Doce Anos, tregua dos
Doce Anos, tregua dos
[HIST]
Suspensión das hostilidades establecida entre Filipe III e as Provincias Unidas (1609-1621) no transcurso da guerra de Flandres. O acordo foi asinado en Anveres o 9 de abril de 1609 polos arquiduques Alberte e Isabel Clara Uxia, como representantes da monarquía española, que esixía o libre exercicio da relixión católica nos seus estados e a abstención do comercio coas Indias. Non obstante , as Provincias Unidas conseguiron a independencia de facto, diversas vantaxes comerciais e conservaron as conquistas feitas durante a guerra. A tregua finalizou o 9 de abril de 1621, coa chegada ao poder dos partidarios da non renovación da tregua nos Países Baixos, e o estalido da guerra dos Trinta Anos.