Doce Táboas, lei das

Doce Táboas, lei das
[DER]

Conxunto de disposicións redactadas por dúas comisións (451-450 a C) e aprobadas polos comicios centuriados. Recollían o dereito consuetudinario nos aspectos procesuais, relixiosos, civís e penais. Foron gravadas en doce táboas de bronce e depositadas no Foro para a súa lectura pública. Estableceron o principio básico de que a lei debe ser escrita e non pode depender dun xeito exclusivo da apreciación dos xuíces. Definiron tamén o procedemento para o axuizamento dos culpables dun delito, e o mecanismo polo que a parte ofendida pode reclamar unha indemnización por prexuízos á parte culpable. Constitúen o documento lexislativo máis antigo de dereito romano e a base do dereito público e privado modernos.

Palabras veciñas

Doce | Doce Anos, tregua dos | Doce de Barcelona | Doce Táboas, lei das | doceañista* | doceavo -va | doceiro -ra