"Meri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 322.

  • Subcontinente formado pola parte setentrional de América, ao N do istmo de Tehuantepec; practicamente, estableceuse o límite entre América do Norte e América Central na fronteira de México con Guatemala e Belice. Seguindo, pois, criterios económicos, políticos e culturais denomínase América do Norte o conxunto de rexións americanas ao N do Río Grande do Norte, con exclusión das illas do Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subcontinente formado pola parte meridional de América, ao S do istmo de Panamá. Fisicamente o límite entre América do Sur e América Central pode estar establecido nos relevos máis setentrionais da cordilleira de Bandó e no val inferior do Atrato, polo que unha pequena zona do NO colombiano formaría parte de América Central. Seguindo, pois, criterios políticos, o límite entre estes dous continentes atópase na fronteira entre Colombia e Panamá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seguindo criterios económicos, políticos e sociais, conxunto de rexións americanas, continentais ou insulares, ao S do Río Grande do Norte. Seguindo criterios culturais e históricos, América Latina comprende soamente os países colonizados por españois e portugueses ao S dos actuais EE UU. Tamén se coñece co nome de Latinoamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O maior provedor de servicios de Internet do mundo. AOL ten base na cidade de Viena, en Virxinia, EE UU. Ofrece aos seus subscritores correo electrónico, conferencias, software, apoio sobre ordenadores, revistas e periódicos interactivos, clases en liña ou acceso a Internet, entre outros produtos. AOL mercou en novembro de 1998 unha das compañías emblemáticas do sector, Netscape, nunha espectacular operación que lle permitiu gozar do navegador Communicator e do centro de servicios NetCenter da empresa absorbida. Esta fusión por compra foi empregada como argumento por Microsoft, a multinacional de Bill Gates, para defenderse das acusacións de monopolio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Carlos Pérez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da máis importante competición de regatas de vela en mar aberto. Foi o veleiro estadounidense América que deu nome á competición ao gañar no ano 1851 a proba da illa de Wight.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no litoral da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán, na ría de Baiona. Limítana o río Muíños polo N e Lourido polo S. Tamén se coñece como Praia de Lourido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual xurdida na Coruña en 1921 e subtitulada “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”. Foi a continuadora do Boletín de Casa América Galicia (1920) editado tamén na Coruña. Colaboraron nela Lois Peña Novo e Ramón del Cueto, entre outros. Contiña publicidade, novas sobre América e Galicia na súa sección “Informaciones americanas” e datos sobre publicacións e premios. A partir de setembro de 1922 pasará a chamarse Revista de Casa América-Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía norteamericana de transportes aéreos fundada en Nova York en 1930 e reorganizada en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo editorial, de radio e televisión norteamericana. Fundada no ano 1943, é unha das canles privadas máis importantes dos EE UU. En 1985 foi adquirida por Capital Cities e en xullo de 1995 adquiriuna a compañía Disney. A súa central está na cidade de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1901 en Nova York como resultado da fusión de 65 empresas. O seu obxectivo era monopolizar toda a actividade norteamericana da embalaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de químicos dos EE UU convertida na máis importante do mundo polo número de membros e pola calidade e difusión das súas publicacións (entre outras: Analytical Chemistry, Journal of the ACS e Chemical Abstracts).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1908, dedicada á obtención de cianamida cálcica e, dende 1916, á fabricación de produtos químicos derivados. Situada nas cataratas do Niágara, utiliza a súa forza motriz como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de investigación económica fundada nos EE UU en 1885 por un grupo de economistas novos (entre os máis destacados figuran R.T. Ely, E. Seligman e H.C. Adams), decididos a renovar o pensamento económico do país, estancado nos tempos finais da ortodoxia clásica. Influída pola escola histórica alemana, adoptou nunha primeira etapa unha tónica vagamente socialista e reformista, que perdeu rapidamente ante a influencia do denominado Marxinalismo, representado por John Bates Clark, e adoptou posteriormente unha oposición ecléctica e aberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista norteamericana de periocidade trimestral fundada en 1911 como voceira da American Economic Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de viaxes norteamericana fundada en 1850. En 1890 iniciou a fórmula de cheque de viaxes. Exerceu un papel importante na Primeira e na Segunda Guerra Mundial coa repartición de paquetes destinados ás frontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terras altas do altiplano Antártico que flanquean parte do L do continente (2.286 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.

    VER O DETALLE DO TERMO