"OMM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 73.

  • Asociación de nacións constituída polo Reino Unido (coas súas colonias e dependencias) e por unha serie de estados soberanos nacidos a partir do imperio colonial británico. Réxense por un complexo sistema de reunións e consultas, entre as que destacan as reunións de ministros de finanzas e as conferencias dos xefes de goberno. O órgano permanente é a Secretaría Xeral, creada en 1965. As grandes diferencias económicas, culturais e políticas que separan e, a miúdo, enfrontan os membros, non esgotan en gran parte a súa eficacia. Só no terreo arancelario (tarifas preferenciais) se alcanzaron acordos importantes. Aínda que ata finais de 1926 non se produciu a primeira formulación oficial, cómpre situar as orixes na segunda metade do s XIX e nas primeiras décadas do s XX, período durante o que as colonias británicas con maioría de poboación branca (Canadá, Australia, etc) alcanzaron o estatuto de dominio e, xuntas, unha autonomía que se parecía moito á independencia. Os tratados de paz asinados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Literatura escrita en lingua inglesa por autores dos países membros da Commonwealth of Nations. Orixinada nos sistemas educativo e administrativo impostos por Reino Unido nas súas colonias, alcanzou o seu recoñecemento cando estas recobraron a súa independencia, a partir dos anos cincuenta e sesenta do s XX. Está escrita, sobre todo, por autores indíxenas pertencentes ás elites occidentalizadas e ten un carácter híbrido, xa que emprega o inglés pero desenvolve temas tradicionais, históricos, sociais e culturais autóctonos, a miúdo críticos cos valores occidentais. Os países máis representativos pola importancia da súa cultura autóctona son: a India e algunhas nacións africanas como Nixeria, Ghana, Kenya, Uganda, Tanzania e Malawi. A diversidade do proceso colonial nos diferentes países africanos está patente na temática política, máis ou menos reivindicativa. Na India, o dualismo cultural do escritor indio en lingua inglesa plásmase na gran variedade de temas literarios empregados, situados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura de pensamento que consiste en insistir nunha idea para que destaque no seu contexto. Realízase a través de distintos procedementos de repetición, como a reiteración literal dun verso ou dunha frase, ou a sucesión de frases ou versos co mesmo contido semántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da Comuna de París (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de estados creada pola Constitución francesa o 4 de outubro de 1958 que comprendía, ademais do Estado francés, as doce antigas colonias de África que optaran polo estatuto de estado membro e que aceptaran entrar na Communauté, é dicir, no Estado francés, con autonomía interna, pero sen soberanía nin independencia internacional. De feito, podían saír da Communauté cando o desexasen reivindicando a súa independencia. A súa existencia foi moi efémera, porque os estados africanos da Communauté accederon á independencia entre 1959 e 1960. Oficialmente non foi nunca disolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución utilizada para designar a participación dos membros de diversas confesións cristiás nos bens espirituais que lles son comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica, característica do debate dialéctico, que consiste na exposición dunha pregunta. O orador pode dirixir a pregunta ao seu adversario, a si mesmo -como medio de organización dos seus razoamentos- ou ao público, finxindo o establecemento dun diálogo sobre unha determinada actuación, no que se aparenta valorar a opinión dos oíntes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paquete de aplicacións creado pola compañía Netscape que inclúe un navegador para Internet, un editor de páxinas web, un xestor de correo electrónico e varias utilidades máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista internacional católica de teoloxía, fundada no ano 1972 por un grupo de teólogos que querían contrarrestar as tendencias progresistas doutra publicación titulada Concilium. Apareceu en sete edicións lingüísticas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista da India que se conforma como a terceira forza política do país. Fundouse en 1964 como escisión do Partido Comunista (1920), co obxectivo de defender os dogmas revolucionarios marxistas-leninistas e a súa concreta aplicación ás circunstancias da India derivadas do imperialismo, da emerxencia dunha burguesía dominante e da explotación dos terratenentes. Desde 1998 o seu secretario xeral é Harkishan Singh Surjeet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista nepalí que se conforma como a segunda forza política do país, onde gobernou en dúas ocasións. Creouse en 1949, durante os movementos insurreccionais contra o réxime autocrático Rana. Desde 1988 integrou a totalidade das forzas políticas da esquerda nepalí e engadiu ao seu nome as palabras marxista-leninista unificado. O seu obxectivo principal é a