"IFR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 56.

  • Clave ou código para descifrar e poder entender o que está escrito en linguaxe cifrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro fachadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se emprega para limpar os dentes. Contén, en xeral, un abrasivo suave, un deterxente e un neutralizador dos ácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode descifrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen descifra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Descubrir o significado de algo que está escrito en cifra ou en clave.

      2. Chegar a coñecer o significado de algo escrito nunha lingua ou nunha grafía descoñecida.

    1. Desentrañar algo que está pouco claro ou que é de difícil comprensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno de interferencia múltiple, producido polo carácter ondulatorio da luz. Descuberto por Grimaldi en 1665, xa era coñecido por Newton e Huygens, que non lle souberon dar a interpretación correcta. Consiste, esencialmente, en pequenas desviacións da propagación rectilínea da luz ao encontrarse con obstáculos e orificios, feito que produce alternativamente unha serie de sombras e de zonas de luz, que dependen das características xeométricas do orificio ou obstáculo e da lonxitude da onda da luz. A explicación deste fenómeno baséase no principio de Huygens-Fresnel. A difracción limita o poder de resolución dos instrumentos ópticos. Os fenómenos de difracción non só se producen na luz, senón en calquera clase de ondas.

    2. Proceso no que os electróns se difractan pola acción de átomos ou moléculas. Observouno por primeira vez G. P. Thomson en 1927, ao facer pasar un feixe de electróns no baleiro a través dunha fina lámina de ouro sobre unha placa fotográfica. Emprégase para medir lonxitudes e ángulos de enlace de moléculas en gases.

    3. Proceso polo que os neutróns se difractan pola acción de átomos de sólidos, líquidos ou gases. Deu lugar a unha técnica, análoga á difracción de raios X, que emprega un fluxo de neutróns térmicos dun reactor nuclear para estudar fenómenos de estado sólido.

    4. Fenómeno de dispersión dos raios X pola materia que vai acompañada de variación na súa intensidade, segundo a dirección, a causa dos efectos de interferencia. A difracción dos raios X é un método rápido na determinación da estrutura atómica da materia. Os métodos de difracción de raios X están baseados no feito de que as súas lonxitudes de onda están arredor de 1 Å, similar aos das dimensións atómicas. Algunhas das súas aplicacións son o diferenciamento entre substancias amorfas e cristalinas, a determinación da estrutura de materias cristalinas e a medida de imperfeccións de cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar difracción.

    2. Sufrir difracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode producir difracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que se encarga de determinar estruturas cristalinas mediante o estudo da difracción dos raios X ou doutro tipo de radiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento utilizado para o estudo da estrutura da materia por medio da difracción de raios X, de electróns, de neutróns ou doutras ondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que difracta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación vexetal durilignosa constituída por arbustos e matogueiras de follas duras, típicas da rexión mediterránea do S de Europa, como o maquis ou a garriga, de África do S, do centro e sur de Australia ou en diversas zonas de América, como California e os Andes de Perú e Bolivia, onde recibe a denominación de chaparral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tabique formado na boca da cuncha dalgúns gasterópodos, orixinado a partir de secreccións mucosas que se endurecen en contacto co aire. Ten como función illar en certa medida o animal do medio e evitar, por exemplo, a súa desecación.

    2. Diafragma ou membrana circular disposta en posición horizontal sobre a boca da cápsula dalgúns brións.

    3. Membrana, amodo de tapadeira, que posúen os basidiocarpos novos dalgúns fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en engadirlle a unha frase ou cláusula, que semella estar completa, un ou máis membros para desenvolver outras ideas accesorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diálogo de Platón titulado Da piedade (s V a C). Nesta obra os interlocutores son Sócrates e Eutifrón, adiviño ateniense, que dialogan sobre a relixión e a piedade. Platón afirmou a superioridade da relixión socrática e a identificación, en contra das crenzas populares, do home piadoso como home que se esforza para parecerse ao ser divino mediante a práctica da virtude e a xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de difracción que se produce cando o foco emisor de ondas e a pantalla receptora se afastan infinitamente do dispositivo de difracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de difracción en que o foco luminoso, a pantalla receptora ou os dous ao mesmo tempo se atopan a unha distancia finita do sistema difractor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos voos en que a navegación se basea no posicionamento relativo ou absoluto facilitado polos instrumentos de a bordo: ADF ou receptores dos sistemas VOR, DME ou ILS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (3.310 km2; 128.000 h [estim 1994]). A súa capital é Ifrane (7.717 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO