"Paulo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 41.

  • PERSOEIRO

    Papa (1464-1471). De nome Pietro Barbo, foi elixido cardeal (1440) polo seu tío Uxío IV. Unha vez papa, non respectou a capitulación electoral favorable ao conciliarismo. Débeselle a disciplina do xubileo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1534-1549). De nome Alessandro Farnese, desautorizou a política irenista de Carlos V e os seus coloquios de relixión cos luteranos. Aprobou a Compañía de Xesús e convocou o Concilio de Trento (1545). Confiou a Michelangelo Buonarroti a dirección dos traballos da basílica de San Pedro do Vaticano e as decoracións das capelas Paulina e Sistina. Erixiu a Università de Messina (1548).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1555-1559). De nome Giovanni Pietro Carafa, foi contrario aos Hasburgo e enfrontouse con Filipe II. As tropas deste invadiron os Estados Pontificios e estiveron a piques de ocupar novamente Roma (1556). Durante o seu pontificado foi publicado por primeira vez o Índice de libros prohibidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Nagasaki 5.2.1597) Mártir. Ingresou na Compañía de Xesús e foi un bo predicador. Morreu crucificado en Nagasaki, xunto con outros 25 mártires. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1605-1621). De nome Camillo Borghese, durante o conclave, a monarquía castelá púxolle veto aplicando o ius exclusionis, feito que supuxo unha novidade entre os soberanos católicos. Publicou o Rituale Romanorum, autorizou a condena do sistema copernicano (1616).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1963-1978). De nome Giovanni Battista Montini, traballou con Pío XII e foi arcebispo de Milán (1954). Elixido cardeal por Xoán XXIII (1958), converteuse no seu sucesor. Deu un impulso decisivo ás tres últimas sesións do Concilio Vaticano II e asumiu plenamente o espírito deste, plasmado nas encíclicas Ecclesiam suam (1964) e Populorum progressio (1967). Máis controvertidas resultaron Mysterium fidei (1965), Sacerdotalis caelibatus (1967) e, sobre todo, Humanae vitae (1968). Creou o sínodo dos bispos e os secretariados para os non cristiáns e os non crentes, e deu vigor ás conferencias episcopais. Entre 1964 e 1970 emprendeu viaxes, de signo pacífico (ONU) e ecuménico (Xerusalén, Consello Ecuménico das Igrexas en Xenebra) e polo camiño diplomático interveu na resolución de diversos conflitos. Durante os derradeiros anos de pontificado viu acentuada a crise dogmática, disciplinaria e espiritual no interior do catolicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tarso, Cilicia 7? - Roma? 67?) Apóstolo do cristianismo. Coñecido tamén como Paulo de Tarso ou apóstolo dos xentís, e mesmo como Apóstolo por antonomasia, posto que el mesmo se atribuíu este título, foi unha das figuras que máis contribuíu á expansión do cristianismo no mundo grecorromano. De familia xudía e, ao mesmo tempo, cidadán de Roma de nacemento, recibiu unha educación xudía, pero tamén foi educado nas letras gregas. Fariseo, perseguiu os cristiáns helenistas de Xerusalén, ata que se converteu cando intentaba estender a persecución en Damasco. Anos máis tarde Bernabé incorporouno aos dirixentes da comunidade de Antioquía e ao ano seguinte inciou na súa compañía a súa primeira experiencia misioneira (45-49) en que se demostrou xa a eficacia do seu apostolado. Noutras dúas viaxes estendeu o Evanxeo e implantouno solidamente en dúas capitais romanas: Corinto e Éfeso (49-58). Cando se propoñía ir a Roma para levar o Evanxeo ata a Península...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tesalónica 285? - Capadocia 351) Mártir e bispo de Constantinopla (337-351). Asistiu ao Concilio de Nicea (325) e foi expulsado da súa sede en varias ocasións ata que foi reposto en 346. A súa festividade celébrase o 7 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Paulus, ‘pequeno’, e este á súa vez de Paullus, cognome romano, talvez derivado dun alcume que un membro da gens Aemilia mereceu pola súa baixa estatura. Presenta a variante Paulos. A festividade do apóstolo san Paulo celébrase o 29 de xuño (martirio) e o 25 de xaneiro (conversión); san Paulo de Tebas o 15 de xaneiro (eliminado despois do Concilio Vaticano II); san Paulo, bispo de Constantinopla, o 7 de xuño; san Paulo Miki o 6 de febreiro; san Paulo da Cruz o 19 de outubro; san Paulo I o 28 de xuño; santa Paula, a mártir, o 3 ou 18 de xuño e santa Paula, a relixiosa, o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia, de ata 15 m de altura, copa ancha e pólas ascendentes, follas alternas de gran tamaño, amplamente ovadas, enteiras ou trilobadas, provista de flores tubulares con lobos estendidos, violáceos por fóra e negros por dentro, dispostos en inflorescencias en panículas vistosas e froito en cápsula leñosa dehiscente con pequenas sementes aladas. Florece en maio. É orixinaria de Asia oriental (China e Xapón). En Galicia cultívase como planta ornamental. Proporciona unha madeira lixeira, de aplicacións variadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquiveiro e escritor. Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela desde 1885 e traballou tamén, entre outros, nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos da capital galega. Fundou o xornal Organillo (1883) e colaborou en Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Galega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Dos seus escritos destacan Biografía del escultor Ferreyro (1898), Historia del periodismo santiagués (1905), Notas viejas galicianas (1925-1927) e Dicionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII (1930). Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico e escritor. Licenciado en Belas Artes (1984), cultivou a pintura e a fotografía dixital. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas. Escribiu 1937, Castelao e Souto en Valencia (1985), Tratamento Dixital da Imaxe (1999), Arturo Souto (2002) e A Guerra de Arturo Souto (2002). Colaborou, entre outras obras, no deseño de Instituto Xelmírez. Pasado e presente (1997), Con pés na terra (1999) e Dame a túa man (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Dedicouse á transcrición de documentos medievais e á investigación dos arquivos eclesiásticos. Escribiu Instrución al público, o sea un Tratado diplomático, cronológico y apologético en demostración del Voto del Apóstol Santiago (1778), Disertación acerca de las antigüedades de Galicia, sobre la extensión de su territorio y su calidad de provincia en tiempo de los romanos e Disertación céltica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello absorbido no s XIX polo concello de Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capital do estado de São Paulo, Brasil (9.785.640 h [2000]). Está situada nun altiplano, que a serra do Mar separa da depresión litoral, á beira do río Tietê, dividíndoa en dúas partes. Afectada por grandes masas de inmigrantes procedentes de todas as partes do mundo, ao lado de rañaceos e edificios suntuosos atópanse barrios humildes, cun gran contraste urbanístico e social. Esta expansión é debida sobre todo ao cultivo e ao comercio do café, do que é a capital mundial. Fundada en 1554 polos xesuítas, obtivo diversos privilexios en 1560 e tivo unha rápida expansión que provocou numerosos conflitos internos. Capital de Brasil (1681) e cidade (1711), a revolución do café provocou unha forte expansión económica e demográfica. Desde 1870 foi a sede dun movemento republicano, federalista e progresista desfeito en 1932.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil, situado na rexión Sueste (248.809 km2; 37.032.403 h [2000]). A súa capital é São Paulo. Pertence á rexión fisiográfica do escudo brasileiro, que se pode dividir en dúas rexións naturais. A rexión litoral é unha estreita franxa entre a costa e as serras do Paranapiacaba, do Mar e da Mantiqueira. A rexión interior é un altiplano composto por materiais paleozoicos, inclinado suavemente cara ao río Paraná. Os ríos do interior pertencen á conca do Paraná (Tietê, Grande e Paranapanema) agás o Paraíba do Sul, que desemboca no Atlántico. Os ríos do litoral, o máis importante o Iguape, desembocan no Atlántico. O clima é tropical. A economía baséase na monocultura e a exportación do café. É o primeiro estado industrial de Brasil con industrias téxtiles, mecánicas, siderúrxicas, de papel e tabaco. A capitanía portuguesa de São Vicente proporcionou os primeiros núcleos coloniais da zona; en 1709 chegou a ser capitanía xeral. Cara a 1870 o cultivo do café...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Pedro de Ermo na parroquia de Triacastela, no concello homónimo. Documéntase en 919 cando o Rei Ordoño II e a súa dona Elvira confirmaron a doazón que fixera a este mosteiro o seu avó Gatón, o fundador do mesmo. En 922 o mesmo rei doouno á igrexa compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e poeta latino. Coñecido como Paulo Diácono, á caída dos longobardos, foi vivir á corte de Carlomagno en Aquisgrán (782) e volveu a Montecassino (786). Escribiu Historia romana, continuación da de Eutropio, Gesta episcoporum Metensium e De gentis Longobardorum, crónica do seu pobo ata 744.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1978). De nome Albino Luciani, ordenouse sacerdote en 1935. Doutor en Teoloxía pola Università Pontificia Gregoriana de Roma (1947), foi vicerreitor do Seminario Gregoriano de Belluno e provigairo da diocese de Belluno. En 1949 organizou o Congreso Eucarístico de Belluno e publicou Catechetica in briciole. Vigairo xeral da diocese de Belluno (1954), foi bispo da diocese de Vittorio Veneto (1958). Participou no Concilio Vaticano II e en 1969 Paulo VI nomeouno patriarca de Venecia e en 1973 cardeal. En 1976 publicou o libro Illustrissimi. Elixido papa o 26 de agosto de 1978, foi o primeiro en escoller un nome dobre. O seu pontificado durou trinta e tres días e as causas da súa morte suscitaron controversias que non foron aclaradas.

    VER O DETALLE DO TERMO