"Mut" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 118.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bohemia Setentrional, na República Checa, situada ao pé das montañas Krušné Hory (52.098 h [1996]). A industria, principalmente a química, é a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste nunha fórmula especial do quiasmo na que dous elementos equivalentes ou semellantes intercambian non só a súa posición no texto, senón tamén as súas funcións sintácticas. A aparición de elementos idénticos en distintas combinacións sintácticas produce alteracións no seu contido semántico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de conmutable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode conmutar.
-
-
Acción e efecto de conmutar.
-
Operación que consiste en establecer as conexións individuais entre as vías de transmisión ou os circuítos de comunicación entrantes e saíntes, co fin de establecer a comunicación desexada entre dous puntos. Pódese facer mediante elementos electromecánicos, como os relés, ou mediante dispositivos semicondutores.
-
Indulto parcial que altera a natureza do castigo a prol do reo, de xeito que se substitúe a pena por outra de menor gravidade.
-
-
Modificación da configuración dun ou de diversos circuítos eléctricos mediante o establecemento ou a supresión de determinadas conexións. Os dispositivos ou elementos empregados para efectuala poden ser de tipos moi diversos segundo a forma en que está feita: por contactos mecánicos, de accionamento manual ou automático mediante relés, ou estaticamente mediante dispositivos electrónicos. A conmutación electrónica ten cada vez maior importancia a causa das vantaxes da conmutación estática.
-
Conxunto de fenómenos que teñen lugar no inducido dunha máquina eléctrica, producidos pola inversión do sentido da corrente no momento en que unha bobina se pon en curtocircuíto no colector mediante as vasoiriñas. Esta inversión de corrente produce unha forza electromotriz inducida, chamada tensión de reactancia, que orixina efectos prexudiciais; para contrarrestala, dispóñense uns polos auxiliares ou de conmutación sobre a liña neutra que crean unha forza electromotriz. En máquinas pequenas recórrese á decalaxe das vasoiriñas.
-
-
Na glosemática, correlación sistemática entre o plano da expresión e o plano do contido a través das respectivas unidades formais. Se hai esta correlación, o cambio dunha unidade fonolóxica por outra producirá un cambio automático e sistemático no plano do contido; cada signo lingüístico colócase sistematicamente nun contexto determinado para averiguar qué signos poden ou non aparecer nel. Como método de análise lingüística recibe o nome de proba da conmutación e ten a finalidade de deducir o número e as características dos elementos fonemáticos de cada lingua. Así, por exemplo, en galego hai conmutación entre as magnitudes /s/ e /t/ no plano da expresión, xa que teñen a súa relación, no plano do contido, coas magnitudes mesa e meta. Denomínase invariante a magnitude que, ao variar nun plano, produce a variación no outro; a magnitude que non produce esa variación denomínase variante.
-
Figura retórica que consiste na inversión dos termos dunha proposición noutra inmediata, de maneira que esta forma contrasta coa precedente. De aí a diferencia de sentido que se establece entre as secuencias “traballar para vivir” e “vivir para traballar”.
-
-
conmutación de bancos
Capacidade para utilizar máis dun conxunto de chips de memoria en momentos diferentes, aínda que se lles dean as mesmas direccións. Permite equipar un ordenador con máis memoria que aquela coa que se equipou, almacenar algúns datos nun conxunto de chips que despois son conmutados e utilizar o outro conxunto de chips. Usouse para proporcionarlle ao PC de IBM máis de 640K de memoria. Emprégase tamén en tarxetas avanzadas de gráficos.
-
...
-
conmutación de bancos
-
-
-
Que conmuta.
-
-
Aparello empregado para interromper un circuíto e conectar outro. Constitúe unha forma particular de interruptor ou de desconectador; está composto basicamente por un xogo de contactos, formado cada un deles por dous ou máis contactos fixos e un ou uns cantos contactos móbiles. Cada xogo de contactos (fixos ou móbiles) chámase polo. Segundo o número de polos, hai conmutadores unipolares, bipolares, tripolares, hexapolares, etc. Os contactos móbiles, segundo a posición na que se atopen, farán contacto cun ou con outro dos contactos fixos e, deste xeito, conectarán un circuíto ou outro. O conmutador ten, xa que logo, tantas posicións como poidan ter os seus contactos móbiles. Pode haber unha posición na que os contactos móbiles non fagan contacto con ningún dos fixos e esta recibe o nome de posición aberta ou posición cero.
-
conmutador estrela-triángulo
Conmutador tripolar ou hexapolar de dúas posicións (ou dúas posicións e unha posición cero), que serve para pór en marcha os motores trifásicos asíncronos a base de conectar as tres fases do motor, primeiro en estrela e despois, cando o motor xa xira á súa velocidade, conmútase a conexión das fases á de triángulo. Desta forma redúcese a sobreintensidade da posta en marcha, en comparación coa que se produciría se se puxese en funcionamento directamente en triángulo.
