"Obre" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 296.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1387-1425), fillo e sucesor de Carlos II. O seu casamento en 1375 coa infanta Leonor, filla de Enrique II de Castela, puxo fin ao longo período de hostilidade entre estes reinos. Asinou diversos tratados de paz con Castela e Aragón. Concluíu un acordo con Ricardo III de Inglaterra en 1393 polo que recuperaba Cherburgo. Polo Tratado de París de 1404, que asinou con Carlos VI de Francia, renunciou aos condados de Champagne, Brie e Évreux, e á cidade de Cherburgo, e recibiu o ducado-paria de Nemours. Comprometeuse con Fernando I de Aragón a impedir que Antón de Luna, partidario de Xaime o Desgraciado, conde de Urgell, recibise axuda desde Navarra e Francia. Recoñeceu en 1390 o papa de Aviñón, pero, unha vez que foi proclamado Martiño V, someteuse á obediencia de Bieito XIII. En 1423 instituíu o título de príncipe de Viana, privativo dos herdeiros do Reino de Navarra, a favor de Carlos, primoxénito da súa filla Branca e de Xoán, infante de Aragón. Reformou a facenda...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1905 na que se reagruparon as cinco sociedades obreiras definidas como “apolíticas” xurdidas da entrada da Federación de Trabajadores de Vigo na UGT co reforzo da súa dirección por parte do PSOE local. Alentado polas Sociedades de Pintores y Albañiles, de Carpinteros y Ebanistas, e de Canteiros, duplicou con posterioridade o número de entidades federadas e acadou 1.500 socios no ano 1909. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao anarcosindicalismo da man de militantes anarquistas, como Luís Plaza ou Federico Sánchez. Como consecuencia, as Sociedades de Carpinteros e de Mecánicos estiveron representadas por Plaza no Congreso fundacional da CNT de 1910. En marzo de 1911, o Centro impulsou a creación da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia, á imaxe da Solidaridad Obrera catalana, xunto coa totalidade do anarcosindicalismo coruñés. Para refrendar a influencia libertaria no societarismo vigués apolítico, esta institución delegou a súa presenza no I Congreso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en 1911 por un grupo de obreiros ferroláns, empregados da construción naval, que tiña como finalidade a mellora social mediante un incremento gradual do nivel cultural. Nesta institución destacaron diversos persoeiros republicanos, como Santiago de La Iglesia ou Federico Barinaga, e coñecidos dirixentes socialistas, como os fundadores Emilio Ceniza e Saturnino Hermida; o deputado nas Cortes constituíntes da República, Afonso Quintana; e o seu último presidente, Antonio García. Con 600 traballadores asociados na Segunda República organizou conferencias, excursións, certames e, sobre todo, destaca a súa biblioteca, que chegou a ter consideración de “pública”, provista con máis de cinco mil volumes. Co golpe militar de xullo de 1936 interrompeuse o seu labor, clausurouse o local e expropiouse a biblioteca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto nobre situado en Laracha, formado por unha casa-pazo de planta rectangular, con portalón de acceso (o escudo de armas trasladouse ao pazo de Oca na Estrada) e unha pequena capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casal situado en Santa María a Maior do Val (Narón). De planta rectangular e muros de cachotería con perpiaños nas esquinas, cóbrese con tella a catro augas. O primitivo pombal funciona como celeiro. Foi propiedade de dona Vicenta de Aguiar Tenreiro y Seijas e de don Ignacio Pardo de Lama.