consecución dunha democracia popular multipartidista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista estadounidense fundado en 1921 por John Reed. Careceu, ao longo da súa historia, de representación política relevante; isto non impediu que se presentase como unha alternativa de mobilización no sistema político norteamericano. Os seus principios básicos son o pleno emprego, a redución fiscal, a integración racial, a defensa da clase traballadora fronte ás grandes corporacións empresariais, a redución dos gastos militares e a creación dun sistema de saúde público e universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste nunha fórmula especial do quiasmo na que dous elementos equivalentes ou semellantes intercambian non só a súa posición no texto, senón tamén as súas funcións sintácticas. A aparición de elementos idénticos en distintas combinacións sintácticas produce alteracións no seu contido semántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e estadista flamengo. Pertencente á familia Van den Clyte, en 1464 entrou ao servizo do conde de Charolais, o futuro Carlos o Temerario. Estivo na primeira expedición contra Liexa (1466-1467) e, entre outros encargos diplomáticos, tivo unha participación destacada na entrevista de Péronne (1468). En 1472 abandonou a Carlos e converteuse en asesor confidencial de Luís XI. Trala morte do rei en 1483, foi conselleiro de Ana de Francia. Foi condenado a dez anos de desterro por conspirar contra ela, pero recobrou o favor de Carlos VIII, a quen serviu como embaixador en Venecia e acompañou na campaña de Italia (1494-1495). Ata aproximadamente o 1506, ano no que se retirou da política, prestou servizo a Luís XII de Francia. Escribiu Mémoires (Memorias, 1524), fonte imprescindible para o coñecemento da historia de Francia entre os anos 1464 e 1498. A súa obra constitúe unha especie de tratado sobre a arte de gobernar no que priman a diplomacia e a prudencia sobre calquera outro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo belga. Iniciou a súa carreira aos catorce anos no Théâtre des Bouffes-Parisiens e destacou ao pouco tempo como un autor especializado no campo da traxicomedia e da farsa, ademais de realizar diversos traballos como director de escena. Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar Nous n’irons plus au bois (1906), Le sculpteur de masques (1908), Le Marchand de regrets (1913), Le cocu magnifique (1921) ou Chaud et froid (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema longo composto por Dante Alighieri entre 1307, aproximadamente, e 1321, ano da súa morte. É unha obra didáctico-alegórica, na que emprega a terza rima, que relata unha viaxe ao máis alá con intencións proféticas. A acción principal céntrase na peregrinaxe de Dante -convertido en personaxe- cara a Deus. Divídese en tres partes: Inferno, Purgatorio e Paraíso. Cada unha contén trinta e tres cantos, con excepción do Inferno, que ten un máis amodo de introdución ao conxunto. No comezo, Dante atópase perdido nunha selva da que tenta escapar trepando a unha montaña. Cando está a punto de abandonar, aparéceselle o poeta Virxilio (símbolo da razón ou do entendemento humano), enviado pola súa amada Beatrice, (encarnación da revelación divina) para axudalo. Advírteo de que tres obstáculos -un leopardo, un león e unha loba- impiden o paso e que para saír debe percorrer os tres reinos. Así, guiado por Virxilio, baixa ao Inferno. A súa andaina polos infernos remata ao pé do monte do Purgatorio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, político e mestre. Colaborou en xornais de tendencias liberais e dende 1855 dirixiu a Revue de Genève. Foi membro do Gran Consello de Xenebra durante nove anos, vicechanceler en 1857 e chanceler do estado en 1862. Trasladouse a Berna (1865) onde fundou o xornal radical Der Fortschritt, e participou no Gran Consello de Berna durante dez anos. Entre 1875 e 1888 foi secretario xeral dos ferrocarrís Jura-Bern-Lucerne. Destacou polo seu labor de propagación das ideas pacifistas e foi nomeado secretario xeral da Oficina Internacional da Paz de Berna (1891). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1902.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista francés. Profesor en París de filoloxía hebraica e de historia do antigo Oriente, transcribiu e comentou os manuscritos do Mar Morto. Entre as súas obras destacan Livre des hymnes découverts près de la mer Morte (Libro dos himnos descubertos preto do Mar Morto, 1957) e Écrits esséniens découverts près de la mer Morte (Escritos esenios descubertos preto do Mar Morto, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de odonatos, da familia dos coenagriónidos, que na fase adulta se presentan como gaiteiros. O macho ten o corpo de cor azul e negra e os ollos de cor vermella, e as femias teñen o abdome acastañado. As larvas dalgunhas especies pódense desenvolver tanto en augas estancadas como en correntes. En Galicia e no resto da Península Ibérica está presente a especie E. viridulum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO