"Hall" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 59.
-
PERSOEIRO
Xeólogo estadounidense. Foi director do Geological Survey do estado de New York e do museo de historia natural de Albany. É coñecido polas súas teorías relacionadas co concepto do xeosinclinal que postulou ao tratar de explicar as formacións paleozoicas dos Apalaches. Escribiu Geology of New York (1843) e Paleontology of New York (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena británico. Participou na creación da Royal Shakespeare Company e do National Theatre, onde traballou para a recuperación dos textos clásicos da literatura dramática inglesa, ao tempo que presentaba autores novos tan significativos como Samuel Beckett ou Harold Pinter. Tamén dirixiu películas, entre as que destacan A Midsummer Night’s Dream (1968) e Never Talk to Strangers (1995). Recibiu o título de sir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista estadounidense. Discípulo de L. Bloomfield, dedicouse ao estudo das linguas e da lingüística xeral e á filoloxía románica. Destacan os seus estudios Bibliography of Italian Linguistics (1941), Descriptive Italian Grammar (1948), Short History of Italian Literature (1951), Manuel of Applied Linguistics: Italian (1960), Pidgin and Creole Languages (1965), An Essay on Language (1968) e La struttura dell´italiano (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Místico musulmán. Predicador, estableceuse en Bagdad, onde tiña un gran número de seguidores. A ortodoxia sunnita acusouno de divulgar os segredos da mística e de prescindir da necesidade de intermediarios entre Deus e o home, polo que foi encarcerado, acusado de xiísmo en 907 e 909 e martirizado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (5.454 km2; 275.004 h [estim 2000]). A capital é Halmstad.
-
CIDADES
Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, á beira do río Saale, afluente do Elba (254.360 h [2000]). É un núcleo industrial, que destaca pola minería de lignito e potasa, azucre, maquinaria, industria alimentaria, cemento, produtos químicos e aparellos eléctricos. É sede da Martin Luther Universität Halle-Wittenberg. Pertenceu á Liga Hanseática e do seu patrimonio cultural destacan os edificios de estilo gótico tardío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Colaborou con R. Jakobson na publicación de Fundamentals of Language (1956), sobre a interpretación binarista das oposicións fonolóxicas, e da súa colaboración con N. Chomsky resultaron estudios fundamentais sobre a fonoloxía xenerativa, como The Sound Pattern of Russian (1959) ou Sound Pattern of English (1969). É membro da Linguistic Society of America.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de igrexa gótica na que todas as naves teñen a mesma altura e anchura e están cubertas co mesmo teito. A nave central recibe claridade a través das fiestras das naves laterais.
-
PERSOEIRO
Anatomista, botánico, fisiólogo, médico e poeta. Tiveron moita relevancia en medicina os seus estudios sobre a contractilidade do tecido muscular e a sensibilidade do sistema nervioso. Ademais, foi un dos primeiros en establecer unha relación directa entre o bocio endémico e a xeoloxía da rexión. Como botánico, escribiu unha crítica libre sobre a obra de Linné e creou as bases dun sistema de clasificación fundamental no parentesco natural. Como poeta é autor de diferentes libros de poesía lírica e descritiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mercado de París que fixo construír Luís VI arredor de 1130. O proxecto definitivo, realizado por Victor Baltard, consistiu en dous pavillóns de ferro e vidro (1845-1866), que foron derrubados no ano 1973. Converteuse nun gran centro comercial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cometa descuberto por E. Halley. Foi o primeiro cometa do que se anunciou o seu regreso. Ten un período de 76 anos e é visible desde o perihelio. A excentricidade da órbita é de 0,967, e ten unha inclinación de 162°12’55’’. En 1705 Halley constatou que os cometas aparecidos nos anos 1531, 1607 e 1682 eran o mesmo, e anunciou o seu regreso en 1758. A última vez que este cometa pasou preto da Terra foi en 1986 e volverá pasar no 2061. Durante a aparición de 1985-86, diferentes sondeos automáticos estudiaron a propiedade da composición e determinaron as súas dimensións.
