"Mario" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 81.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo brasileiro. Formouse como escultor no Art Student League de Nova York. Nas súas creacións mestura as crenzas, costumes, valores e mitos africanos, amazónicos e europeos. Das numerosas exposicións colectivas nas que participou destacan: Fotografia Lateinamerika (1981), na Akademic der Künst, en Berlín; Brazilian Photography. Six Contemporaries (1983), na The Photographer’s Gallery, en Londres; e 50 Years of Color (1985), no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Individualmente expuxo no Museu de Arte Moderna de Baía (1971), na Modern Art Galerie (1976) de Múnic, na XII Bienal Internacional de São Paulo (1983), na Foto Galería del Teatro Municipal General San Martín de Bos Aires (1991) e na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor italiano. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Pesaro e debutou en 1941 no teatro Puccini de Milán con Madama Butterfly no papel de Pinkerton. De voz potente e un pouco abaritonada, e con grandes dotes interpretativos, destacou particularmente nos papeis das óperas veristas italianas e na interpretación de varios dos papeis das óperas de Giuseppe Verdi, especialmente no de Otello. En varias ocasións formou dúo artístico coa soprano Renata Tebaldi e actuou, entre outros países, no Reino Unido, Alemaña, Brasil, Xapón, Italia, España e EE UU, e no Metropolitan Opera House de Nova York, na Scala de Milán e no Teatro Bol’šoj. Entre as numerosas gravacións operísticas que realizou destacan Otello, Norma, Manon Lescaut, Ernani e A forza do destino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado ao golpe de estado liderado por Napoleón Bonaparte, que rematou co Directorio da República francesa, substituído polo Consulado o día 18 de Brumario do ano VIII (9 de novembro de 1799). O nome de Brumario fai referencia ao segundo mes do ano republicano de Francia, que comezaba o 22 de outubro e remataba o 20 de novembro. Os problemas financeiros, os desastres ocasionados pola guerra contra as potencias europeas, os problemas de orde pública, a lamentable situación da instrución pública, etc, foron os principais factores desencadeantes do descontento popular que foi aproveitado polos conspiradores para poñer fin ao Directorio creado en 1795. Triunfante o golpe, que contou co apoio do exército e de destacadas personalidades da vida política francesa, e coa oposición da maioría dos membros dos dous corpos colexisladores (o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos), creouse unha comisión executiva provisional integrada polo xeneral Bonaparte e os antigos membros do Directorio,...
-
PERSOEIRO
Fotógrafo cubano. Comezou a súa andaina profesional na dirección de Divulgación do ministerio de Cultura cubano e na revista Revolución y Cultura. As súas fotografías en branco e negro, recollidas moitas delas nas series Son de Cuba e Un momento de la Vida, amosan a realidade das xentes e das rúas de La Habana e doutras pequenas cidades da illa. Expuxo a súa obra no Center for Cuban Studies de Nova York, no Zeit-Foto Salon de Toquio (1997) e en diversos países do mundo, como Arxentina, Brasil, Francia, Italia e México. En 1998 participou en España na mostra Cuba: 100 Años de Fotografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. A súa obra céntrase na experiencia dos galeses expatriados. Da súa produción destacan Y Staffel Ddirgel (A cámara secreta, 1969) e Rhandir mwyn (A doce rexión).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático costarriqueño. Foi secretario xeral do Partido Unión Nacional (1947) e embaixador nos EE UU (1950-1951). Nomeado ministro de Relacións Exteriores (1951-1953), foi presidente da República (1958-1962). Durante o seu mandato traballou pola mellora das infraestruturas e pola extensión do ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista e teórico do cine. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Arte, no ano 1984. Catro anos despois presentou o seu traballo de licenciatura, publicado co título de Cineclubismo e cine non comercial en Santiago nos anos 60 e 70, sobre o labor dos cineclubs composteláns. En 1988 comezou a traballar na súa vila natal como técnico municipal de Cultura. É autor do guión do vídeo Xove, un paraíso natural, editado polo concello no ano 1992. Na década de 1990 ocupou durante varios anos o posto de secretario do “Padroado Romaría Internacional”, e de 1995 ao 2000 o de presidente da “Agrupación de Axuda Cidadá da Mariña lucense-Protección Civil da Mariña”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e actor. Formouse na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa e ampliou estudios en Madrid (1920). Considerado como un dos renovadores da plástica portuguesa da primeira metade do s XX, interesouse polas propostas novecentistas e polos inicios precubistas de Picasso, e trasladouse a París (1924-1927), onde contactou coas principais correntes vangardistas. Durante a súa estancia en Berlín (1927-1932), a súa pintura estivo a medio camiño entre o realismo e un lirismo cargado de cromatismo metafórico. Entre outras obras destacan Auto-retrato (1928), Retrato do bailarino Francis (1930) e O livro azul (1933). De volta a Portugal, o lirismo evolucionou cara a unha figuración marcada polo soño e o pesadelo, plasmados en O enterro (1938) e A fuga (1939). A súa estética conectou coa dos inicios do movemento surrealista que, co Grupo Surrealista de Lisboa ou Os Surrealistas, introduciron a plástica lusitana nas correntes vangardistas europeas. Influído...