"Ove" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos vectores que corresponden ao autovalor λ dun endomorfismo dun espazo vectorial f, que á súa vez constitúen o Ker (f - λx), é dicir: os vectores e tales que f(e) = λe. Os autovectores de f poden interpretarse como aqueles elementos sobre os que o endomorfismo f actúa coma unha homotecia. Tamén se denomina vector propio.
-
PERSOEIRO
Físico inglés. Foi profesor na Universidade de Londres (1909-1913), membro da Royal Society (1912) e profesor de Filosofía Natural en Edimburgo a partir do 1913. Estudiou a radiación secundaria producida polos raios X nos gases e estendeu a súa investigación aos sólidos. Foi Premio Nobel de Física no ano 1917.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación que barloventa ben, gañándolle camiño ao vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Navegar manobrando de xeito tal que, dando bordadas sucesivas en zig-zag, se consiga seguir o rumbo dirixido cara ao fío do vento, na amura, ofrecendo deste xeito unha menor resistencia á forza do vento. O éxito desta manobra depende unicamente das liñas do casco e da habilidade do patrón. Unha regra xeral, e que convén ter presente en todo momento, é que barloventando a distancia dóbrase, o tempo triplícase e o abatemento multiplícase por catro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Islas Canarias, situado ao N da illa de La Palma (2.488 h [1996]). Esténdese polos límites do antigo reino guanche de Fagaragre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lado da embarcación de onde sopra o vento.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Islas Canarias, situado ao N da illa de La Palma (2.488 h [1996]). Esténdese polos límites do antigo reino guanche de Fagaragre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo romántico inglés. Mostrou a súa inclinación polo macabro e sobrenatural na obra poética The Improvisatore (O improvisador, 1821). Escribiu tamén o drama The Bride’s Tragedy (A traxedia da ponte, 1822) e o poema “Death’s Jest Book or the Fool’s Tragedy” (1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán de orixe flamenga. Comezou a súa educación musical de neno da man do seu pai, para logo ser alumno de Tobias Pfeiffer e de Christian Gottlob Neefe. En marzo de 1778 foi presentado como neno prodixio da música nun concerto organizado polo seu pai e aos dezaseis anos marchou a Viena, coa intención de ser discípulo de Mozart, o que non acadou debido á negativa do mestre. Posteriormente recibiu leccións de Haydn, B. Schenk, Johann G. Albrechtsberger, Antonio Salieri e Aloys Förster. Froito destes estudios foron, entre outros, os Concertos para piano, op 15 e 19 e Tríos op 1, estreados en 1795. Pronto sobresaíu polos seus dotes de compositor e pianista. Lenz foi o primeiro musicólogo que distinguiu tres estilos ou etapas dentro da obra de Beethoven. Na primeira (ata 1800), as súas obras non se distinguiron formalmente das de Haydn e de Mozart, pero teñen trazos orixinais característicos; as obras máis destacables foron a Sonata para piano op 13 (1798),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adaíl galo, fundador mítico de Milán (Mediolanum) e vencedor dos etruscos canda a emigración céltica ao norte de Italia, debida á presión demográfica, comandada polo Rei Ambiogato.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Amur, Rusia, na confluencia do Zeja e do Amur (213.361 h [1995]). É posto fronteirizo e ten porto fluvial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego aparecida en Santiago en 1994 editada pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude. Inclúe as seguintes seccións: “Actividades”, “Bolsas e axudas”, “Cursos”, “Fomento do emprego”, “Formación ocupacional”, “Ofertas de emprego”, “Premios”, “Tive” e “Última Hora”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario enciclopédico ruso, destacado pola súa envergadura e o seu nivel científico. A primeira edición (1925-1947), dirixida por Otto Schmidt, consta de 65 volumes, ademais dun dedicado á URSS. A segunda edición (1950-1958), que tivo dous directores, Sergej Ivanovič Vavilov (1950-1951) e Boris Vvedenskij (1951-1958), consta de 50 volumes e un suplemento. No ano 1970 iniciouse a publicación da terceira edición, dirixida por Aleksandr Mikhajlovič, que consta de 30 volumes e da que existe unha edición en lingua inglesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.
-
bóveda anular
Bóveda de canón montada sobre paredes circulares concéntricas.
-
bóveda avenerada
Bóveda que ten forma de cuncha de vieira.
-
bóveda calada
Bóveda traballada por calados.
-
bóveda claustral/esquifada
Bóveda formada pola intersección de dúas bóvedas de canón sobre un soporte continuo, cadrado ou rectangular. Ten catro panos triangulares esféricos e arestas entrantes.
-
bóveda de abano/palmeada
Bóveda na que os nervios semellan varas dun abano ou pólas dunha palmeira.
-
bóveda de arcos entrecruzados
Bóveda de orixe musulmana, formada polo cruzamento de arcos que non pasan polo centro.
-
bóveda de aresta
Bóveda que resulta do cruzamento perpendicular de dúas bóvedas de canón da mesma frecha.
-
bóveda de canón
Bóveda orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo do seu eixe lonxitudinal.
-
...
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Bóveda por ser onde está a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilar de Barrio baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da Terra de Lemos, situado na provincia de Lugo ao L da Comunidade Autónoma. Limita ao N cos concellos do Incio e de Paradela (ambos os dous da Terra de Sarria), ao O co do Saviñao, ao S co de Monforte de Lemos e ao L co da Pobra de Brollón (os tres da comarca de Lemos). Abrangue unha superficie de 91,1 km 2 cunha poboación de 1.737 h (2007), distribuídos nas parroquias de Bóveda, Freituxe, Guntín, Martín, Mosteiro, Remesar, Ribas Pequenas, Rubián, San Fiz de Rubián, Teilán, Tuimil, Ver, Vilalpape e Vilarbuxán. A capital municipal é a vila de Bóveda, situada a 42° 37’ de latitude N e 7° 29’ de lonxitude O, a unha distancia de 139 km de Santiago de Compostela, 51 km de Lugo e 12 km de Monforte de Lemos. O concello está adscrito ao partido xudicial de Monforte de Lemos e á diocese de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio municipal de Bóveda está baixo o dominio climático oceánico continental, caracterizado por unhas precipitacións moderadas e...