-
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. Estudiou e foi profesor na Universidade de Oxford. Foi secretario da Royal Society e director do observatorio de Greenwich. Colaborou con Newton no estudo da órbita dos cometas. Descubriu que a traxectoria dos cometas era unha elipse como as dos planetas, aínda que con máis excentricidade, acercándose moito ao Sol para logo afastarse moito máis. Na illa de Saint Helena observou o tránsito de Mercurio pola face do Sol, o que lle serviu para propoñer un novo método de determinación da paralaxe solar. Estudiou o magnetismo terrestre e os movementos da Lúa, e describiu os movementos das estrelas supostas fixas. Publicou Catalogus Stelarum Australium (1678), o primeiro catálogo das estrelas do hemisferio austral, en base a observacións feitas coa axuda dun telescopio; Treatise of Cometary Astronomy (1705), un estudo sobre cometas; e Tabulae Astronomicae (1749). En 1720, foi nomeado segundo Astrónomo Real, sucesor de Flamsteed e predecesor de Bradley.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cultura de Hallstatt.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira cultura da Idade de Ferro centroeuropea, que recibiu o nome dunha necrópole de túmulos de incineración e inhumación descuberta en 1846 na localidade austríaca de Hallstatt. A arqueoloxía indica que se trataba dunha sociedade fortemente xerarquizada que, desde finais do Bronce, iniciou a explotación das minas de sal da rexión, feito que lle permitiu o desenvolvemento do comercio do ferro coas poboacións de Grecia e Italia. Dividida en dúas fases durante o Ferro, Hallstatt C (750? a C-600 a C) e Hallstatt D (600 a C-450 a C), caracterizouse polos seus enterramentos con ricos enxovais funerarios que inclúen, entre outros obxectos, espadas de ferro e bronce, dagas, machados e cascos, cuncas e caldeiros de bronce, doas de ámbar e vidro, e cerámica, feita a man e decorada con motivos xeométricos. Esta cultura estendeuse desde o núcleo austríaco cara ao S de Alemaña, Suíza, Francia, o SL de Inglaterra e o N da Península Ibérica, onde prosperaron facies culturais con fortes influencias...
-
PERSOEIRO
Político alemán. Membro do Christlich-Demockratische Union, foi secretario de Estado de Asuntos Exteriores (1951-1958) e presidente da Comisión Executiva da CEE (1958-1967). Foi presidente do Movemento Europeo (1968-1974) e membro do Bundestag (1962-1972). Insistiu na unidade alemá e formulou a denominada doutrina Hallstein, que postulaba o non recoñecemento da República Democrática Alemana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dedo gordo do pé.
-
Deformación por flexión da falanxe distal sobre a falanxe proximal.
-
Deformación por extensión permanente das dúas falanxes sobre a cabeza do primeiro metatarsiano.
-
Deformación por desviación da cabeza do primeiro metatarsiano cara ao dorsal, a falanxe proximal está en flexión e a distal en hiperextensión.
-
Deformación debida á rixidez, á altura da primeira articulación metatarso-falánxica do dedo gordo do pé, provocada pola artrose desa articulación.
-
Deformación por desviación do dedo gordo cara ao exterior con rotación en valgo e do primeiro metatarsiano cara ao interior, formando entre ambos os dous un ángulo de vértice interno, todo en relación coa liña media do corpo.
-
Deformación por desviación do dedo gordo cara ao interior que provoca a súa separación do segundo dedo. Pódese presentar por unha esaxerada corrección cirúrxica do hallux valgus.
-
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Foi profesor na Universidade de Dresden. En 1888 investigou o efecto fotoeléctrico descuberto por H. Hertz no ano 1887 e decatouse de que a luz ultravioleta era capaz de descargar placas de metais cargadas negativamente. Anos máis tarde, cando se descubriu o electrón, estableceuse que certas substancias emiten electróns cando son expostas ao campo electromagnético da luz incidente. É autor de Die Lichtelektrizität (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor islandés. Escribiu as novelas Vefarinn mikli frá Kasmír (O gran tecedor de Kashmir, 1927) e Salka Valka (1934), e o ensaio autobiográfico Os anais de Brekkukot (1957). Premio Nobel de Literatura en 1955, a partir de 1960 dedicouse sobre todo ao teatro, aínda que seguiu publicando novelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herbert Marshall McLuhan.
-
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Jimi Hendrix, formou parte da banda de Little Richard e tocou con Ike e Tina Turner. En 1966 trasladouse a Inglaterra, onde formou o grupo The Jimi Hendrix Experience, xunto con Mitch Mitchell e Noel Redding. Desenvolveu un estilo caracterizado pola fusión do blues cun pop-rock de vangarda. Dos seus discos destacan Are you experienced? (1967), Axis Bold as Love (1967), Electric Ladyland (1968) e Band of Gypsys (1970).
VER O DETALLE DO TERMO