"Muñís" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 34.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movimiento Comunista.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de san Xosé.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en 1973 a partir dun grupo escindido do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Defendía para o Estado español unha república democrática e federal. Despois de numerosos cambios, incorporouse ao PCE-PSUC (1989). Das súas publicacións destaca Política Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política francesa que naceu en 1920 a partir da escisión producida no congreso de Tours da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO). Entre 1934 e 1938 formou parte da Fronte Popular. Durante a ocupación nazi de Francia participou activamente na Resistencia, pero a partir de 1947 quedou novamente illado. En 1972 o XX congreso elixiu como secretario xeral a Georges Marchais, que sucedeu a Waldek Rochet e dirixiu o partido cara ao eurocomunismo, para volver despois á ortodoxia marxista--leninista. O triunfo do Parti Socialiste en 1981 deulle ao PCF catro ministerios no novo goberno de maioría socialista, colaboración que rematou en 1984. A desaparición dos réximes do leste entre 1989 e 1990 non pareceu afectarlle xa que no XXVII congreso (1990) se reformou na liña da ortodoxia comunista. A secretaría xeral ocúpaa Marie-George-Buffet. Posteriormente volveu ter ministros no goberno. Das súas publicacións destaca o diario parisiense L’Humanité.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en 1920 como consecuencia das loitas obreiras en Shangai e dos círculos de estudos comunistas de París. En 1921 celebrou o seu I congreso nunha escola francesa de Shangai coa asistencia dos doce fundadores, entre eles Mao Zedong, e representantes da Terceira Internacional. A partir de 1949 chegou ao poder e quedou como único partido legal. Coa Revolución Cultural algúns destacados dirixentes foron acusados de revisionismo e depurados, como Liu Shaoji en 1968, ou desapareceron en circunstancias pouco claras, como Lin Biao en 1971. Despois da morte de Mao Zedong (1976), Hua Guofeng mandou prender os catro máximos dirixentes da á esquerda do partido (Banda dos Catro) e foi nomeado presidente. En 1977 rehabilitáronse moitos membros do partido depurados durante a Revolución Cultural, entre eles Deng Xiaoping, quen axiña se converteu no home forte do réxime. En 1981 Hu Yaobang sucedeu na presidencia a Hua Guofeng, acentuouse a “desmaoización” e a crítica da Revolución,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política que tiña como nome orixinal Kommunističeskaya Partija Soveckogo Sojuza (KPSS). Ten a súa orixe na Unión para a Loita pola Emancipación da Clase Obreira, fundada por Lenin en Peterburgo en 1895 e que en 1898 se transformou no Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). O programa e estratexia que Lenin impuxo no POSDR provocou a división entre bolxeviques e menxeviques. Despois de asumir todos os poderes debido á Revolución Rusa, o sector bolxevique do POSDR adoptou o nome de Partido Comunista de Rusia (marzo de 1918), que en 1952 cambiou polo de Partido Comunista da Unión Soviética. Un dos seus primeiros obxectivos foi a transformación da Revolución Rusa en revolución mundial, e con este fin, en marzo de 1919, constituíuse a Terceira Internacional ou Komintern. O ascenso dos réximes autoritarios obrigaron ao abandono desta política e á adopción da política do “comunismo nun só país”, sustentada por Stalin, secretario xeral do partido desde 1922. Despois da morte...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político orixinado dunha primeira escisión do PSOE en 1920 e dunha segunda de 1921, de onde xurdiu o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), que tivo na publicación Guerra social o seu voceiro e a A. García Quejido, M. Núñez de Arenas, Daniel Anguiano, Virginia González e F. Perezagua Pérez como dirixentes. Aquel mesmo ano a Terceira Internacional celebrou unha conferencia de fusión entre o PCE e o PCOE que deu lugar ao PCE. M. Primo de Rivera prohibiu o partido en 1923 e o PCE pasou unha época de clandestinidade que favoreceu a súa desarticulación. O III congreso houbo de reunirse en París (1929) pero o cambio máis importante produciuse no IV congreso (1932), cando asumiu a dirección José Díaz Ramos, Isidora Ibárruri Gómez (a Pasionaria), Vicente Uribe Galdeano, Pedro Checa e Antonio Mije García, entre outros, e consagrou a submisión do PCE á política de Stalin. A súa presenza no goberno republicano durante a Guerra Civil Española foi moi importante e posteriormente participou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en París, entre 1968 e 1969, como partido nacional e autónomo do Partido Comunista de España (PCE). Loitou contra os intentos centralizadores do PCE e contribuíu á unidade da oposición galega contra o Franquismo. Tamén participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia (1975), na consolidación da Táboa Democrática Galega (1976) e na redacción do Estatuto de Galicia. Foi un partido importante na oposición galega, sobre todo en sectores industriais como Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e nas catro capitais de provincia. A súa evolución viuse afectada pola crise interna no PCE, ata converterse en Esquerda Unida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política creada en 1985 dentro do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Despois do cambio de postura do BNG en 1986, que permitiu a súa participación no Parlamento Autonómico, produciuse a escisión de 13 membros do comité central, liderados por Mariano Abalo e X. Carballo. Este grupo foi expulsado do BNG en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. Nese mesmo ano achegou posicións con HB e constituíu, xunto con Galicia Ceibe e outros grupos radicais, a Frente Popular Galega (FPG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en 1976 pola unión dos grupos Lucha de Clases, Larga Marcha hacia la Revolución Socialista e Organización Comunista Información Obrera. En 1977 ingresou no Partido del Trabajo de España (PTE).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político creado en abril de 1921 polos delegados non conformes cos resultados do congreso extraordinario do PSOE contrarios á afiliación dos socialistas á Terceira Internacional. En novembro de 1921 fundiuse co Partido Comunista Español para dar lugar ao Partido Comunista de España (PCE). A partir de 1970, o grupo prosoviético, escindido do PCE, adoptou o mesmo nome. En 1986 reingresou no PCE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en Portugal en 1921 a partir dun grupo de anarcosindicalistas. O seu primeiro secretario xeral foi José Carlos Rates. Tras o golpe militar fascista de 1926 sumiuse nunha grave crise e durante o réxime ditatorial tivo que pasar á clandestinidade, pero liderou as loitas obreiras e campesiñas. En 1961 foi elixido secretario xeral do partido Álvaro Barreirinhas Cunhal. Tras a Revolução dos Cravos de 25 de abril de 1974, o PCP volveu á legalidade e participou nos gobernos provisionais ata o golpe de 25 de novembro de 1975. O VIII congreso do PCP, celebrado en novembro de 1976, concentrouse na defensa da reforma agraria e as outras conquistas da Revolução. En 1987 deixou de ter representación parlamentaria. En 1992 foi elixido secretario xeral do partido Carlos Alberto do Vale Gomes Carvalhas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político italiano que se creou en 1921, a raíz do congreso de Livorno, por Antonio Gramsci, Amadeo Bordiga e Palmiro Togliatti, da á disidente da extrema esquerda do Partito Socialista Italiano. Disolto en 1926 polo fascismo, organizouse clandestinamente e tivo moita importancia na resistencia italiana durante a Segunda Guerra Mundial. Rematada a guerra e ata 1947 formou parte do goberno de coalición xunto con outros cinco partidos antifascistas. A partir de 1956, P. Togliatti preconizou a teoría do policentrismo entre os diferentes partidos comunistas. Despois da súa morte (1964), o partido foi dirixido por Luigi Longo (1964-1972) e Enrico Berlinguer (1972-1984), que impulsou a adaptación ao eurocomunismo e se esforzou pola realización do compromesso storico, programa que planeaba a participación dos comunistas no goberno cos demócrata-cristiáns, que sempre foi rexeitado polo Partito Democrazia Cristiana. Achille Occhetto, máis próximo á socialdemocracia ca os seus predecesores,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal con xurisdición en toda España creado en 1940 e suprimido en 1963, ao ser creado o Tribunal de Orden Público. Para erradicar tanto a masonaría como o comunismo, impuña penas durísimas de privación de liberdade e confiscaba os bens dos condenados.