"Levi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 65.
-
PERSOEIRO
Matemático italiano. Traballou en temas de mecánica, analítica, mecánica celeste, hidrodinámica, elasticidade e electromagnetismo. Creou e desenvolveu, xunto con Rici, o cálculo diferencial absoluto, predecesor do cálculo tensorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurobióloga italiana. Pola súa ascendencia xudía tivo que abandonar Italia pouco antes da Segunda Guerra Mundial. Traballou na Universidade de Washington en San Luis (Missouri) e dirixiu o Instituto de Bioloxía Celular de Roma (1977). Descubriu o factor de crecemento nervioso (FCN). En 1986 recibiu, xunto con S. Cohen, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento dos factores de crecemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arabista alxeriano. Catedrático das universidades de Alxer (1927) e da Sorbonne (1945), especializouse na historia andalusí e revisou o catálogo de manuscritos de El Escorial. Escribiu Histoire de l’Espagne musulmane (1944) e numerosos artigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Traballou coas comunidades indíxenas do Mato Grosso e a Amazônia (1934-1939). Desde 1941 foi subdirector do Musée de l’Homme en París, director de estudios na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne (1950-1974) e catedrático de Antropoloxía Social no Collège de France desde 1959. O seu método, que se desenvolveu en Anthropologie struturale I (1958) e en Le Totémisme aujourd’hui (1962), consiste nun tratamento dos fenómenos humanos que recorre, sobre todo, ao modelo fenomenolóxico. A súa obra capital, Les Mythologiques (1964-1971), representou unha destrución da historia e unha busca do tempo perdido. En La pensée sauvage (1962) e Anthropologie struturale II (1973) intentou fundamentar a súa epistemoloxía. Tamén publicou Paroles données (1984) e Regarder, écouter, lire (1993). Foi membro da Académie Française desde 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina empregada no lavado da la, formada por unha barca de ferro que contén o baño de sosa e de xabrón, un tear que introduce a la na rama e uns restrelos que se moven alternativamente co fin de avanzar. Ao final, outro dispositivo de restrelos extrae a la do baño e faina pasar por un escorredoiro. Xeralmente instálanse varios en serie, formando un tren de leviatáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monstro mariño, descrito na Biblia, no Libro de Xob, que simboliza o caos das augas hostís á vida. Ten o corpo recuberto de escamas, dentes afiados, forma e cor de réptil e pode expulsar un ácido vaporizado pola boca que provoca graves queimaduras nas súas víctimas.
-
-
Calidade de leve.
-
Falta de vontade ou seguridade no que un sente.
-
Falta de reflexión no que se di ou fai.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
elutriación.
-
FILOSOFOS
Filósofo lituano. Naturalizado francés, o seu pensamento, na liña fenomenolóxica de Husserl e Heidegger e no marco da tradición xudaica, profundizou no home a partir doutro modo de ser ou máis alá da esencia. Escribiu De L’existence à l’existant (1947), Totalité et infini (1961), Difficile liberté. Essai sur le judaïsme (1963) e Autrement qu’être ou au-delà d l’essence (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Formouse con Denman Ross en Harvard e traballou na Works Progress Administration (WPA) entre 1935-1937. Cultivou un expresionismo barroco e caricaturesco de crítica social en obras como Welcome Home (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra estadounidense. Estudiou na Julliard School, e foi nomeado director titular da Metropolitan Opera de Nova York en 1973. En 2001 foi designado director musical da Orquestra Sinfónica de Boston.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico polaco. Foi un dos fundadores da cardioloxía moderna. É autor de Coronary Thrombosis (1929) e de Clinical Heart Desease (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Costume dos xudeus e dalgúns pobos orientais da antigüidade que consiste no casamento do irmán dun defunto coa viúva deste se non deixou descendentes masculinos. Deste xeito o primeiro fillo da unión do irmán e a viúva considerábase a todos os efectos fillo do defunto. Esta institución tiña por obxecto evitar que a viúva quedase sen recursos e asegurar a súa liñaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea, perenne, de ata 2 m de altura, que presenta talo robusto e oco, follas divididas e flores de cor amarela ou verdosa agrupadas en umbelas terminais. É orixinaria de Persia. Cultívase polos seus froitos aromáticos e como planta medicinal, polas súas propiedades diuréticas, carminativas e emenagogas.
-
-
Individuo da tribo de Leví, á que se lle concedeu a dedicación ao culto pola súa fidelidade no deserto durante a fuxida de Exipto. Non posuían territorio e o seu mantemento correspondíalle a toda a nación.
-
Cristián ordenado que axuda ao bispo e ao presbítero na liturxia e noutras funcións. É a orde inmediatamente precedente á de sacerdote.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir masculina, usada sobre todo no s XIX, con mangas, cinguida ao corpo e con faldróns que envolven completamente as coxas.
-
PERSOEIRO
Gramático e escritor alemán. De orixe hebrea, estudiou a cábala e publicou Massoret ha-Massoret (1358), a novela xudeualemana Bovo-Buch e diversas obras sobre cuestións gramaticais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de levitar.
-
Estado dun corpo sometido a unha forza sustentadora que equilibra o seu peso, de xeito que se mantén en suspensión a unha certa distancia dunha superficie de referencia. Determinadas técnicas metalúrxicas empregan a fusión en levitación para evitar os contactos materiais do metal co contorno. A levitación magnética é o principio dalgúns transportes avanzados.
-
Fenómeno polo que algo ou alguén se eleva sobre unha superficie sen que ningunha forza visible o sosteña.
-
Sensación de manterse no aire sen ter ningún punto de apoio.
-
-
-
Quedar en suspensión a unha certa distancia dunha superficie de referencia.
-
Ter a sensación de manterse no aire en ausencia dun punto de apoio.
-