"PERT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 123.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de conservación dos alimentos inventada por Nicolas François Appert. Consiste en someter ao baño maría durante un tempo determinado, variable para cada produto e para cada medida de envase, un alimento contido nun recipiente hermético. Modernamente, as técnicas de conservación por calor evolucionaron e modificouse o sistema proposto por Appert. O termo appertización substituíuse polo máis exacto de esterilización.
-
PERSOEIRO
Prehistoriador, arqueólogo e paleontólogo, máis coñecido como Boucher de Perthes. Está considerado como un dos fundadores da Prehistoria. Autodidacta, con coñecementos sólidos de Xeoloxía, interesouse pola Arqueoloxía e defendeu e demostrou a existencia do home cuaternario. Publicou diversas obras, entre as que destaca Antiquités celtiques et antédiluviennes (Antigüidades célticas e antediluvianas, 1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Morto na Primeira Guerra Mundial, transformouse en símbolo da xuventude desaparecida na guerra. Publicou Poemas (1911) e, postumamente, 1914 and other poems (1914 e outros poemas,1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid, en Roma, París e Milán. Fundou a Sociedad de Autores e dedicouse principalmente á zarzuela, con pezas como Música clásica (1880), La tempestad (1882), La bruja (1887), El rey que rabió (1891), El tambor de granaderos (1894), La revoltosa (1897), Curro Vargas (1898) e El puñao de rosas (1902). Nun intento de revalorizar a ópera en castelán, estreou Roger de Flor (1878), Circe (1902) e Margarita la tornera (1909). Tamén compuxo catro cuartetos de corda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador escocés. Saíu de Trípoli (1822) con Oudney e Denham para explorar África central; en 1823 chegaron ao Chad, onde non estivera nunca ningún europeo e, pouco tempo despois, ao reino de Bornu, onde se estableceron durante un ano; ao proseguir co propósito de explorar o Níxer, faleceu Oudney, e Clapperton continuou ata Kano e Sokoto; esgotado, volveu a Bornu e despois a Inglaterra xunto con Denham. En 1826 emprendeu unha nova expedición e regresou a Sokoto, onde morreu de disentería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deixar frouxo algo que estaba apertado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico anarquista cun primeiro e único número que apareceu en Ferrol en setembro de 1926 e que, inmediatamente despois, foi suspendido pola censura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico anarcosindicalista, inicialmente saía cada dez días e, logo, dende o nº 7, semanal, editado en Vigo dende o 30 de marzo de 1928 ata finais do verán de 1930. Voceiro da cenetista Federación Regional Marítima, estivo a cargo de Eduardo Collado e Xosé Villaverde. Esta publicación serviu como punto de encontro da militancia libertaria nun intre no que a ilegalización da CNT na maioría do Estado español impedía a circulación normal da prensa confederal. De feito, o periódico contou co apoio e o financiamento do grupo Solidaridad, composto por coñecidos militantes establecidos en Catalunya e Levante e posicionados a prol do funcionamento legal do sindicato nas estreitas marxes da ditadura de Primo de Rivera. Nas súas páxinas, a carón de sinalados militantes galegos, como Marcial Villamor, Dalmacio Bragado, Claro Sendón, Eladio Díez e o propio Villaverde, figura unha nutrida representación de cadros foráneos da CNT, como Juan Peiró, Juan López, Ángel Pestaña, Isaac Puente e Federica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
espertador.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida o 10 de xaneiro de 1867 na Coruña e que cesou o 30 de decembro do mesmo ano. Dirixida por Darío García e Pantaleón Prieto, subtitulábase “Periódico de primera enseñanza de la provincia de La Coruña”. Saía tres veces ao mes e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante. Contaba coas seccións “Editoriales”, “Rectorado”, “Junta Provincial e Inspección”, “Variedades” e “Correspondencia”. Incluía artigos referidos á mellora da calidade do ensino e das escolas, principalmente no que atinxía aos mestres e aos primeiros anos do ciclo formativo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
