandiños (1471). Só se conserva a torre. Pertenceu aos señores de Maceda, ao conde de Benavente, ao marqués de Viana e á casa Santana e Monterrei. Foi declarada BIC en 1994.