"Niza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 279.

  • Proceso de fragmentación dun territorio en estados máis pequenos. OBS: Esta palabra comezou a usarse despois da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Cañiza baixo a advocación de santa Teresa onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Municipio da comarca da Paradanta, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Melón (O Ribeiro), ao L cos de Crecente (A Paradanta) e Melón, ao S co de Arbo, Crecente (A Paradanta) e As Neves (O Condado), e ao O co de Covelo (A Paradanta), e Mondariz e Salvaterra de Miño (O Condado). Abrangue unha superficie de 107,5 km 2 , nos que se acolle unha poboación de 6.696 h (2007), distribuídos nas parroquias das Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. A capital é a vila da Cañiza, na parroquia da Cañiza, situada a 42° 12’ 30’’ de latitude N e 8° 16’ de lonxitude O, a 136 km de Santiago de Compostela e a 50 Km de Vigo. Está adscrito ao partido xudicial de Ponteareas e á diocese de Tui-Vigo.
    Xeografía física
    O termo municipal da Cañiza está nunha área de transición entre o dominio climático oceánico húmido, con tendencia á aridez estival, e o oceánico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóengo santanderino. Estivo destinado nas catedrais de Lugo e Santiago de Compostela e dedicouse á investigación histórica de temas vinculados coa Igrexa lucense. A súa obra principal, a Colección diplomática, composta pola transcrición directa de documentos orixinais do arquivo da catedral de Lugo e do Arquivo Histórico Nacional xunto cunha toponimia da topografía, quedou inédita. Postumamente, apareceron La antigüedad de la Iglesia de Lugo e Los grandes pleitos de la Iglesia de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser canonizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de canonizar consistente nun acto solemne onde o papa declara que un membro defunto da Igrexa Católica, xa previamente beatificado, debe inscribirse no canon dos santos e recibir culto público, sinalando unha data para a súa conmemoración anual. Na Igrexa primitiva, o culto aos mártires e aos confesores a partir do s IV, estaba regulado polos bispos e polos sínodos. Desde o papado de Alexandre III (1159-1181) determinadas canonizacións reserváronselle á xurisdición da Santa Sé, e con Sisto V (1585-1590) os procesos de canonización pasaron a ser competencia da Congregación de Ritos. O procedemento vixente segue as normas de Urbano VIII (1634) e de Bieito XIV (1734), actualizadas por Xoán Paulo II (1983). O bispo abre un proceso diocesano que se envía a Roma para que a Congregación das Causas dos Santos a examine. En caso de informe favorable, o papa concédelle ao candidato o título de venerable e inicia a súa beatificación. Durante este proceso contrapóñense o promotor da...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceder á canonización dalgunha persoa.

    2. Cualificar con eloxios, ás veces excesivos e de xeito inxustificado, unha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos procesos posvolcánicos, pneumatolíticos e hidrotermais que transforman en caolinita as rochas que conteñen feldespatos, nefelina, topacio, berilo, auxita e outros minerais con alumina.

    2. Tipo de meteorización dos feldespatos que se produce na superficie das rochas e, sobre todo, nos solos, provocada pola auga con ácidos húmicos e dióxido de carbono. É unha alteración das rochas con sílice e alumina especialmente activa en climas chuviosos, que as vai transformando en caolinita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de carbonizar ou de carbonizarse.

    2. Operación pola que se trata a madeira con lume para que a capa carbonizada a protexa contra a humidade e os insectos.

      1. Operación destinada a reducir a materia orgánica a carbón ou ben a aumentar o contido de carbono dun material parcialmente carbonizado. Realízase por destilación seca, por combustión completa ou, nalgúns casos, polo ataque de reactivos químicos deshidratantes.

      2. carbonización da madeira

        Proceso de descomposición térmica da madeira polo que se reduce a carbón vexetal, por medio do quentamento da mesma sen contacto co aire. A pouco máis de 100°C empezan a producirse descomposicións, que van cambiando de natureza coa temperatura ata que, arredor dos 270°C, as reaccións exotérmicas predominan e permiten chegar á carbonización completa, sen a necesidade dun abastecemento posterior de enerxía. O procedemento máis antigo para carbonizar a madeira é o da carboeira. Non obstante, hai outros métodos como os dos fornos de carbonización continua e a destilación seca da madeira, nos que se aproveitan tamén os gases que se desprenden do proceso.

      3. carbonización da hulla

        coquización.

    3. Operación á que se someten os tecidos de la para a eliminación das impurezas vexetais que poden ter entre as súas fibras. Consiste en somerxer os tecidos nun baño ácido (de ácido sulfúrico ou clorhídrico) que transforma a celulosa dos residuos vexetais en hidrocelulosa. Esta hidrocelulosa convértese en carbón e despois elimínase por batedura. Por último, o tecido sométese a un baño neutralizador de solución de carbonato sódico.

    4. Proceso de transformación da materia orgánica vexetal en carbón de pedra. A acumulación de restos vexetais efectúase en concas continentais e mariñas. A carbonización prodúcese despois desta fase de sedimentación e caracterízase esencialmente por un enriquecemento en carbono e unha perda de osíxeno. Pódense distinguir dúas etapas: primeira, un estadio de carbonización bioquímica, e segunda, unha de carbonización xeoquímica. Na primeira etapa, un conxunto de reaccións anaeróbicas en augas quietas e en presenza dunha flora bacteriana abundante produce desprendemento de dióxido de carbono nos tecidos vexetais e chega a formar turbeiras. Na segunda etapa, continúa a transformación a través de procesos químicos e metamórficos como a compactación e a litificación, a perda de auga e de compoñentes volátiles, etc. As turbeiras transfórmanse, así, en lignitos, carbóns e antracitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carboniza.

    2. Aparello destinado a efectuar unha carbonización que pode ser de diversos tipos, como fornos, retortas ou simples campás portátiles con regulación do paso de aire que substitúen as carboeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transformar un corpo orgánico en carbón.

    2. Queimar algunha cousa na súa totalidade.

    3. Someter os tecidos de la ao proceso de carbonización.

    4. Transformarse en carbón algunha cousa.

    5. Queimarse algo por completo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • carnicería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de castelanizar ou de castelanizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que tende ao castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Darlle carácter castelán a algunha cousa.

    2. Dar forma castelá a unha palabra ou expresión doutra lingua.

    3. Adoptar unha cousa o carácter ou a forma castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de catalanizar.

    VER O DETALLE DO TERMO