"PTE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 160.
-
-
Relativo ou pertencente ao mamífero da familia dos balenoptéridos.
-
Mamífero da familia dos balenoptéridos.
-
Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprenden diversas especies de baleas do xénero Balaenoptera, denominadas máis propiamente rorcuais. Teñen as barbas máis curtas e ríxidas ca as dos balénidos, e as primeiras vértebras cervicais libres. Baixo o pescozo e o peito teñen unhas grandes pregaduras lonxitudinais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia aromática extraída da esencia da bergamota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristais amarelos, que se funden entre 250-280°C, pouco solubles en auga. É unha pterina moi difundida, en pequenas concentracións, na natureza. Está presente nos ouriños e na xelea real das abelllas, sobre as que semella ter un efecto de factor de crecemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de libélulas da suborde dos zigópteros caracterizado por presentar na fase de vida adulta as ás vivamente coloreadas. En Galicia son comúns en cursos de auga limpa as especies: C. virgo, denominada “gaiteiro aliazul” e C. haemorrhoidalis, denominada “gaiteiro alivermello”.
-
-
Relativo ou pertencente aos cicloptéridos.
-
Peixe da familia dos cicloptéridos.
-
Familia de peixes mariños á que pertence o roncador.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cigópteros.
-
Insecto da suborde dos cigópteros.
-
Suborde de odonatos de libélulas que, no estado adulto, presentan catro alas de igual tamaño que se manteñen xuntas na maioría dos xéneros cando o animal está pousado. Pertencen a este grupo as familias dos calopteríxidos, cenagriónidos, epaláxidos, léstidos e platicnemídidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos coleópteros.
-
Insecto da orde dos coleópteros.
-
Orde de insectos de metamorfose completa que se caracterizan por presentar, na fase adulta, o primeiro par de alas endurecido, os élitros, que ten perdida a capacidade de axuda no voo pero que serve para protexer o mesotórax, o metatórax e o abdome, e o segundo par de alas membranoso. Para voar erguen os élitros, agás as cetonias, que estenden as alas baixo estes, o que lles permite despregar o segundo par de alas membranosas que ata ese momento se mantiveran pregadas. Nalgunhas especies, os élitros poden estar soldados, feito que impide o voo; a partir de aí conforman unha estrutura especialmente ríxida, como é o caso dalgúns gurgullos e carábidos. O corpo é máis ou menos abombado e alongado, aínda que moitas especies teñen formas ovadas ou redondas. Entre a cabeza e os élitros sitúase un escudo que protexe o protórax e que pode chegar a recubrir a cabeza; pode presentar monoespiñas. O exoesqueleto aparece fortemente quitinizado, característica que lle dá ao animal unha gran dureza....
-
-
-
Abuso contra a lei ou o dereito.
-
Erro que se comete nunha palabra cando se escribe ou pronuncia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de sensibilidade superior ao normal que, segundo Charles Robert Richet, permite percibir estímulos ou informacións que pasarían normalmente inadvertidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos cicloptéridos ao que pertence o roncador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos perennes, da familia das atiriáceas, de rizoma curto con páleas anchas de cor acastañada, indusios ovados unidos pola marxe á folla que protexe os soros circulares; frondes glabras, de menos de 40 cm de altura, e bipinnadas de xeito simétrico. En Galicia están presentes, en ambientes húmidos e sombrizos, as especies C. dickieana, C. fragilis e C. viridula.
-
-
Relativo ou pertencente aos dactilopteriformes.
-
Peixe da orde dos dactilopteriformes.
-
Orde de peixes ao que pertencen as familias dos cefalacántidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos peixes que teñen parcialmente libres as espiñas das aletas pectorais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cetáceos, da familia dos monodóntidos, ao que pertence a beluga.
-
-
Relativo ou pertencente aos dermápteros.
-
Insecto pertencente á familia dos dermápteros.
-
Orde de insectos denominados popularmente cadelas de frade.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos dermópteros.
-
Mamífero da orde dos dermópteros.
-
Orde de mamíferos que comprende animais que acadan os 40 cm de lonxitude. Caracterízanse por presentar unha membrana ou pataxio que se estende polos lados do pescozo e abrangue as extremidades ata o rabo, feito que lles permite realizar longos voos entre as árbores tras lanzarse ao baleiro amodo de paracaídas. Son animais arborícolas, que non adoitan baixar ao chan, e que viven nas selvas mestas do sueste asiático e do leste da India. De día permanecen pendurados das pólas coma os morcegos e de noite saen para alimentarse de follas, froitos e xermolos. A orde orixinouse a partir dos primeiros insectívoros e talvez as similitudes cos morcegos e primates sexan froito dunha converxencia evolutiva. Coñécense un gran número de fósiles desta orde, como Planetetherium, pero só subsiste un xénero: Cynocephalus, con dúas especies, C.volans, que habita nos bosques de Filipinas, e C. variegata, propia de Malaisia e Indonesia. Denomínanse popularmente como lemures voadores.
-
-
-
Que presenta dúas ás.
-
-
Relativo ou pertencente aos dípteros.
-
Insecto da orde dos dípteros.
-
Orde de insectos que se caracteriza por presentar, na fase adulta, un par de ás membranosas e un segundo par transformado en pequenos órganos, con forma de maza, que serven como órgano de equilibrio durante o voo. Durante a fase larvaria preséntanse como eirugas ápodas, aínda que algunhas teñen apéndices carnosos que facilitan o movemento. Viven, dependendo das especies, en medios tan diversos como os acuáticos ou os cadavéricos. A cabeza dos adultos é, xeralmente, de gran tamaño e mobilidade, con dous grandes ollos compostos de milleiros de facetas. Ademais, na parte superior da cabeza, a maioría das especies presentan tres ocelos, dispostos de xeito triangular. Os dípteros adultos teñen o corpo cuberto de sedas que utilizan como receptores sensoriais, ademais das antenas que presentan na parte media da cabeza e que se empregan para o tacto e o olfacto. As sedas ou macroquetas son de grande importancia para a clasificación e identificación. Aliméntanse durante a fase adulta de líquidos,...
-
-
-
Na arquitectura clásica, edificio rodeado por dúas ringleiras de columnas. A distancia entre elas é igual á dun intercolumnio.
-
Edificio que ten dúas ás ou corpos saíntes nos seus costados.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ás dipterocarpáceas.
-
Árbore da familia das dipterocarpáceas.
-
Familia de plantas dicotiledóneas integrada por uns quince xéneros que reúnen preto de 600 especies de plantas leñosas, propias sobre todo de Asia tropical e África tropical. Algunhas especies de dipterocarpáceas aprécianse en carpintería.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia os dípteros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das aceráceas, caracterizadas por presentar froitos en mericarpo alados individualmente.