"INEM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 41.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cinematografía ou ao cinematógrafo.
-
-
Aparato que permite a proxección de películas cinematográficas ( cinematografía).
-
Aparello de reprodución cinematográfica inventado por Auguste e Louis Lumière en 1895 e presentado o 28 de decembro dese mesmo ano nun pequeno salón do Grand Café de París. O éxito derivado desta proxección foi inmediato e os irmáns Lumière presentárono en Francia en parte de Europa. Paralelamente, apareceron outros inventos similares como o cronofotógrafo, de Gaumont-Demeny; o cinetógrafo, de Meliés-Reulos; o cinetoscopio, de Edison; e o animatógrafo, de R. W. Paul que desapareceron ante a calidade do aparello dos Lumière. Empregouse nas primeiras proxeccións realizadas en España; o 14 de maio de 1896 presentouse en Madrid, na planta baixa do Hotel de Rusia, a cargo de Alexandre Promio, delegado da casa Lumière en España; na Coruña o 2 de setembro de 1896 no Teatro-Circo; e en Pontevedra o 17 de abril de 1897, a cargo de César Marques e Alexandre Pais de Azevedo, representantes da casa Lumière en Portugal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificación cuantitativa ou cualitativa das proteínas do plasma sanguíneo. Algúns procesos patolóxicos poden afectarlles directamente aos órganos e ás células formadoras dalgunha proteína e dar lugar a unha disproteinemia primaria ou específica. Nalgúns casos, estas afeccións son conxénitas e tradúcense nunha falta total, ou case total, da proteína correspondente. Os trastornos xenéticos ou as posibles mutacións poden conducir á aparición no plasma de proteínas anómalas. Finalmente, unha gran cantidade de procesos patolóxicos poden producir modificacións de diversas proteínas plasmáticas e dar lugar a unha disproteinemia secundaria.
-
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Estudiou composición en Berlín con B. Blacher e posteriormente trasladouse a Viena. Da súa produción destacan as óperas Dantons Tod (A morte de Danton, 1947), Der Prozess (O proceso, 1953) e Der Besuch der alten Dame (A visita da vella dama, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que consiste nun espectrohelioscopio dotado dunha cámara cinematogáfica, que se emprega para filmar a evolución de fenómenos solares, xeralmente en luz monocromática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de fibrina no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación do grupo cinematográfico inglés formado principalmente por Lindsay Anderson, Karel Reisz e Tony Richardson. Maniféstase en contra do conformismo da produción comercial británica dos anos cincuenta e realizou un cine inspirado na experiencia, na realidade social do momento e no rigor da escola documentalista inglesa. O grupo naceu oficialmente en 1956 cunha serie de curtametraxes. A fundación dunha produtora por parte de Richardson e o éxito comercial de Saturday Night and Sunday Morning (1959), de Karel Reisz, determinou o paso das principais figuras deste movemento ao campo da longametraxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia anormal de hemoglobia no plasma sanguíneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hiperlipoproteinemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento da concentración do colesterol, triglicéridos e fosfolípidos no sangue. A denominación provén do feito de que estas substancias circulan polo sangue unidas a unhas proteínas plasmáticas denominadas lipoproteínas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto Nacional de Empleo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode embargar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concentración de insulina no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección que se caracteriza pola existencia no plasma sanguíneo dunha gran cantidade de macroglobulinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación patolóxica no sangue de metahemoglobina que se produce pola transformación do ferro ferroso (Fe2+) a ferro férrico (Fe3+), o que xera unha desnaturalización da hemoglobina, que se volve incapaz de transportar osíxeno aos tecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica italiana de 1989, dirixida por Giuseppe Tornatore e protagonizada por Jacques Perrin e Philippe Noiret. Dividida en tres partes, narra ao longo de 40 anos as relacións entre Salvatore de Vitta, un famoso director de cine que vive en Roma, e Alfredo, o proxectista do cine da súa vila, Giancaldo (Sicilia). Recibiu o gran premio do xurado no Festival de Cannes (1989) e o Oscar á mellor película estranxeira (1990).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de paraproteínas no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de porfirinas no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concentración de proteínas no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que saíu o 30 de marzo de 1938 co nome de Radio y Cinema, da editora Metyel, de periodicidade quincenal. A idea xurdiu de José Mª de Barbáchano y Cayuela, propietario de Metyel, quen contou con Joaquín Romero Marchent para a dirección. O 15 de xuño de 1938 pasou a denominarse Radiocinema. Con residencia transitoria en Galicia durante a Guerra Civil Española, tivo delegación en Madrid desde o nº 32, editado o 15 de xullo de 1939. Rematada a guerra, trasladouse definitivamente a Madrid, en maio de 1940 (nº 52). Daquela, a súa periodicidade pasou a ser mensual.