"Lomé" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 156.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido polo pseudónimo Baccio della Porta. Formouse á beira de Cosimo Roselli. No ano 1494 montou o seu obradoiro con Mariotto Albertinelli. Influído por Savoranola, ingresou na orde de San Domingos (1500) e, tralo seu retiro a San Marco de Florencia, puxo a súa obra ao servizo da relixión. A súa arte adoitou unha forma clásica, influída polo sfumato de Leonardo e a harmonía de Rafael. Contribuíu a fixar a tipoloxía da Virxe e entre as súas obras salientan: Aparición de Deus a santa Caterina e santa Margarida e Os desposorios místicos de santa Catarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado en Flandres, aprendeu as novidades estilísticas e da técnica do óleo da escola flamenga. Traballou en Zaragoza, onde orixinou unha activa escola aragonesa a partir do ano 1474. En Daroca pintou os retablos de San Domingos de Silos (1474) e de Santa Engracia; en Barcelona asinou para a catedral a pintura sobre madeira Pietat (1490), unha das primeiras obras españolas realizadas en óleo. Da súa produción artística destacan: La resurrección, La entrada en el paraíso e La virgen con el niño y un donador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao bolómetro.

    2. Que se obtén por medio dun bolómetro.

    3. Diferencia entre a magnitude bolométrica e a magnitude absoluta visual dunha estrela, que depende da temperatura da estrela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de precisión que permite medir a intensidade de radiacións febles, inventado por S. P. Langley en 1880. Está formado por dúas tiras de platino moi finas, practicamente iguais e ennegrecidas, que constitúen dous dos brazos dunha ponte de Wheatstone. Unha delas recibe o fluxo de enerxía, que produce nela variacións de temperatura e de resistencia; a corrente eléctrica da ponte rexístrase mediante un galvanómetro. O bolómetro emprégase en Astrofísica e na medida do espectro infravermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada no Cadramón (O Valadouro). De estilo románico, foi construída no s XI e restaurada recentemente. Conserva pinturas murais no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cloruro mercurioso, de fórmula Hg 2 Cl 2 . Produto da alteración do cinabrio, preséntase en cristais pequenos e tetragonais. É un mineral pesado, insípido, insoluble e de cor gris ou branca amarelada. Ten dureza 1,6 e peso específico 7,15. Emprégase en medicina como purgante e vermífugo.

    2. Electrodo de referencia de fácil preparación e de potencial moi constante, empregado en substitución do electrodo normal de hidróxeno. Consta dun depósito de mercurio cuberto dunha pasta de calomelanos e mercurio, que está en contacto cunha disolución de concentración coñecida de cloruro de potasio saturada de calomelanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1520 entrou na orde dominicana e foi enviado polo Emperador Carlos V ao Concilio de Trento (1545). Nomeado arcebispo de Toledo, Melchor Cano denunciouno á Inquisición a causa dos Comentarios sobre el Catecismo Cristiano (1558), e foi encarcerado en 1559 acusado de luteranismo. Aínda que no 1563 o Concilio de Trento recoñeceu a súa obra como ortodoxa e Pío V chamouno a Roma en 1567, non foi absolto ata 1576.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomé de Las Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para realizar medicións craniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento utilizado para medir a altura das nubes. Está constituído, basicamente, por un emisor de feixes luminosos, ou de láser, e por un receptor que determina a distancia percorrida desde o momento da emisión, segundo o tempo que emprega o feixe reflectido na capa de nubes en volver ao receptor. Úsase nos aeroportos para determinar a visibilidade e as condicións meteorolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo. Graduado en dereito civil e eclesiástico, foi fiscal eclesiástico en Oviedo, cóengo na catedral de Lugo, gobernador, provisor e vicario xeral da diocese de Lugo-Mondoñedo ata que en 1816 foi nomeado bispo. Durante o seu bispado caracterizouse polas súas ideas firmemente absolutistas que propugnaban a superioridade do poder relixioso sobre o civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condottiere italiano. Iniciou a carreira militar no Reino de Nápoles. Ata 1454, cando os venecianos o nomearon capitán xeneral vitalicio, serviu alternativamente a venecianos e milaneses. O monumento ecuestre que lle fixo Verrocchio en Venecia (1479-1488) é unha obra mestra da escultura renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado no val do río Cubillas (1.708 h [1996]). Destaca a agricultura con cultivos de cereais e oliveiras. A apicultura, xunto coas minas de ferro, son tamén unha importante fonte de ingresos. É de salientar a súa igrexa parroquial do s XVI, edificada sobre as ruínas dun antigo pazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de conglomerar ou conglomerarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de conglomerar.

    2. Masa formada por fragmentos de diversos minerais e rochas, cimentadas por algunha substancia aglomerante natural ou artificial.

    3. Rocha sedimentaria detrítica constituída por fragmentos que teñen a súa orixe noutras rochas preexistentes, arrincados pola acción dos axentes erosivos e, posteriormente, sedimentados (proceso de diaxénese). O tamaño e número de grans que forman os conglomerados poden ser moi diversos; a masa que une os diferentes grans que integran a rocha denomínase matriz.

    4. Reunión ou conxunto informe de cousas inmateriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir diversos corpos ou fragmentos dun corpo formando unha masa compacta.

    2. Agruparse fragmentos ou corpúsculos dunha mesma ou de diversas substancias, de xeito que resulte unha masa compacta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello mecánico destinado a contar os quilómetros percorridos por un vehículo. Está conectado desde o panel de mandos, por medio dun eixe flexible, á saída do motor ou ao eixe da roda tractora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Bartolomé Cossío.

    VER O DETALLE DO TERMO