"Marc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 524.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal gratuíto de periodicidade mensual editado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe), distribuído en Betanzos e na comarca das Mariñas. Apareceu o 1.11.1992 e ten unha tirada de 15.000 exemplares. Galeguizou a súa cabeceira no ano 1997 e escribíronse en galego a maior parte das súas informacións (90%). Conta con máis de vinte colaboradores entre xornalistas, historiadores, fotógrafos, debuxantes e filólogos. Entre as súas seccións, amais dalgúns artigos de opinión, destacan: “Praza do Campo”, con información local, “Información xuvenil”, “Tendencias”, coas últimas novidades discográficas, “Verbas”, coas novas achegas da literatura galega, “Deportes”, “Motor”, “Saúde”, “Historia” e “Asociado”, na que se inclúe unha entrevista con algún comerciante da vila.
-
PERSOEIRO
Cronista e poeta polaco. Escribiu Kronika wszystkiego świata (Crónica do mundo enteiro, 1551), primeira crónica en lingua polaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Metabolito normal que pode indicar a existencia dunha patoloxía ou situación tóxica, en caso de presentarse en cantidades anormais nun fluído corporal.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Foi cofundador da empresa automobilística La Hispano Suíza. Inventou e patentou diversos motores de aviación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acoirazado alemán. Entrou en servizo na primavera de 1941 co fin de obstaculizar o tránsito marítimo aliado no Océano Atlántico. Foi afundido polos ingleses o 27 de maio dese mesmo ano.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Papua Nova Guinea, no Pacífico, ao NL da illa de Nova Guinea e ao redor do mar de Bismark (53.000 km2). Está formado polas illas de Lavongai, Nova Bretaña, Nova Irlanda, Dyaul, Lolobau, Tingwon, as illas do Almirantado e de asa San Matías, Long Island e Umboi. Situadas en latitudes ecuatoriais (1°-7° de latitude S), están cubertas de bosques. As producións principais son a copra, o cacao e a nácara. A cidade principal é Rabaul. Colonia alemá dende 1884, en 1919, trala Primeira Guerra Mundial, pasou a ser administrada por Australia. En 1949, estando baixo administración australiana, o arquipélago foi incorporado a Papua Nova Guinea, que accedeu á independencia en 1975.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área marítima interior do Océano Pacífico que se estende ao NL da illa da Nova Guinea e está pechado polas illas do arquipélago de Bismarck: a Nova Bretaña polo S e SL, a Nova Irlanda polo NL, as San Matías polo N e as illas do Almirantado polo O.
-
PERSOEIRO
Político prusiano, artífice da unidade alemana. Nacido nunha familia de junkern (nobreza latifundista), estudiou en Berlín e en Göttingen. Ingresou na administración prusiana en 1835. En 1847 foi deputado no primeiro Landtag (Parlamento) xeral de Prusia. Extremadamente conservador, pediu a creación dun banco de crédito agrario e defendeu a represión do movemento revolucionario de 1848. Mostrouse realista e calculador cando Austria impuxo a Prusia a renuncia a unha primeira forma de unidade nacional alemá (Olmütz, 1850). Entre 1851 e 1859 foi conselleiro da embaixada de Prusia na Dieta de Frankfurt, onde avogou pola causa de Prusia e da unidade alemá contra a hexemonía de Viena, coa axuda de Rusia e da Francia de Napoleón III. Entre 1859 e 1862 foi embaixador prusiano en San Petersburgo e en 1862 en París. Nese mesmo ano chegou a primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores de Guillerme I de Prusia. En 1864 logrou, grazas á colaboración de Austria, que Dinamarca cedese...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Profesor de Historia Medieval na Universidade de Estrasburgo (1919) e de Historia Económica na Sorbonne (1936-1939), fundou, con Lucien Febvre, a revista Annales d’histoire économique et sociale. A súa carreira como docente truncouse polas disposicións antisemíticas do goberno de Pétain. Especializouse no estudo das institucións sociais e económicas medievais, propugnando un concepto integral da Historia que incorporaba as ciencias complementarias: Economía, Xeografía, Socioloxía, etc. Defendeu a importancia da utilización das novas ciencias auxiliares, como a Estatística, na realización dunha Historia Comparada. Entre as súas obras destacan Rois et Serfs. Un chapitre d’histoire capétienne (Reis e escravos. Un capítulo da historia dos Capeto, 1920), Rois thaumaturges (Reis taumaturgos,1924), La société féodale (A sociedade feudal, 1939-1940) e Apologie pour l’histoire ou Métier d’historien (Apoloxía para a historia ou Método...