espertar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado por María Xosé Queizán en 1993 comprometido coa causa feminista, no que desenvolve unha reflexión sobre o poder da palabra e tenta construír un eu lírico feminino a partir da rebelión e da ruptura coas formas e valores establecidos polo home. A primeira parte, titulada “Despertar das amantes”, está formada por poemas amorosos dirixidos a outra muller. Son os máis intimistas, anecdóticos e reveladores da vivencia persoal. A medida que avanzan os poemas, o encontro erótico entre dous corpos femininos vai perdendo a súa condición de experiencia individual para converterse nun discurso máis abstracto e xeneralizador. Así, as dúas amantes que espertan xuntas pola mañá son dúas mulleres concretas que comezan xuntas un novo día. O despertar é tamén un acto simbólico: a muller libérase dos valores impostos tradicionalmente polo home e revélase como creadora dunha nova realidade solidaria. A segunda parte, “Escrita”, constitúe unha poética ao redor do xogo erótico que implica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario en castelán de carácter independente aparecido en Bos Aires o 8 de setembro de 1905. Dirixido por C. Rey e J. B. Fernández, contou coa colaboración de Vicente Medina, Luís Sánchez e Félix Guguerella. Trataba problemas da colectividade galega emigrada e realizaba un labor crítico coas asociacións galegas. No último número indican o seu interese por converterse nun semanario co título de El Despertar Hispano, que non chegou a publicarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo aparecido en xaneiro de 1922 en Bos Aires que cesou a súa edición ao redor de 1930. Subtitulouse “Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina”. Dirixido por Antón Alonso Ríos, exerceu como voceiro da Federación de Sociedades Gallegas. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Vanguardia. Contou coa colaboración de Xulio Sigüenza, E. Blanco Amor, Xesús Calviño, Luis Araquistain, Ramón Villar Ponte, Miguel Revestido, Lois Peña Novo, Waldo Álvarez Insúa e outros. Mantivo unha relación moi directa co xornal ourensán La Zarpa. Incluía novas referidas a cuestións económicas, políticas e sociais, ademais de debates políticos que xurdían entre as diferentes sociedades, información interna da Federación, algunhas colaboracións literarias e artigos de carácter anticaciquil, agrarista e liberal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario anarcosindicalista, voceiro da Federación Regional Marítima, integrada na CRG-CNT, e imprentado en Vigo entre o 15 de decembro de 1926 e o 1 de xullo de 1927. Foi dirixido por Xosé Villaverde ata a súa suspensión polas autoridades gobernativas. Oito meses despois foi substituído por Despertad!!
-
SEMANARIOS
Semanario anarcosindicalista, probablemente vinculado ao Centro de Sociedades Obreras de Vigo, aparecido na cidade olívica durante o ano 1910.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia agrarista editada en Salceda de Caselas en 1915. Pertenceu á Sociedade de Labradores da localidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de posible ideario anarquista, editada na Coruña no ano 1926, do que só saíron dous números.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
esperto.
-
PERSOEIRO
Actriz. En 1947 ingresou na compañía infantil do Teatre Romea de Barcelona, e en 1950 pasou á adulta. En 1954 comezou a súa carreira profesional coa interpretación de Medea, de Eurípides. Fundou unha compañía co seu marido en 1959 e estreou Gigí, de Colette. Interpretou a partir dese ano moitas obras, entre as que destacan A boa persoa de Sezuan, de Bretch (1966), as traducións castelás de Huis clos e La putain respecteuse, de Sartre (1969), Yerma, de García Lorca (1972), Divinas Palabras, de Ramón Mª del Valle-Inclán (1976), Doña Rosita o el lenguaje de las flores, de García Lorca (1981), A tempestade, de W. Shakespeare (1982), ou Salomé, de Oscar Wilde. Compartiu, con José Luis Gómez e Ramón Tamayo, a dirección do Centro Dramático Nacional (1979-1981). En 1986 debutou como directora en Londres, coa montaxe de La casa de Bernarda Alba. Destacou a súa actividade no campo da ópera, especialmente...
VER O DETALLE DO TERMO