-
conmutador inversor
Conmutador que serve para conmutar o circuíto de conexión dun motor co fin de invertir o sentido de xiro. É un conmutador de dúas posicións e pode ser de dous, tres, catro ou cinco polos, segundo o tipo de motor. Existen diversas formas construtivas e sistemas de conexión.
-
-
No marco da mecánica cuántica ou da mecánica estatística, operador dado pola expresión [A,B]=AB-BA, onde A e B son dous operadores. Se o conmutador de A e B é nulo dise que os operadores conmutan. É o análogo cuántico da paréntese de Poisson.
-
-
Parámetro dun programa que selecciona unha alternativa entre as diversas posibles. É usual que esta selección determine cáles das diversas secuencias de instrucións poderán executar, pero neste caso a decisión tomada mantense mentres non se modifique o conmutador, en contraste coa selección feita linealmente na que é preciso repetir a decisión cada vez que pase.
-
Ordenador que, dentro dunha rede, envía fluxos de datos dunha vía a outra, conducíndoos ao seu destino do xeito máis rápido.
-
conmutador DIP
Conmutador miniatura ou conxunto de conmutadores que se usan a miúdo nos equipos informáticos. O paquete dobre en liña (Dual Inline Package) indica que o conmutador é do mesmo tamaño e forma ca un circuíto integrado.
-
-
...
-
-
-
Intercambiar unha cousa por outra de maneira recíproca.
-
Mudar unha pena, obriga ou castigo por outro máis leve.
-
Efectuar unha conmutación.
-
Cambiar o control dunha operación determinada ou unha conexión particular por outro.
-
-
-
Relativo ou pertencente á conmutación.
-
Aplícase ao contrato no que o interese pecuniario das prestacións das partes está ben determinado desde a súa celebración.
-
Propiedade dalgunhas operacións segundo a que o resultado de compoñer dous elementos é independente da orde en que se collan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina eléctrica rotativa que permite converter corrente alterna (monofásica, trifásica ou hexafásica) en corrente continua ou, á inversa, transformar corrente continua en alterna; é, polo tanto, un convertedor reversible. Deixou de construírse ao ser superada polos convertedores estáticos. De corrente continua, o seu inducido, ademais do colector, tiña un xogo de aneis por onde, cunhas vasoiriñas, tomaba ou daba a corrente alterna; a corrente continua entraba ou saía polo colector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de cooperación económica creado en 1949 polo Tratado de Moscova e integrado por Albania (que o abandonou en 1961), Bulgaria, Hungría, Polonia, Romanía, Checoslovaquia e a URSS. Posteriormente, adheríronse a RDA (1959), Mongolia (1962), Cuba e Vietnam (1972). Iugoslavia posuía o estatuto de membro asociado desde 1964. A súa finalidade era intercambiar experiencias económicas, conseguir axuda técnica e proporcionar asistencia mutua entre os seus membros para crear un espazo económico autónomo fronte á economía dos países occidentais. Nun principio limitouse a favorecer o comercio bilateral; despois de 1955 comezou a promocionar a especialización económica dos seus membros. A partir de 1960 iniciáronse as discusións sobre o problema da especialización por estados e o establecemento dun órgano de planificación común a todos. En 1963 tentouse de novo instituír un sistema multilateral no que as compensacións se farían a través do Banco Internacional de Cooperación Económica. As...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes agnatos da orde dos osteostráceos. De corpo aplanado e de ata 10 cm de lonxitude, posuían unha pequena aleta dorsal e unha cabeza cuberta por unha coiraza ósea. Coa boca arredondada sucionaban partículas do fondo mariño. Propios de finais do Silúrico, os xacementos máis importantes están en Estonia.
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Estudiou con W. M. Chase na Pennsylvania Academy of Fine Arts. En Europa achegouse ao cubismo e en Nova York coñeceu a M. Duchamp. Foi un dos representantes do precisionismo. Nas súas creacións reflectiu paisaxes urbanas, máquinas e monumentos industriais. Destaca entre as súas obras Vin o número 5 en ouro (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de desproporción.
-
PERSOEIRO
Historiador alemán. Profesor de historia e economía política de España, doutorouse coa tese Oposición ao Franquismo durante o período 1939-1952 (1981) e publicou especificamente sobre Galicia A Guerrilla antifranquista en Galicia (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, máis coñecido como John Heartfield, está considerado un dos primeiros creadores da fotomontaxe, que empregou como medida de crítica contra o nazismo. Formou parte do círculo dadaísta de Berlín e publicou 12 Fotomontagen aus den Jahren (1930-1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non se pode permutar.
-
Aplícase a cada un dos sons que non se manifesta en contextos idénticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de inconmutable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode conmutar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de inmutable.
-
-
Que non cambia ou que non se pode cambiar.
-
Que non se inmuta.
-