"Lys" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 26.

  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Lugansk’, Ucraína (117.849 h [estim 1999]). Na súa economía destaca a extracción de carbón, a industria do vidro e a química de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas, da división das rodófitas, cos esporanxios globosos, talo moi ramificado, de pequeno tamaño e de cor púrpura, que se fixa ao substrato mediante un disco. En Galicia danse as especies P. lanosa, parasita dos tecidos de Ascophyllum nodosum, e P. brodiaei, que vive en costas semiexpostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da división das pteridófitas, coas frondes de gran tamaño, os soros redondeados e dispostos sobre os nervios. En Galicia danse as especies P. setiferum e P. lobatum, coñecida comunmente como fento macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor lituano. Poeta simbolista e destacado autor teatral, escribiu a novela Dievu miskas (O bosque dos deuses, 1945), sobre a experiencia nun campo de concentración nazi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sonda cósmica lanzada de xeito conxunto pola ESA e a NASA en 1990, co obxectivo de estudar os polos solares. Foi enviada cara a Xúpiter para aproveitar o seu campo gravitatorio e así poder saír, por primeira vez, do plano da eclíptica. En 1994 pasou polo sur do Sol e en 1995 cruzou a eclíptica e chegou ao Polo Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de James Joyce, editada en París en 1922. Comezou a publicarse nunha revista estadounidense, aínda que foi interrompida polo escándalo que provocou. Concibida como un percorrido a través de Dublín, paralelo á viaxe de Ulises na Odisea, presenta continuos cambios de estilo e, sobre todo, unha linguaxe hermética e simbólica, expresada a través do uso permanente do monólogo interior, e considerouse a obra máis significativa da narrativa europea do s XX. R. Otero Pedrayo publicou, traducidos ao galego, “Fragmentos de Ulises” en Nós (1926), a primeira tradución desta obra na Península.

    VER O DETALLE DO TERMO