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación anual en castelán aparecida no ano 1933 en Santiago, editada pola Cámara de la Propiedad Urbana de Santiago, sita na rúa do Vilar, 1. O sumario do seu número nove (Ano XII-Xullo de 1945) inclúe as seguinte seccións: “Reaparición”, “Labor de la Cámara”, “Actuación general de la Cámara en defensa de la Propiedad Urbana”, “Legislación”, “Jurisprudencia” e “Avisos”. Nel aparecen artigos sobre o funcionamento orgánico da Cámara, leis e servicios que ofrece aos seus asociados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humorista e dramaturgo. Coñecido como Moncho Borrajo, despois de estudar o bacharelato en Vigo, trasladouse a València, onde se formou en arquitectura. Posteriormente abandonou esta titulación e marchou á Escuela San Carlos de València, para formarse como aparellador e en Belas Artes. Nestes anos tomou conciencia da súa identidade galega e participou en diversos actos públicos interpretando cancións en galego, castelán e valenciano. En 1970 gañou o premio de debuxo universitario do Colexio de Arquitectura e en 1972 obtivo o II Premio da Canción Universitaria. Ademais, foi seleccionado para o XIII e XIV Premio Internacional de Debuxo Joan Miró. A partir de aquí realizou exposicións por diversas galerías de España. En 1976 recibiu a medalla ao mérito artístico e pouco despois fundou a biblioteca e o grupo de baile galego do Centro Galego de València. A partir de 1985 dedicouse plenamente ao mundo do espectáculo.Como humorista destacou sempre pola súa enorme capacidade para a improvisación....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, xeógrafo e naturalista. Participou na expedición científica do capitán Nicholas Baudin á Nova Holanda (actual Australia) e percorreu as illas do Océano Índico. Exiliado de Francia durante catro anos, publicou unha Géographie de la péninsule ibérique (Xeografía da Península Ibérica, 1818). En 1829 foi o encargado da dirección dunha expedición científica francesa a Morea e en 1839 participou nunha expedición a Alxeria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte e pintor. É autor de Carta del navegar pittoresco (Carta da navegación pitórica, 1660) e de Riche minere della pittura venezina (Ricas maneiras da pintura veneciana, 1674), onde defendeu a preponderancia da cor sobre o debuxo na pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e paleontólogo francés. Foi o primeiro director do Instituto de Paléontologie Humaine de París. Dirixiu a revista L’Anthropologie. Publicou Essai de paléontologie stratigraphique de l’homme (Ensaio de Paleontoloxía estratigráfica do home, 1888) e Les hommes fossiles (Os homes fósiles, 1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, decorador e deseñador húngaro. Abandonou a escola de Belles Arts de Viena aos dezaoito anos e ingresou na Bauhaus de Weimar, onde chegou a ser profesor. A súa contribución á renovación do deseño do moble foi decisiva. No 1925 inventou o moble de tubo metálico adaptado á gran serie industrial, a cadeira Wassily. De todas as súas creacións, a máis orixinal é a cadeira cantilever (1928) en forma de S e recoñecida como a cadeira comercial máis empregada no mundo e síntese do deseño da Bauhaus. Apaixonado pola arquitectura, deixou a Bauhaus en 1928 e trasladouse a Berlín para estudar con profundidade esta arte. Co auxe do nazismo emigrou a Londres e aos EE UU, onde exerceu unha grande influencia na arquitectura e no urbanismo. Alí fundou un estudo de interiorismo adscrito aos principios racionalistas da nova arquitectura. Coa chegada definitiva do nazismo, marchou primeiramente a Londres, onde iniciou a construción dos seus edificios apoiados nun Y de cemento...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e académico. Foi un dos mellores coñecedores da cultura romántica, como reflectiu nas súas obras Romantic art (Arte romántica, 1958) e L’Allemagne romantique (A Alemaña romántica, 1963), e das manifestacións artísticas de aspecto fantástico que estudiou na súa obra L’art fantastique (A arte fantástica, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, escritor e patricio romano. Foi educado polo seu tío Catón de Útica e gozou da amizade de Cicerón. Participou na Batalla de Farsalia no bando dos pompeianos e, trala derrota, César permitiulle marchar a Atenas, onde continuou os estudios de filosofía. Axudado por César, no 45 a C accedeu ao cargo de pretor urbano. Participou na conxura anticesariana pensando que así se salvaría a República; sen embargo, debido á sublevación popular contra os conxurados fuxiu e morreu na Batalla de Filipos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Real Academia Galega e da de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, así como correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Português de Arqueologia, História e Etnografia. En 1954 foi galardoado co premio xornalístico Pérez Lugín. Colaborou en distintos xornais e revistas como El Orzán, El Ideal Gallego, Vida Gallega ou Finisterre, e publicou El coloso de Rande (1927), El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía (1951), La gaita en Britania (1956), Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores (1964) e Compostela: piedra y alma (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre os municipios de Guitiriz e Aranga. No seu cumio atópase Pena Marcada con 726 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta e erudito. Investigou en diversos arquivos peninsulares, preferentemente no da catedral de Toledo. Escribiu Noticia da California y de su conquista temporal y espiritual (1758) e Tratado sobre la igualdad de pesos y medidas (1759).
VER O DETALLE DO TERMO