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Comezou a súa formación artística en Santiago de Compostela da man de Camilo Díaz Baliño. Con 13 anos fundou co seu irmán Eugenio a revista SIR (Sociedad Infantil Revolucionaria) na que colaboraban, entre outros, C. Maside, L. Seoane e F. Rolán. En 1928 realizou as súas primeiras mostras individuais na Sala Liste de Santiago de Compostela e na Sala Turismo de Pontevedra e anos despois participou na Exposición Rexional Permanente de Santiago. En 1931 trasladouse a Madrid coa súa familia, onde recibiu clases de pintura da man de Federico Rivas na Universidad Popular e onde asistiu aos parladoiros de La Granja del Henar, o Café Madrid e o café do Hotel Gran Vía, xunto co seu irmán e outros intelectuais galegos. Foi un dos integrantes do grupo de arte e teatro Avance e participou nunha exposición no Ateneo con R. Alberti e A. Rodríguez Luna. Traballou nas oficinas do mercado central de Madrid e colaborou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) e na revista Comunismo....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial francesa fundada en París en 1875 por Ernest Flammarion. A finais do s XX, do mesmo xeito que Gallimard, Albin Michel e Le Seuil, constituíuse nunha das principais editoriais independentes francesas e a única que cotizaba en bolsa. O 18 de outubro de 2000, o grupo italiano Rizzoli Corriere della Sera (RCS) mercou un 77,69% das accións controladas pola familia Flammarion e converteuse no líder do sector da edición de libros en Italia, cun volume de negocio que superaba os 665 millóns de euros.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. En 1858 ingresou no Observatorio de París. No ano 1883 fundou o observatorio de Juvisy, que dirixiu ata a súa morte. Fixo numerosos estudios sobre as estrelas dobres e múltiples, a espectroscopia estelar e a topografía de Marte. Adquiriu gran fama como escritor de astronomía e, desde 1863, editou as revistas Cosmos e L’Astronomie. A súa obra máis coñecida é Les étoile et les curiosités du ciel (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro mes do calendario revolucionario francés (1792-1805) e que corresponde ao intervalo do 22 de novembro ao 20 de decembro.
-
PERSOEIRO
Rei suevo de Galicia (460-464). Ocupou o trono tralo asasinato de Maldra, aínda que non foi recoñecido pola maioría dos seus súbditos. Tras unha breve guerra civil, Remismundo foi proclamado rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Formado no teatro universitario e independente nos anos sesenta, a súa traxectoria abrangue moi diversos traballos, desde a xestión teatral ata a promoción da ópera, amais da formación de actores, das colaboracións en televisión e dos traballos como actor de dobraxe. Traballou no Festival Grec, co Centro Dramático da Generalitat, no Teatro do Liceo de Barcelona. Como actor hai que destacar a súa participación en diversos espectáculos, como Doña Rosita la soltera, con dirección de Jorge Lavelli, Medea, con dirección de Lluis Pasqual, ou María Rosa, con dirección de John Strasberg. Dirixiu Salomé, para a Compañía de Nuria Espert, e O mozo que chegou de lonxe, para o Centro Dramático Galego (1988). Recibiu diversos premios, entre os que destaca o Premio Nacional de Teatro de Cataluña en 1986, polo seu espectáculo La Ronda, creado a partir do texto homónimo de Arthur Schnitzler.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo italiano. Influenciado polo poeta Leopardi e o pintor G. Morandi, realizou as súas primeiras fotografías de paisaxes e retratos. Adscribiuse aos grupos “Misa” (1954) e “la Bussola” (1956). Realizou diversas viaxes por Italia, Etiopia e o Tíbet. As súas imaxes, caracterizadas por unha perspectiva triste e melancólica, apareceron en diversas revistas internacionais, como Popular Photography, Camera, Magnum, US Camera Annual e Photographer’s Eye. Expuxo na George Eastman de Rochester, no Victoria & Albert Museum de Londres e na III Fotobienal de Vigo (1988). Entre novembro de 2000 e xaneiro de 2001 celebrouse en Santiago de Compostela unha exposición titulada “Il mio canto libero”, incluída nos actos de capital europea da cultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mario Fernández Granell.
-
GALICIA
Médico e escultor. Médico especialista en radiodiagnóstico, pertence á Asociación Española de Médicos Escritores e Artistas (ASEMEYA). De formación autodidacta, a súa obra escultórica enmárcase na chamada “estética do granito”, son obras de liñas redondeadas nas que mesturan a tradición galega que xurde do románico, coa modernidade que tende cara a abstracción, fusionando deste xeito o clasicismo coa modernidade. Realiza maternidades e representación de tipoloxías populares. Pouco proclive a mostrar a súa obra, destaca a súa participación no Certame de Artes Plásticas Novos Valores de Pontevedra (1999) e a exposición Encontros en Vigo (2007).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á lexítima.
-
Persoa ou grupo de persoas que teñen dereito a reclamar unha parte do valor dos bens da herdanza na sucesión causante polo feito de ser descendentes ou ascendentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás mamas.
-
PERSOEIRO
Mosaicista. Introduciu o moderno mosaico artístico en España e adoptou o estilo Art Nouveau. Traballou en diversas obras de Domènech i Montaner en Barcelona e Comillas, e no Rosari Monumental de Montserrat (1903).
VER O DETALLE DO TERMO