"Irán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 118.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comunidade autónoma de Asturias, drenado polo Pigüeña, afluente do Narcea (2.456 h [1996]). Situado nun terreo moi accidentado, a economía é basicamente gandeira, cunha actividade centrada no bovino de orientación láctea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Ortoño que constitúe o núcleo urbano capital do concello de Ames. A súa situación, na estrada de Santiago de Compostela a Noia (comarcal C-543), converteuno en capital municipal entre 1900 e 1920. En 1960 recuperou esa condición. Debido á súa proximidade á cidade compostelá (a menos de 10 km), designada capital da Comunidade Autónoma de Galicia en 1981, Bertamiráns experimentou un proceso de expansión urbanística especialmente intenso dende principios da década dos noventa. Este proceso viuse favorecido pola tendencia xeral á localización residencial nas periferias, propiciada neste caso concreto pola carestía do solo en Santiago de Compostela. Deste xeito, promovéronse en Bertamiráns multitude de urbanizacións de vivendas unifamiliares e apartamentos, primeiro á beira da estrada, para posteriormente irse espallando cara a localizacións máis interiores, pero sempre mantendo unha accesibilidade óptima á estrada C-543. Paralelamente ao desenvolvemento da edificación,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa sucia e descoidada que anda tirada por calquera sitio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se mantén nunha postura determinada aínda que haxa razóns que evidencien que está errado.
-
PERSOEIRO
Pintor. Adscrito á escola barroca madrileña, inicialmente se dedicou á pintura relixiosa e realizou os frescos da igrexa de San Antonio dos Portugueses, do Palacio Real de Madrid, da catedral de Toledo, así como diversas versións de La Inmaculada. En 1671 foi nomeado pintor de cámara e especializouse no retrato. Influído por Velázquez e Van Dyck, a súa pintura caracterízase pola serenidade, a elegancia e a pincelada vigorosa. Entre as súas obras destacan os retratos de Carlos II e da raíña Mariana, do duque de Pastrana (1670) e do embaixador ruso Ivanovič Pot’omkin, e entre as súas últimas creacións, diferentes retratos de bufóns da corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oficial de grao inmediatamente inferior ao de vicealmirante na mariña de guerra de numerosos países. Equivale ao grao de xeneral de brigada dos exércitos de terra e de aire.
-
-
Que delira.
-
Que implica delirio.
-
Que é absurdo debido á súa esaxeración.
-
Concepción patolóxica que se orixina por certos trastornos da personalidade que consiste nunha alteración das relacións do eu co seu mundo.
-
-
GALICIA
Óptico. Licenciouse en Ciencias Físicas e Exactas na Universidad de Madrid en 1934 e doutorouse, xa rematada a Guerra Civil, na mesma universidade en 1943. En 1945 obtivo a cátedra de Óptica. Desenvolveu de forma simultánea a docencia e a investigación, que centrou na termoloxía, na electricidade, no magnetismo e nas estruturas cristalinas. Descubriu, xunto con J. M. Otero Navascués, a miopía e a presbicia nocturnas. Foi director xeral de Enseñanzas Técnicas, director do Instituto de Estudios Nucleares, presidente da Real Sociedad Española de Física y Química, cofundador e vicepresidente da Junta de Energía Nuclear, membro do Comité Científico Técnico da Comisión Nacional de Investigacion del Espacio e asesor do Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Trala súa xubilación en 1983 dedicouse á elaboración do Vocabulario Técnico y Científico publicado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
fricativo.
-
Aplícase ás articulacións que teñen un grao menor de estreitamento da canle supraglótica, de tal maneira que deixa de percibirse claramente o ruído de fricción que caracteriza as fricativas. Só é audible un sopro, que constitúe o criterio de clasificación destas realizacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que expira.
-
-
Persoa que frecuenta as feiras para vender e comprar.
-
Campesiño que vive de certas actividades desenvolvidas nas feiras e procura un importante beneficio económico así como o trato coa xente.
-
Persoa que vai acotío á feira para pasar o día escoitando novidades e falar cos amigos.
-
-
PERSOEIRO
Político. Duque de Fernández Miranda. Catedrático de Dereito Político, desempeñou diversos cargos na educación, como director xeral de Ensino Universitario e delegado nacional de Cultura y Formación del Movimiento. Ministro secretario xeral do Movemento desde 1969 e vicepresidente do Goberno entre xuño de 1973 e xaneiro de 1974, a partir de decembro de 1975 ocupou a presidencia das Cortes e do Consello do Reino, desde onde propiciou a Lei de Reforma Política e o nomeamento de Adolfo Suárez como presidente do consello de ministros. Abandonou os seus cargos un mes antes das eleccións de xuño de 1977 e foi senador por designación real desde 1979. Entre os seus escritos cómpre salientar La justificación del Estado (1946) e Estado y Constitución (1975). Foi distinguido co Toisón de Oro e condecorado coas cruces do Mérito Civil e de Alfonso X el Sabio, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á familia lingüístico-étnica dos indios e dos iranios.
-
Familia de linguas do phylum indoeuropeo que comprende as linguas indoarias e as iranias.
-
-
ENTRADA LARGA
Estado de Asia occidental, limitado por Armenia, Acerbaixán, o Mar Caspio e Turkmenistán ao N, Afganistán e Paquistán ao L, Iraq e Turquía ao O e os golfos Pérsico e de Omán ao S (1.645.258 km2; 64.528.000 h [estim 2001]). A súa capital é Teherán.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
As cordilleiras de Irán divídense, a partir do núcleo montañoso de Armenia, en dous sistemas de dirección NO-SL e cunhas altitudes que superan os 3.000 m: o que bordea a costa do Mar Caspio de O a L cos montes Elburz (Demāvand, 5.760 m), que se prolonga cara ao L polas montañas do Khorāsān, e o que parte do L da depresión do lago Urmia e forma unha serie de cordilleiras, o Zagros, que a través de Kurdistán se dirixen cara ao altiplano interior. Este altiplano central, duns 1.000 m de altitude media, é practicamente desértico, formado por concas afundidas de marismas salinas (kevir) e chairas pedregosas (dascht), interrompidas por extensións... -
-
Relativo ou pertencente a Irán.
-
Natural ou habitante de Irán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
iranio.
-
-
Relativo ou pertencente ao antigo Irán.
-
Natural ou habitante do antigo Irán.
-
Grupo de linguas da familia indoirania do phylum indoeuropeo. O iranio divídese en tres fases históricas: o antigo iranio, que comprende o antigo persa (SL de Irán), o avéstico, o medo e o escita; o iranio medio que comprende os grupos occidental (parte arsácida do NL, pahlavi sasánida e maniqueo) e oriental (sogdiano de Asia central, corasmiano e indoescita), e o iranio moderno (persa).
-
-
-
-
Rexión bioxeográfica que comprende unha gran parte de Oriente Próximo e de Asia Media, desde as terras interiores de Turquía e de Israel ata Jungària e as ribeiras do Indo; limita polo occidente coa rexión mediterránea, e polo oriente coas terras centroasiáticas e mongólicas. O clima é continental, e a vexetación principalmente da estepa e do deserto.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo e político francés. De nome Marie-François-Pierre Gonthier de Biran, foi membro do corpo lexislativo (1811) e da Cámara dos Deputados durante a primeira restauración, conselleiro de Estado (1816) e deputado de novo desde 1818. Foi o iniciador da reacción espiritualista da filosofía francesa de comezos do s XIX. Escribiu Nouveaux essais d’anthropologie (1823-1824) e Journal intime (1927), publicado postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Couso e Córcores (Avión). O seu cumio acada os 580 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO