"OAS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 68.

    1. Relativo ou pertencente a Asia central.

    2. Natural ou habitante de Asia central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión da pel que consiste en manchas pigmentarias, ben delimitadas, de contornos irregulares, e localizadas case exclusivamente na cara. Aparece en procesos como o climaterio e o embarazo, en afeccións urinarias e como resultado da fotosensibilización a certos cosméticos e medicamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. No 1951 trasladouse a EE UU, onde exerceu como profesor na University of Chicago. No ano 1991 recibiu o Premio Nobel de Economía polos seus estudios dos custos de transacción e dos dereitos económicos. Entre as súas obras cómpre salientar: The Problem of Social Cost (O problema dos custos sociais, 1960), na que formula o “teorema de Coase”, e The Firm, the Market and the Law (A firma, o mercado e a lei, 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seguro dun mesmo risco contratado por máis dun asegurador no que cada un dos que contrata responde pola súa participación, non pola dos outros coaseguradores entre os que non hai obriga solidaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montañas da Costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordilleira da Costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Chō ḷ amanala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disposicións redactadas por dúas comisións (451-450 a C) e aprobadas polos comicios centuriados. Recollían o dereito consuetudinario nos aspectos procesuais, relixiosos, civís e penais. Foron gravadas en doce táboas de bronce e depositadas no Foro para a súa lectura pública. Estableceron o principio básico de que a lei debe ser escrita e non pode depender dun xeito exclusivo da apreciación dos xuíces. Definiron tamén o procedemento para o axuizamento dos culpables dun delito, e o mecanismo polo que a parte ofendida pode reclamar unha indemnización por prexuízos á parte culpable. Constitúen o documento lexislativo máis antigo de dereito romano e a base do dereito público e privado modernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ourense. Foi propiedade de Luís de Villamartín e Sarmiento, segundo a inscrición conservada nunha fonte de 1761 que presenta unha imaxe de san Luís. Na súa orixe, tivo planta rectangular e dous pisos, pero a torre que se engadiu á fachada converteuna nun L. Os torreóns tiñan cuberta cupular e remates piramidais. A torre conserva elementos tomados do pazo de Billerma. A fachada principal ten unha solaina á que se accede por un lateral desde o patio. Está amurallado, e no exterior a portada ten arco de medio punto con pedra de armas que alude aos Villamarín e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema longo épico-heroico, obra de Eduardo Pondal, no que pretendeu relatar as grandes fazañas da historia centrándose na aventura de Cristovo Colón. Publicouno postumamente en 1992 Amado Rincón Virulegio, tras un proceso exhaustivo de transcrición, selección e ordenación das case 4.000 oitavas que Pondal lle legou á Academia Galega nunha maleta. Os intentos anteriores a cargo de Carré Aldao e Lugrís Freire, que recibiron en 1920 o encargo da Academia de estudar o estado do poema, da comisión de académicos nomeada en 1954 co mesmo obxectivo, e de Fermín Bouza-Brey, quen só puido transcribir corenta e tres estrofas, non tiveron éxito. Esta tardanza debeuse en parte ao estado do manuscrito que Pondal pulía continuamente na busca da maior perfección, refundindo as estrofas e variando os seus contidos, e tamén á estrutura inacabada do poema. Os diversos borradores manuscritos de Os Eoas conteñen diversidade de opcións, tanto nas estrofas e versos coma nos cantos, amais de estaren desordenados....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou, entre outras obras, o retablo da capela de Nosa Señora do Camiño (Ribadeo, 1699).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de poemas da autoría de Manuel Luís Acuña publicado pola editorial Nós en 1933 baixo o título Fírgoas. Poemas (1930-1931) e que tivo unha segunda edición no ano 1979 que incluíu nove composicións máis. O libro está cheo de pegadas hilozoístas e doutras tendencias da vangarda, mesturadas con elementos clásicos e influencias de escritores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez ou Amado Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os concellos de Begonte, Friol e Lugo. O seu cumio acada os 643 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Alberguería (Laza). O seu cumio acada os 877 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumentos megalíticos situados no monte das Motas e a serra de Laboreiro, como a de Cabreira, as de Outeiro das Moas ou as de Corno Dourado. No primeiro lugar contabilizáronse 11 mámoas, con forma poligonal, escavadas algunhas por López Cuevillas en 1923. Existe outro conxunto, de maiores dimensións, no N da Fraga, cunhas características moi semellantes ás do N de Portugal. Estas terras teñen vestixios arqueolóxicos que datan en 3000 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Borraxeiros (Agolada). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Mente que nace e desemboca na parroquia de Trasestrada (Riós).

    VER O DETALLE DO TERMO