"Marte" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 33.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Rianxo. A construción orixinal derrubouse e levantouse o edificio actual a finais do s XVII e principios do s XVIII. Ten planta rectangular a dúas alturas e cuberta a catro augas con tellado de tella coroado por unha claraboia. Na fachada presenta unha solaina abalaustrada sostida por canzorros, que ocupa toda a fronte, e onde destacan os escudos debuxados por Castelao para a revista Nós, situados nas esquinas. Foi rehabilitado como biblioteca pública segundo o proxecto do arquitecto Rafael Baltar Tojo. Foi declarado Ben de Interese Cultural (1973).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Martelo de gran tamaño utilizado polo canteiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento isotérmico do aceiro, que consiste nun temperado graduado, no que as pezas se arrefrían nun baño de sales ou metal fundido entre 200°C e 400°C, deixándoas o tempo preciso ata que alcance a súa temperatura. Despois extráese do baño e arrefríase bruscamente ata a temperatura ambiente e conseguir así igualar a temperatura en toda a masa.
-
PERSOEIRO
Monxe e erudito francés. Bieito da congregación dos Maurinos, foi historiador da súa congregación e da liturxia, e editor dunha copiosa documentación extraída de bibliotecas de Francia, Bélxica e Alemaña para a súa obra Gallia Christiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro, músico e pedagogo. Preocupado pola música electrónica, en 1928 creou un novo instrumento musical, as ondas Martenot, que ensinou a manexar no conservatorio de París (1947-1970) e que suscitou un grande interese entre os compositores de vangarda. Estableceu o método Martenot (1952), baseado na práctica do canto e o xogo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento electrofónico en que cada un dos diferentes sons se produce ao bater dúas ondas de alta frecuencia (da orde de 300 kHz) xeradas por dous osciladores. Pódese modificar libremente a frecuencia dunha das dúas ondas, e variar así a do son resultante, como tamén a amplitude do sinal obtido e, por tanto, a intensidade sonora do instrumento.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e narrador belga. Coñecido como Michel de Ghelderode, foi autor dunha obra de especial relevo que se sitúa entre o teatro da crueldade de Artaud e o teatro de formas populares como os monicreques. A súa primeira obra importante foi La mort du Docteur Faust (1924), modernista. Escribiu fantasías, actos únicos e representacións sacras modernas, como Beelddekens uit het leven van Sint Franciscus (Imaxes da vida de san Francisco, 1927), cunha formulación de music-hall, Escurial (1927), Magie Rouge (1931), La ballade du Grand Macabre (1936), Barabbas (1933), Hop Signori! (1935) e La farce des ténebreux (1936). O seu Théâtre complet (1942-1943) foi prohibido pola censura durante a ocupación alemana. Varios textos seus foron traducidos ao galego por Henrique Harguindey e Francisco Pillado, mentres Ollomoltranvía presentou un espectáculo a partir do texto Escola de bufóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor flamengo. Formado en Venecia, introduciu a imprenta en Bélxica. En Aalst limitouse a producir obras litúrxicas. En Anveres e Lovaina relacionouse cos humanistas e imprimiu clásicos gregos e latinos, textos hebreos e obras humanísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Solución sólida saturada de carbono ou carburo de ferro. Obtense mediante un arrefriamento rápido do aceiro desde unha temperatura elevada. É o compoñente característico do aceiro temperado. Observado con microscopio, no aceiro onde a austenita non se transformou totalmente, diferéncianse as agullas de martensita sobre o fondo branco da ausenita.
-
-
Relativo ou pertencente á martensita.
-
Aplícase ao aceiro que contén martensita.
-
Transformación con cambio de fase producida dunha maneira moi rápida e sen difusión atómica. É típica do temperado do aceiro, pero tamén se presenta noutros metais e aliaxes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Día da semana que segue ao luns e precede ao mécores. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada martes ten o seu domingo. Non todos os días é martes de entroido. En martes non cases nin embarques, nin deas vacas a medias nin o teu porquiño mates”. OBS: Tamén se denomina terceira feira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos mustélidos, de aproximadamente 50 cm de lonxitude, pelaxe escura e unha gran mancha na gorxa. A este xénero pertencen especies como M. foina (garduña), M. martes (marta común) e M. cibelina (marta cibelina).
-
GALICIA
Pintor. Estudou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi en Barcelona, onde coñeceu a vangarda. Iniciouse na figuración de corte expresionista ata chegar a unha estética pop, desdebuxada ou decolorada, unha abstracción xestual e expresionista, que logo deu paso a un realismo elíptico moi particular. Pertenceu ao colectivo Atlántica e a partir da década de 1990 reflectiu situacións máis persoais en que a posta en escena superaba o marco do cadro para ir máis alá do representacional. Traballou diferentes estilos de vangarda, buscou a integración de todas as artes e empregou técnicas diversas como o gravado, a pintura mural, o vídeo e a cinematografía. Das súas obras destacan Visións do Prado (1986), O rei Artur (1986-1987), Canal st (1993), Dánae (1995), A mesiña do tapete branco (1997) e Crónica de sociedade (2000). É membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO