Eiroas, pazo das
Eiroas, pazo das
Construción situada en Ourense. Foi propiedade de Luís de Villamartín e Sarmiento, segundo a inscrición conservada nunha fonte de 1761 que presenta unha imaxe de san Luís. Na súa orixe, tivo planta rectangular e dous pisos, pero a torre que se engadiu á fachada converteuna nun L. Os torreóns tiñan cuberta cupular e remates piramidais. A torre conserva elementos tomados do pazo de Billerma. A fachada principal ten unha solaina á que se accede por un lateral desde o patio. Está amurallado, e no exterior a portada ten arco de medio punto con pedra de armas que alude aos Villamarín e Salgado.