"Felipe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 47.

  • GALICIA

    Pintor. Realizou, entre outras obras, a pintura do coro de Santa María de Beán (Ordes, 1577) e do altar de Nosa Señora en San Martiño de Noia (1581). Asociouse en 1583 con Juan Bautista Celma e Domingo González. En 1586 realizou a obra de pintura das festas da confraría do Rosario de Santiago e en 1587 pintou a porta do Camiño da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. De orixe non galega, foi veciño de Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, unha nave de madeira para a capela da Corticela (1520) e as portas do Obradoiro por encargo dos mestres M. de Blas e G. Colás (1521?). Traballou no túmulo erixido na catedral por mor das exequias de Carlos I (1558) e, ademais da catedral, realizou obras no Hospital Real e no antigo hospital de San Miguel do Camiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Veciño de Santiago de Compostela, realizou unha imaxe de san Cristovo co Neno en 1566. Pintou, entre outras obras, o coro da capela de San Roque de Santiago (1577) e a historia de san Eustaquio por encargo da confraría da Quinta Angustia para as festas da Resurrección de 1583.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido como Augusto Assía, pseudónimo extraído dun personaxe viaxeiro dunha obra de Tolstoi. Comezou estudiando filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu a “Página Universitaria” de El Pueblo Gallego. Posteriormente, trasladouse a París e logo a Berlín, onde foi nomeado lector de literatura española da Universidade Humboldt, e foi correspondente do xornal La Vanguardia. Expulsado de Alemaña en 1933, tralo ascenso de Hitler ao poder e logo de escribir unha crónica sobre uns sacerdotes asasinados, La Vanguardia enviouno como correspondente a Londres, onde permaneceu ata o comezo da Guerra Civil española, momento no que se incorporou voluntariamente ás tropas sublevadas de Franco. Ao remate da guerra volveu a La Vanguardia como correspondente en Londres, onde realizou unha das súas entrevistas máis destacadas a Winston Churchill, tamén alí puido relatar directamente a Batalla de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago (1797-1800). Foi cóengo e mestrescola na catedral de Zaragoza, antes de ser nomeado en 1794 bispo de Salamanca. Gobernador do Supremo Consejo, durante o seu arcebispado mandou cubrir con lousas de cantería a rúa que baixa desde a Acibechería ata a praza do Obradoiro e que pasa por baixo do Pazo Episcopal. Afeccionado á numismática, foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Sevilla, iniciou a súa actividade política coa afiliación ás Juventudes Socialistas en 1962 e posteriormente, en 1964, ao PSOE. Comezou a súa actividade profesional como avogado laboralista e como docente na facultade de Dereito da universidade sevillana. Entrou a formar parte da comisión executiva do partido en 1970 e, catro anos máis tarde, foi elixido secretario xeral no Congreso de Suresnes (outubro de 1974). Trala morte de Franco liderou a Plataforma de Convergencia Democrática e formulou a conversión do PSOE nun partido interclasista, dentro da corrente da socialdemocracia europea, que o nomeou vicepresidente da Internacional Socialista (IS) en 1978. A súa proposta foi desbotada no XXVIII Congreso do partido (maio de 1979), polo que dimitiu como secretario xeral, aínda que, meses máis tarde, un novo congreso extraordinario elixiuno novamente. Deputado ao Congreso por Madrid desde 1977, foi presidente do goberno tralas vitorias do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, duque de Medina de Torres (1626-1668) e marqués de Toral. En 1625 casou con María de Guzmán, filla do conde-duque de Olivares, o que o converteu en protexido deste. Foi tesoureiro do consello de Aragón, presidente do consello de Italia e vicerrei de Nápoles (1637-1644).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • León Felipe Camino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Nadador. Especializado na modalidade de bolboreta, foi campión de España en 100 m (1998) e finalista da Copa do Mundo en 200 m (1997). Posúe as marcas nacionais en 200 m bolboreta, 50 m costas e 100 m estilos. Recibiu a Carabela de Plata en 1996 e 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, museólogo e ilustrador. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, traballou baixo a dirección de M. Chamoso Lamas na creación e instalación do Museo das Peregrinacións e como supervisor de campo no Castro de Viladonga. Foi director-conservador do Museo Arqueolóxico da Coruña (1975) centrándose na dinamización e sensibilización arqueolóxica e patrimonial da cultura galega. Preocupado pola consolidación, supervisión e posta en valor do Castro de Elviña (1978-1985), coordinou traballos de prospección arqueolóxica submarina na baía da Coruña. Desde 1996 foi técnico de Xestión Cultural e museólogo da Deputación da Coruña e foi nomeado secretario xeral da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (2003). Dirixiu o boletín Brigantium e participou na fundación do xornal A Nosa Terra. Destacan as súas obras Artesanía de Galicia (1981), Museos de La Coruña   (1989), Ferro Couselo (1996), Festas Populares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedad Española de la Ciencia de Suelo, foi director da ETSI Agrónomos de Lugo e director da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio. Publicou numerosos traballos de investigación e monografías tanto en revistas nacionais coma estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Catedrático de Filosofía na Universitat de Barcelona desde 1986 e especialista en historia da filosofía, estética e filosofía da cultura, desenvolveu un labor de relectura das tradicións grega e moderna. Investigou a historia da filosofía e as súas conexións coa linguística e a filoloxía, sobre todo da antiga Grecia e da Idade Moderna. Das súas obras destacan Ensaios marxistas (1978) e (Re)introdución ao marxismo (1980) que son unha das primeiras reflexións filosóficas que se redactaron en galego. Traduciu do grego ao galego Antígona de Sófocles (1976), e do alemán ao castelán o libro de I. Kant La religión dentro de los límites de la mera razón (1969). Das súas obras destacan Historia de la filosofía (1973), De la revolución (1976), Ensaios marxistas (1978), Releer a Kant (1989), De Grecia y la Filosofía (1990), Cálculo y ser: aproximación a Leibniz (1991), De Kant a Hörderlem (1992), Ser y diálogo: leer a Platón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, primeiro marqués de Leganés (1627) con Grandeza de España (1634) e comendador maior de León na orde de Santiago. Curmán do conde-duque de Olivares, foi presidente do Consello de Flandres e gobernador de Milán (1635-1637), onde recobrou a Valtellina. Derrocado máis tarde polo mariscal francés Henri de Lorraine, conde de Harcourt, retornou a Madrid, e posteriormente foi lugartenente de Catalunya (1645-1647) ao servizo de Filipe IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista mexicano. Preocupado pola revolución, a figura de Pancho Villa inspirou unha gran parte da súa obra, da que destaca Memorias de Pancho Villa (1923), El feroz cabecilla (1928) e Se llevaron el cañón para Bachimba (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo (1786-1811). Foi cóengo da catedral de Oviedo (1772) e vigairo da súa diócese. Reformou o seminario de Lugo a partir de 1792 coa fundación de dúas cátedras de Teoloxía. Para impartir esta disciplina, concordou cos conventos de San Francisco e San Domingos da mesma cidade que os profesores que alí traballaban tamén o fixeran no seminario. En 1803 conseguiu que os estudos se incorporaran á Universidade de Santiago de Compostela

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Experto da FAO en temas de pesca e asesor científico da Organización de Productores de Pesca Artesanal de Pontevedra, realizou traballos sobre planificación e explotación de cultivos flotantes. Destacan os artigos “Composición bioquímica y crecimiento del mejillón Mytilus galloprovincialis cultivado en batea” (1993) e “Comentarios sobre produción, depuración y control de mejillón en España”. Escribiu Anfibios gallegos (1980), Prácticas de botánica para alumnos de EGB, BUP y COU (1980) e La acuicultura en Galicia, perspectivas (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1869), en 1886 instalouse en Vigo, onde foi arquitecto municipal ata 1894. Desde este posto realizou un proxecto para a aduana, que non se realizou, e a rehabilitación do antigo cárcere e pazo de xustiza. Rematou tamén as obras do mercado do Progreso que iniciara B. Gómez Román. Os seus proxectos caracterizáronse polo eclecticismo historicista e pola escolla do estilo segundo a función do edificio, empregando o neogótico nas obras relixiosas. Das súas obras destacan a actual sede da Fundación Caixa Galicia (1891), a casa de M. Núñez Berdiales (1890), a casa de Estanislao Durán (1901), a igrexa de Santiago de Vigo (1891-1907) e a igrexa e o asilo das Irmás dos Anciáns Desemparados (1892-1910). Como arquitecto da diocese de Tui, realizou a igrexa de Santa María de Porriño (1907-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. O seu estilo, suave e amable, lembra o do seu mestre A. Cano. Realizou o Retablo de la Concepción, na igrexa da Concepción de Lebrija, o Retablo de San Juan Bautista (1637) no convento de Santa Paula en Sevilla, e parte do Retablo de San Lorenzo (1648).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi senador pola provincia da Coruña (1910). Renunciou a acta en 1911 despois do seu nomeamento como gobernador civil da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. De ideas conservadoras, foi presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1915-1917), redactor do Diario de Pontevedra e decano do Colexio de Avogados. Escribiu Notas para reformar las leyes provincial, municipal y del sufragio (1899) e Notas para los senadores y diputados de la región gallega (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO