"Pacheco" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 28.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Caracterizouse pola singularidade da súa visión lírica e pola multiplicidade de formas poéticas, tradicionais e modernas. Da súa obra destacan a novela Morirás lejos (1967), os libros de poesía No me preguntes cómo pasa el tiempo (1969, Premio Nacional de Poesía Mexicana), El principio del placer (1972), Irás y no volverás (1974), Islas a la deriva (1976), a recompilación Ciudad de la memoria (1989) e Siglo pasado (desenlace) (2000). Recibiu o Premio Iberoamericano de las Letras José Donoso (2001) e o Premio Octavio Paz (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé en Ourense e formou (1899) unha pequena e breve sociedade cinematográfica con Xosé Gil, con quen realizou diversas exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. Asociouse en Vigo (1907) co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de   Filippo Prosperi. Co falecemento desta (1915), a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser de propiedade exclusiva de Xaime. Moitas das fotos realizadas por Filippo e Cándida foron posteriormente utilizadas por Pacheco, que continuou o catálogo de retratos e vistas da cidade que iniciara o fotógrafo italiano. Colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, sobre todo, de El Pueblo Gallego, especializouse en retratos de estudo de xente anónima ou de persoeiros, como Carlos Maside, Ramón Cabanillas, Luís Seoane, Martínez Garrido ou A. Castelao, co que se converteu nun dos máis destacados de Vigo e de Galicia. O seu traballo, realizado cun amplo equipo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Tivo os seus obradoiros en Santiago de Compostela, herdados do seu pai, Luís de Paz. Comezou a exercer a partir de 1607 coas edicións ilegais das indulxencias de san Toribio, Nosa Señora do Pilar de Zaragoza e outras polas que foi encarcerado. En 1612 imprimiu Relación de las exequias de doña Margarita de Austria, do que se conserva un exemplar na Biblioteca Universitaria de Santiago, e Instrución de Confesores (1616).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e mestre de capela. De nome Xosé Basanta Fernández Pacheco, en 1795 ingresou no coro de nenos da catedral mindoniense e foi instruído na formación musical. Con vinte anos substituíu ao mestre Santavalla na dirección da capela a asumiu todas as competencias do cargo. En 1805 o cabido enviouno a Santiago de Compostela para ampliar a súa formación co mestre Melchor López, de quen recolleu o gusto polos vilancicos galegos. Compuxo música relixiosa, entre a que destacan varios salmos, dous Stabat Mater e dous Te Deum; música culta, con diversos motetes; e, sobre todo, vilancicos de Nadal, dos que 29, dun total de 150, están escritos en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Liberal e deputado por Albarracín en diversas ocasións, foi ministro de Gobernación (1854-1855). Mostrouse partidario de O’Donnell e foi presidente do Tribunal de Cuentas (1858) e gobernador do Banco de España. En 1869 volveu ao Congreso de los Diputados, onde se mostrou partidario de Amadeo de Savoia. Durante o Restauración encabezou o grupo liberal centralista. Presidiu o Senado (1871-1872) e en 1876 foi nomeado senador vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia, situado ao N de Cartagena (24.332 h [2001]). Ten industria da construción, alimentaria, de manufacturas madeireiras e metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Catedrático de Estética na Universitat de Barcelona, a súa poesía, profundamente relixiosa e existencial, foi recollida en diversos volumes, como Poesías reunidas 1945-1990 (1990, Premi Ciutat de Barcelona). Cultivou tamén o ensaio, como en Estudios sobre a palabra poética (1952) e Nietzche, de filólogo a Anticristo (1992). Dentro da historia literaria cómpre salientar Historia de la Literatura Universal, en colaboración con Martí de Riquer.

    VER O DETALLE DO TERMO