conmutatriz

conmutatriz

(< conmutar)

s f [TECNOL]

Máquina eléctrica rotativa que permite converter corrente alterna (monofásica, trifásica ou hexafásica) en corrente continua ou, á inversa, transformar corrente continua en alterna; é, polo tanto, un convertedor reversible. Deixou de construírse ao ser superada polos convertedores estáticos. De corrente continua, o seu inducido, ademais do colector, tiña un xogo de aneis por onde, cunhas vasoiriñas, tomaba ou daba a corrente alterna; a corrente continua entraba ou saía polo colector.

Palabras veciñas

conmutador -ra | conmutar | conmutativo -va | conmutatriz | Connacht | connato -ta | connatural