"Nador" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 116.

  • Que ou quen aprovisiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘gañador’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen arruína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen atrona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos mecanismos que se aliñan de seu. As chumaceiras autoaliñadoras empréganse cando a árbore pode presentar desaliñacións axiais respecto daquelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que barrena.

    2. Instrumento realizado en sílex que se emprega para perforar peles, ósos e outros materiais orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que bobina ou serve para bobinar.

    2. Persoa que bobina ou que emprega unha bobinadora.

    3. Máquina que serve para bobinar.

    4. Máquina empregada para facer bobinas co fío procedente, ben doutras formas de enrolamento, como madeixas, coroas, espirais, ben de bobinas de medidas ou de formas diferentes. As bobinadoras poden formar a bobina por enrolamento do fío sobre unha alma pousada nun fuso ou nunha púa, ou por contacto tanxencial cun tambor ou cilindro, que ten na superficie unhas rañuras en espiral dispostas nos dous sentidos e que guían o fío. Montadas en bancadas comúns, van provistas dun fío axeitado ao tipo de alimentación, dun tensor de fío, dun compensador elástico de tensión e dun mecanismo que detén o fío no caso de atrancarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músculo plano inserido nos maxilares superior e inferior e na mucosa da cara interna da meixela, que intervén na mastigación e na expulsión de aire da boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en Ribadavia (1974-1976) que aglutinou o grupo Antroido, de Santiago de Compostela; Auriense, de Ourense; Avantar, do Carballiño; Candea, de Noia; O Facho e Teatro Circo, da Coruña; Francisco Lanza, de Ribadeo; Martin Codax e Rosalía de Castro, de Vigo; e Valle-Inclán, de Lugo. Entre os obxectivos desta iniciativa estaban, segundo M. Lourenzo e F. Pillado, un uso exclusivo do galego, o entendemento da función social do teatro, a consecución duns niveis artísticos dignos, a descentralización, a profesionalización e o desenvolvemento dunhas infraestruturas teatrais. Esta plataforma sería un dos alicerces para a formación en 1977 da efémera Asemblea do Teatro Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que coacciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen compaxina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen condena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que condona unha débeda ou unha pena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen confecciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen consigna, especialmente mercadorías.

    2. Casa de comercio facultada para consignar mercadorías a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que contamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen coordina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano colectivo creado entre os anos 1978 e 1979, que agrupou distintas organizacións feministas de Vigo (AGM, ADMG, FIGA e MDM). A organización autónoma das mulleres foi un dos seus sinais de identidade, e as súas actividades recolleron desde a mobilización polos dereitos específicos das mulleres ata a reivindicación pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres na lexislación. No ano 1980, a FIGA desligouse da Coordinadora Feminista, que pasou a converterse nunha soa organización, legalizada no ano 1984. Desde 1981, formou parte da Coordenadora Nacional de Organizacións Feministas de Galicia (CNOF), aínda que mantivo unha dinámica propia. Froito da diversidade das ideas e dos proxectos feministas e políticos das mulleres que a compuñan: diferencias sobre o lugar de traballo institucional, marcos socio-políticos de actuación, orientación das campañas, etc, algunhas integrantes desta organización sumáronse nos anos 1985 e 1986 á formación doutros grupos feministas como Alecrín e Donicela....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).

    VER O DETALLE DO TERMO