-
CIDADES
Cidade do estado de Sonora, México, situada na chaira litoral a carón do río Yaqui (219.180 h [1990]). Os proxectos de rego do Yaqui, realizados a partir dos anos cincuenta, converteron a cidade nun importante centro comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Elemento de transición situado entre os bloques s e p da táboa periódica e pertencente ao grupo dos metais nobres, de número atómico 29 e peso atómico 63,546. O elemento natural do cobre é unha mestura dos dous núclidos 63 (69,1%) e 65 (30,9%). Coñécense nove isótopos artificiais: 58, 59, 60, 61, 62, 64, 66, 67 e 68. A proporción de cobre na codia terrestre é de 0,01%, aproximadamente. De cor rosada clara, ao oxidarse toma unha cor marrón e a miúdo preséntase en formas arborescentes ou masas filiformes. Os minerais de cobre divídense en dous grupos: os minerais sulfurados e os metamórficos ou oxidados. Entre os primeiros coñécense os sulfuros simples, como a calcosina e a covelina. Os minerais metamórficos son o cobre nativo, bastante raro, os óxidos (cuprita e tenorita) e os sales insolubles (malaquita, atacamita, etc). A metalurxia do cobre comprende un procedemento en seco, aplicado aos minerais ricos, e un tratamento húmido, para os minerais pobres. Independentemente...
-
acetoarsenito de cobre [Cu(C 2 H 3 O 2 ) 2 ·3Cu(AsO 2 ) 2 ]
Po cristalino de cor verde, estable ao aire e á luz, case soluble en auga, coñecido tamén como verde de París ou verde de Schweinfurt. Emprégase como insecticida e tamén como pigmento en pinturas náuticas.
-
cloruro de cobre(I) [CuCl]
Po branco obtido por acción do ácido clorhídrico sobre o cobre en presenza de pequenas cantidades de ácido nítrico. É insoluble en auga e soluble en ácido clorhídrico e amoníaco.
-
cloruro de cobre(II) [CuCl 2 ]
Sólido amarelo en estado anhidro que, hidratado, cristaliza en agullas verdes. Obtense por acción do ácido clorhídrico sobre o óxido cúprico.
-
óxido de cobre(I) [Cu 2 O]
Sólido vermello que existe en estado natural (cuprita). Obtense por redución do acetato cúprico ou por acción da glicosa sobre o reactivo de Fehling. Emprégase como colorante vermello de certos vidros e cristais.
-
óxido de cobre(II) [CuO]
Sólido cristalino que se obtén quentando cobre ao aire libre ou por calcinación do nitrato de cobre. Emprégase como colorante verde de vidros.
-
sulfato de cobre [CuSO 4 ]
Sal de cobre que se presenta en forma de cristais azuis. É o máis importante dos sales de cobre, que se emprega para tinguir la e seda, en electrometalurxia e galvanoplastia. Úsase en solucións diluídas como antiséptico e como antídoto en casos de intoxicación.
-
-
Instrumentos musicais metálicos de vento da orquestra.
-
calcosina.
-
-
-
de cobrear.
-
Que ten a cor do cobre.
-
Acción e efecto de cobrear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recubrir unha superficie, xeralmente metálica, cunha capa de cobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cobra.
-
-
cobra rateira.
-
Cobra de gran tamaño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moverse en zigzag igual ca unha cobra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos teñen significado abundancial xa que na súa orixe nomeaban lugares caracterizados por presentaren abundancia de cobras. Este apelido adoita aparecer castelanizado como Cobrero. A mesma orixe presenta a forma plural Cobreiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é abundante en cobras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma plural correspondente ao apelido galego Cobreiro. Documéntase no s XV: “Pedro de Cobreiros” (doc ano 1414 en X. Ferro Couselo, “A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 107), “Garcia de Cobreiros” (doc ano 1434 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 25). Adoita aparecer castelanizado como Cobreros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego de orixe toponímica Cobreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cobreiros.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Mesturou o gusto pola estética medieval nas construcións relixiosas co repertorio neoclásico nos edificios civís. Foi arquitecto da Deputación (1870) e do concello de Lugo (1894), cidade na que fomentou a creación da Escola de Artes e Oficios (1888) e a electrificación do núcleo urbano. Entre as súas obras destacan o concello (1874) e as torres da catedral (1878-1881) de Lugo, as igrexas de Santiago de Mondoñedo (1889-1890), de Santalla de Cervo (Cedeira, 1906-1907) e de San Bertomeu de Cariño (1907-1910), e a reconstrución do castelo de Castro de Ouro (Alfoz).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilaboa baixo a advocación de santo Adrán.
VER O DETALLE DO TERMO