"García" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 414.

  • Luis García Berlanga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piloto militar. Estudiou Filosofía e Letras. Postumamente foi publicada a súa obra San Valerio. Un asceta español del siglo VII (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte do movemento feminista galego dende os seus comezos nos anos setenta e coordina, xunto con Claudio Rodríguez Fer, a publicación libertaria Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou Conversas con Carballo Calero (1989), Carballo Calero: política e cultura (1991), e fixo, en colaboración con Rodríguez Fer, as edicións de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín (1989) e de Os eidos de Uxío Novoneyra (1990). Como ensaísta ocupouse especialmente da problemática feminista e libertaria, combinando a temática galega coa universal, e como crítica tratou en particular as relacións entre xénero sexual e literatura, sendo pioneira en Galicia destes estudios. Nesta liña publicou os libros: Literatura galega da muller (1991), Escritoras galegas (1992), Libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador agostiño da literatura castelá. A súa obra máis importante é La literatura española en el siglo XIX (1891-1894), onde tamén estudia a literatura galega en catro capítulos dende a época medieval ata os autores do Álbum de la Caridad (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidad de Deusto. Presidente do consello de administración do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1958 e foi nomeado conselleiro en 1960. En 1962 foi nomeado director xeral, vicepresidente segundo en 1971 e conselleiro delegado en 1977. Sucedeu a seu pai na presidencia do Banco en 1989. Pertence aos consellos de administración de Fuerzas Eléctricas de Cataluña, Compañía Española de Petróleo, Banco Comercial Español e Compañía Telefónica Nacional de España. É membro e vicepresidente do xurado dos Premios Príncipe de Asturias, membro do Bank Deposit Guaranty Foundation e da fundación Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz da Orden de Bernardo O’Higgins de Chile. En 1991 recibiu o Premio Futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e banqueiro. Licenciado en Dereito pola Universidad de Deusto. Vicepresidente segundo do Banco Santander Central Hispano (BSCH). Chegou ao Banco Santander en 1957 e en 1960 foi nomeado subdirector xeral. En 1965 entrou na xunta directiva do Banco Intercontinental (Bankinter), da que foi nomeado presidente en 1986. É membro da Fundación Marcelino Botín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou por libre na Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, e posteriormente no taller de Pancho Cossío. En 1952 trasladouse ao Brasil onde foi axudante de Locateli na Academia Nacional de São Paulo e perfeccionou a súa pintura. Realizou exposicións en varios países sudamericanos como Brasil ou Arxentina. En 1969 participou por primeira vez na Bienal de Pontevedra coa obra Pescadores, expuxo nas seguintes convocatorias e en 1975 recibiu a medalla de bronce por Mariscando. Ten obras no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Profesor titular da facultade de Medicina da Universidad Complutense de Madrid e director do Instituto para Enfermidades do Sistema Nervioso Central do Centro de Investigación en Neurociencias Básicas e Clínicas da Coruña. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, en Xapón obtivo o doutorado en Ciencias Médicas e as especialidades de psiquiatría e psicoxeriatría. Deseñou o Osaka University Computerized Electronic Maze System e foi o coordinador da European Dementia Network. Publicou máis de 300 artigos científicos e editou libros sobre psiquiatría, neurociencias, demencia senil e a enfermidade de Alzheimer. Obtivo o Premio da Academia de Ciencias Médicas de Tohoku.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e político. Residente en Catalunya dende 1939, participou no movemento estudantil antifranquista e foi expulsado de España en 1964 pola súa actividade nacionalista. Fundou Edicions 62 e Curial, Edicions Catalanes. Presidente da Universitat Catalana d’Estiu a Prada e profesor de literatura catalá na Universitat Autònoma de Barcelona. Publicou entre outras obras Epistolari del Renaixement (Epistolario do Renacemento, 1977-1978) e colaborou con Joan Coromines no Dicionari etimològic i complementari de la llengua catalana (Dicionario etimolóxico e complementario da lingua catalana, 1980-1981). En 1994 creou o partido político Acció Catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo. Licenciado en Ciencias Políticas e consultor de empresas. Cofundou e presidiu a asociación cultural Abrente Galego en Madrid e o Centro Gallego de Castelló, impartindo ademais clases de gaita. Publicou diversos artigos: “A nosa gaita fala en galego” (1990), “A derradeira lección do mestre” (1992), “Gaita quae non religat” (1995) e “A música tradicional nos nomes propios” (1997). Escribiu, ademais, os libros Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega (1988) e Aires da terra. La poesía musical de Galicia (1993), estudo sobre a primeira agrupación folclórica galega que inclúe a biografía do seu fundador, Perfecto Feijóo, o seu arquivo inédito de partituras tradicionais e un estudo sobre a música galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou a carreira de medicina, que rematou en Valladolid con premio extraordinario en 1875. Exerceu como médico en Madrid e realizou diversas viaxes de estudios aos EE UU. Publicou unha Introdución a la Fisiología (1892) e Nociones clínicas de las aguas minerales (1907), un estudo detallado e ordenado sobre as características e efectos terapéuticos das augas, amodo de prontuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico. Estudiou na Escuela de Cine de Madrid e comezou como guionista colaborando con Carlos Saura. Adscrito ao denominado Nuevo Cine Español, dirixiu, entre outras, Los farsantes (1963), Con el viento solano (1965), Esa mujer (1969), Los días del pasado (1977), La colmena (Oso de Ouro en Berlín, 1982), Los santos inocentes (Premio de Interpretación Masculina de Cannes, 1984), La casa de Bernarda Alba (1987), Después del sueño (1991), Amor propio (1994) e La ciudad de los prodigios (1999). Traballou tamén en numerosas series para televisión como Curro Jiménez (1977), Fortunata y Jacinta (1979) e La forja de un rebelde (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ximnasta. Proclamouse campión de España de barra fixa nos anos 1965, 1966, 1967 e 1968. Obtivo tamén o título de campión da Copa del Generalísimo co seu club, o Real Madrid. Foi integrante da selección española de ximnasia durante oito anos, e con ela acudiu aos Xogos Olímpicos de México 1968, onde sufriu unha grave lesión. Competiu nos Xogos do Mediterráneo de Tunes 1967 e nos campionatos do Mundo de Dortmund 1966 e Ljubljana 1970, onde unha nova lesión obrigouno a abandonar a práctica da ximnasia. Con posterioridade incorporouse ao equipo técnico da Federación Española de Gimnasia como adestrador do equipo nacional masculino, ao que dirixiu entre 1974 e 1978, nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 e nos Campionatos do Mundo de Estrasburgo 1978. A partir desa última data traballou co equipo español de ximnasia artística feminina, co que participou en seis Xogos Olímpicos consecutivos (Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000); en todos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad de Madrid. En 1914 nomeárono profesor do Instituto Rubio de Madrid e publicou Regímenes alimenticios de las enfermedades del aparato digestivo y de la nutrición, premiado pola Real Academia de Medicina, da que entrou a formar parte en 1934. Participou nas I Jornadas Médicas Gallegas (1929) co traballo La úlcera duodenal latente. A partir de 1936 traballou sobre os cancros gástricos e intestinais, as hernias diafragmáticas e sobre a alimentación humana en xeral. Colaborador de publicacións especializadas, como a Revista Ibero-Americana de Ciencias Médicas, ou España Médica, participou na dirección de revistas médicas, como a Revista Médica Gallega. Ocupou a secretaría xeral da Academia Médico-Quirúrgica Española e a presidencia da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición. Foi procurador nas Cortes franquistas, en representación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da Arte. Estudiou na Universidade Pontificia Compostelá e foi ordenado presbítero en 1909. Interesouse pola arqueoloxía da man de Oviedo Arce. En 1916 nomeárono secretario da sección de historia e arqueoloxía galegas da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago e en 1925 membro correspondente da Real Academia Galega, da que sería numerario en 1940. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, encargouse dende 1928 da sección de arqueoloxía e historia da arte e participou no equipo de Terra de Melide, obra colectiva na que foi responsable da parte de arqueoloxía relixiosa. Subvencionado pola Junta de Ampliación de Estudios, entre 1928 e 1931 perfeccionou os seus coñecementos en diversos museos de Francia, Inglaterra e Alemaña. En 1935 foi nomeado membro correspondente do Instituto Español de Estudios Medievales e en 1938 a Junta Técnica del Estado designouno delegado para informar sobre a arte relixiosa compostelá. En colaboración con Sánchez Cantón e Pedret traballou na recuperación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueóloga. Licenciada en Filosofía e Letras (1967), doutorouse en 1981 coa tese Aportación al estudo de la glíptica romana en España: los entalles del Museo Arqueológico Nacional. Entre 1987 e 1988 foi directora xeral de Cultura da Xunta de Galicia; en 1995, logo de ocupar diferentes cargos na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida directora do departamento de Historia I. Colaborou, entre outras, nas seguintes revistas: Gallaecia, Brigantium, Museo de Pontevedra e Boletín Auriense. Escribiu Colección de glíptica del Museo Arqueológico Nacional: serie de entalles romanos (1990). É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, do Seminario de Estudios Galegos da área de Arte/Comunicación e da Asociación Profesional de Arqueólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como o poeta da Mahía, estudiou maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu como ATS en América, onde colaborou en diversas publicacións como Galicia e Opinión gallega. Entre outras obras, publicou: Estampas gallegas (1955), Mi tierra (1962), Del corazón al lector. Poemas, odas e cantares (1968), Os do meu tempo (1971), Frorilexio poético (1987) e Os cabeiros refolgos (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Emigrou aos EE UU onde comezou a pintar. En 1934 instalouse en Madrid e posteriormente trasladouse a Ferrol. A súa obra caracterízase pola descrición de paisaxes e de personaxes populares cunha forte influencia da estética dos muralistas mexicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Ciencias Humanas. Deputado no Parlamento galego polo Partido Popular (PP) dende a terceira lexislatura (1989-1993), foi asesor do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e secretario provincial de Alianza Popular (AP) e do PP en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista e propagandista libertario. Comezou traballando no Instituto coruñés e posteriormente se vinculou á escola laica da Antorcha, na que se dedicou á súa reorganización e a impartir clases. En 1898 fundou a Sociedad Cooperativa de Obreros e mantivo unha intensa actividade como asesor e inspirador de diversas sociedades de resistencia e do primeiro agrarismo nos arrabaldes da Coruña. Como secretario da Sociedad de Oficios Varios acusárono de ser o principal responsable dos sucesos de maio de 1901 e condenárono a 12 anos de cadea. Indultado no 1902, fundou o cadro de declamación do Centro de Estudios Germinal.

    VER O DETALLE DO TERMO