Centro Obrero de Cultura

Centro Obrero de Cultura

Asociación creada en 1911 por un grupo de obreiros ferroláns, empregados da construción naval, que tiña como finalidade a mellora social mediante un incremento gradual do nivel cultural. Nesta institución destacaron diversos persoeiros republicanos, como Santiago de La Iglesia ou Federico Barinaga, e coñecidos dirixentes socialistas, como os fundadores Emilio Ceniza e Saturnino Hermida; o deputado nas Cortes constituíntes da República, Afonso Quintana; e o seu último presidente, Antonio García. Con 600 traballadores asociados na Segunda República organizou conferencias, excursións, certames e, sobre todo, destaca a súa biblioteca, que chegou a ter consideración de “pública”, provista con máis de cinco mil volumes. Co golpe militar de xullo de 1936 interrompeuse o seu labor, clausurouse o local e expropiouse a biblioteca.