"Gante" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 57.

  • Figura que representa unha cabeza de dragón, ou de león, coa boca aberta tragando ou trabando outra figura, xeralmente unha banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten graza e harmonía.

    2. Que presenta distinción ou bo gusto no vestir, nas maneiras ou no comportamento.

    3. Que mostra refinamento e bo gusto.

    4. Aplícase ao viño equilibrado e ben acabado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que embriaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico. Chamado Doctor Solemnis, foi arcediago en Bruxas (1276) e Tournai (1279), e mestre de Teoloxía en París (1276-1292). Condenou o averroísmo (1277), opuxo o agustinismo ao tomismo e proclamou a superioridade absoluta da vontade sobre o entendemento. Escribiu quince Quodlibeta (1276-1291) e deixou unha   Summa theologica inacabada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Portugal, fillo de Xoán I e de Filipa de Lancaster. Organizou a flota que tomou Ceuta (1415) e, ao regresar a Portugal, foi nomeado cabaleiro, duque de Viseu e señor de Covilhã. Elixido rexedor e administrador da Ordem de Cristo (1416), dirixiu e organizou a expansión portuguesa polo Atlántico e as costas africanas. As súas flotas chegaron ao arquipélago de Madeira (1419-1420), aos Açores (1427?), ao cabo Bojador (1434), ao Río de Oro (1436), ao golfo de Arguim (1443), ao río Senegal (1445) e ao arquipélago de Cabo Verde (1457-1460). Promoveu a colonización das Ilhas dos Açores e Madeira. Preocupouse tamén pola introdución de melloras na agricultura nas terras da Ordem de Cristo en Tomar, e reorganizou os estudios da Universidade de Lisboa (1431 e 1440), onde introduciu, entre outras disciplinas, as matemáticas e a astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da península do Barbanza, no litoral da parroquia e concello de Ribeira, na ría de Arousa, situada ao S da praia de Area Secada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra. A súa traxectoria teatral está ligada á compañía de monicreques Faba Na Ola, coa que realizou diversos traballos como adaptadora, manipuladora ou directora entre finais dos anos oitenta e principios dos noventa. É autora de diversos guións escénicos para teatro de bonecos, entre os que destaca A illa das sorpresas, e coautora do libro Como facermos títeres, sombras, carautas e cabezudos (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de València e diplomado en arquitectura técnica pola Universidade da Coruña. Desenvolve o seu labor nos ámbitos do vídeo, arquitectura, teatro e fotografía. Expuxo a súa obra en Donostia (1994), na Sala de Exposiciones da Universitat de València (1995), no IVAM de València (1996), na Fundació Antoni Tàpies de Barcelona (1996) e na VII Fotobienal celebrada en Vigo en 1996. Participou en diferentes festivais de vídeo, como os celebrados no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (1995), no Festival de Vídeo de Navarra (1995) e no Centro Galego de Artes da Imaxe (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen resulta raro por non ser habitual ou normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa fatiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fumea.

    2. Aplícase ao ácido que, en contacto coa humidade do aire, desprende vapores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das substancias empregadas na fase gasosa para eliminar unha forma de vida non desexada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Flandres Oriental, Bélxica, situada na confluencia dos ríos Escalda e Leie (224.074 h [1998]). A través de canais navegables a cidade enlaza con Bruxas e Ostende. O porto únese ao mar do Norte a través do canal de Terneuzen. É unha cidade industrial, con fábricas téxtiles, metalúrxicas, químicas, alimentarias, automóbiles e unha refinería de petróleo. A orixe de Gante remóntase ao 630 coa fundación por parte de santo Amando de Maastricht da abadía de Bavó. No s IX o conde de Flandres construíu alí o seu castelo ao redor do que se desenvolveu a vila. Convertido nun importante centro téxtil, durante a Guerra dos Cen Anos o tribuno Jacob van Artevelde recoñeceu o rei de Inglaterra como o señor lexítimo e instaurou un goberno democrático. As guerras relixiosas (ss XVI-XVII) causaron a decadencia da cidade, pero a partir de 1750 a economía volveu recibir un novo pulo grazas á produción de téxtiles de fío e á introdución do algodón. A mecanización da industria téxtil e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. De orixe flamenga, traballou en Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para Santa Eulalia de Arca (O Pino, 1561), diversas obras para o convento de San Francisco de Viveiro (1562), unha cruz para a igrexa de Santiago de Pontedeume (1563), unha cruz para o mosteiro de Santa María de Oseira (1564-1566) e unha vasilla para a auga bendita acetre co seu hisopo para San Salvador de Celanova (1565). Por motivos que se descoñecen foi desterrado de Santiago en 1566. Ao seu regreso realizou, entre outras obras, unha cruz para Santiago de Franza (Mugardos, 1568), dous candelabros de prata (1571) e un cáliz de prata (1574) para a catedral de Tui, unha custodia para a capela da Corticela (1578) e unha lámpada de prata para San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 8 de novembro de 1576 na cidade de Gante entre as provincias protestantes do N e as católicas do S, por mor do saqueo de Anveres realizado polos tercios casteláns amotinados. No pacto, recoñecido por don Xoán de Austria mediante o Edito Perpetuo (1577), pediuse a retirada inmediata dos tercios de Flandres, proclamouse a tolerancia relixiosa e esixiuse a devolución de todos os bens confiscados durante o goberno do duque de Alba. O acordo foi roto pola Unión de Arrás (1759) na que as provincias católicas volveron recoñecer a autoridade de Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político inglés, duque de Lancaster e de Aquitania (1390-1399), fillo de Enrique III de Inglaterra. Casado desde 1359 con Branca de Lancaster, de quen herdou o título ducal, apoiou o exército de Pedro I o Cruel que derrotou a Enrique de Trastámara na Batalla de Nájera (1367). Tras casar en segundas nupcias cunha filla de Pedro I, converteuse nun dos pretendentes ao trono castelán e tentou en varias ocasión invadir Castela coa axuda de Pedro IV de Aragón, Carlos II de Navarra e Fernando I de Portugal. Tras someter ao control inglés o S de Francia, as súas tropas desembarcaron na Coruña e ocuparon Santiago de Compostela e Ourense (1387), pero foron derrotadas polos exércitos casteláns. En 1388, tras asinar o Tratado de Baiona, renunciou ás súas pretensións ao trono castelán e concertou o casamento da súa filla Catarina de Lancaster co futuro Enrique III de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Gante ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Gante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto que engadido a outro lle dá a calidade de non absorber auga.

    VER O DETALLE DO TERMO